O XVII Mercado de Primavera do Valadouro celébrase os días 24 e 25 de marzo e será pregoado por Susana López Montes.

A XVII edición do Mercado de Primavera do Valadouro celebrarase este venres 24 e sábado 25 de marzo.

O venres 24 a partir das 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar o pregón inaugural a cargo da xornalista Susana López Montes e deseguido haberá unha demostración de música e baile en zocas coa Asociación Cultural Amado Lar, do Valadouro, e concerto de Caamaño&Ameixeiras .

O sábado 25 de marzo desde as 10:00 horas ata as 19:00 horas estarán abertos ao público os postos de venda do mercado situados na rúa Andrés López Palmeiro. Desde as 11:00horas os artesáns situados na praza de Santa María ensinarán os seus oficios enxebres: barro, cestos, zocas, fiadeira, ferro... E a esa mesma hora a batukada da Comparsa Os Fandangueiros realizará un pasacalles polas rúas de Ferreira. A partir das 12:00 horas será a Asociación Cultural Amado Lar a encargada de realizar o pasacalles polas rúas do mercado ata a praza. Unha vez rematada a demostración de canto e baile tradicional será o intre nos que grandes e pequenos irán á pasarela da praza para participar no concurso de zocas decoradas e de indumentaria tradicional.

Chegado o ecuador da xornada, o grupo encargado da sesión vermú será Os Parentes, de Sober, para despois poder ir xantar nos distintos locais hostaleiros do Valadouro. A partir das 16:00 horas no aparcadoiro municipal (á carón da piscina) habilitarase a zona infantil, onde os nenos poderán dar paseos en cabalo e coñecer e ver os xogos tradicionais con Xotramu. E desde as 16:30 horas na Praza de Santa María Os Xogos do Paporrubio recibirá a todos os nenos e nenas que se acheguen e que poderán participar nos distintos xogos. Ás 17:00 horas haberá teatro de monicreques no aparcadoiro municipal, con Mircromina. E ás 18:00horas estrearase a obra de teatro para todos os públicos “As palabras perdidas”, con Inventi Teatro.
Ás 18:00 horas haberá concurso de habilidades de condución de tractor no aparcadoiro á carón da piscina municipal. Contarase con animación de rúa a cargo de Festicultores Troupe e Mekanika Rolling Band.

Coa chegada do serán, ás 21:30horas e na Praza de Santa María do Valadouro actuará o grupo de folk tradicional Treixadura. A partir das 23:30horas será a quenda de Anxo Lorenzo e a súa banda. Ás 01:15 horas actuará Mileth e rematará a XVII edición do Mercado de Primavera a partir das 03:45 horas co concerto de Orgasmatrón.