O Pasatempo organiza un magosto na praza do Concello, en Mondoñedo, o 11 de novembro. Tamén haberá música.

A asociación cultural O Pasatempo de Mondoñedo celebra este sábado, 11 de novembro, un magosto popular na praza do Concello.

Desde as 19:00 horas poderán degustarse castañas asadas con viño, e chocolate para os máis pequenos, de maneira totalmente gratuíta.

A asociación Gaita Escola de Mondoñedo colaborará neste magosto e animará a tardiña acompañando coa súa música tradicional toda a actividade. Ademais haberá carpa para poder disfrutar desta festa.