Os Concellos de Riotorto e Meira convocan o IV Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz. O prazo remata o 22 de maio.

Convocado polos Concellos de Meira e Riotorto coa colaboración da Asociación Cultural “Avelino Díaz".

O Certame foi adiado sucesivamente á espera de que a situación sanitaria se normalizase, establecéndose o remate do prazo definitivo de presentación de orixinais para o 22 de maio de 2021.

Establécense 4 categorías: de 3 a 8 anos; de 9 a 12 anos; de 13 a 17 anos; e de 18 en diante. Os premios serán figuras conmemorativas, diplomas e material escolar para as tres primeiras categorías e no caso da de adultos haberá tamén premios en metálico. 
O fallo do xurado darase a coñecer a primeira semana de xuño 

Máis información en www.poetaavelinodiaz.gal