O SLG organiza unha xornada sobre a nova PAC o 27 de outubro en Lourenzá

O Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada formativa sobre “A nova PAC: distintas ferramentas para a súa xestión”. Será no Multiusos Ponte de Cuñas, que está no recinto feiral de Lourenzá, o venres 27 de outubro de 11 a 14 horas e de 16h a 18 horas. A data límite de inscrición é o 25 de outubro.
 
Os interesados en obter máis información e para apuntarse poden facelo a través do correo electrónico lourenza@sindicatolabrego.gal ou dos teléfonos 982.130.615 e 982.121.376.