Os museos da provincia de Lugo lanzan a programación de verán. No do Mar, en San Cibrao, haberá 10 actividades.

A Rede Museística Provincial presentou este mércores no Museo de Lugo as actividades de verán, con distintos obradoiros e propostas didácticas arredor dos recursos e coleccións dos museos pensadas para nenas e nenos de distintas idades.
 
As actividades desenvolveranse nos meses de xullo e agosto, cunha axenda propia en cada un dos centros da rede -o Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, San Paio de Narla e o Pazo de Tor-. Desde sesións para coñecer o traballo en escavacións arqueolóxica, dirixidas polo arqueólogo Enrique Alcorta, ata obradoiros de distintas disciplinas artísticas coa implicación de artistas locais, convivencias interxeneracionais a redor da tradición oral e viaxes aos distintos museos provincias.
 
Entre as actividades lúdico culturais da axenda de verán, destacan os obradoiros “Onde nacen as historias”, que procuran potenciar a creatividade e a  visibilización de todo tipo de artes, e que se desenvolverán en distintas datas nos catro museos, coa participación de profesionais e artistas como Naira Ferreiros, creadora do proxecto activista de artesanía Hesaxeradas, a artesá de xoias Antonella Rodríguez, a actriz Ana Ribet e a ilustradora Cris Alborja.
 
As persoas participantes aprenderán a facer xoias con arcilla polimérica, crear unha historia a través da fotografía conceptual, utilizar a impresión textil vexetal, ilustrar lendas galegas, crear e representar obras de teatro ou compoñer cadros utilizando diferentes técnicas pictóricas.
 
A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou que “estas actividades reforzan o coñecemento e a vinculación da cidadanía cos museos, desde as primeiras idades, espertando  o interese polo patrimonio e pola creación artística”.  Tamén sinalou que “contribúen a ampliar a oferta cultural, especialmente para as primeiras idades nos concellos nos que se ubican os distintos museos,  Lugo, Monforte, Cervo e Friol, durante os meses de verán
 
Inscricións 
A axenda de actividades pode consultarse na plataforma multicanle da Rede Museística Provincial, comunidadermpl.com, onde tamén se accede á solicitude de preinscrición en cada unha das actividades.
 
PROGRAMA DE VERÁN 2022 REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
Museo Provincial do Mar
No Museo do Mar imos largar a nosa Rede para recollela chea de tradicións e cultura mariñeira, de sostibilidade e coidado do medio mariño, de coñecementos da diversidade que os nosos océanos agochan, de vivencias e experiencias xuntxs, e de moita diversión. Anímate e déixate atrapar pola rede do Mar.
 
• ANOAR
Para amarrar o barco, para unir dous cabos, para levantar
cargas ou izar a unha persoa que caeu á auga precisamos
saber facer nós, así que mansa os cabos e a anoar.
Datas: 13 e 14 de xullo.
Horario: de 11:30 a 13:30 h.
Idades: 4 a 14 anos.
Prazas: 10.
 
• XORNADA DE PESCA SOSTIBLE
A pesca é dende fai séculos unha das máis
importantes actividades económicas da humanidade.
Pero os recursos do mar non son infinitos é a
nosa obriga salvagardalos, promovendo unha
pesca sostible, utilizando as artes de pesca menos
agresivas co medio mariño e respectando as vedas.
Datas: 20 e 21 de xullo.
Horario: de 11:30 a 13:30 h.
Idades: 4 a 14 anos.
Prazas: 10.
 
• DIVERSIDADE MARIÑA
As augas dos nosos océanos poden ser
tropicais, temperás, xeadas, ... e nelas viven
cetáceos, crustáceos, peixes, moluscos,
equinodermos, esponxas, algas, corais, …
Sodes quen de imaxinar maior diversidade? Imos
indagar onde e con quen convive cada quen.
Datas: 27 e 28 de xullo.
Horario: de 11:30 a 13:30 h.
Idades: 4 a 14 anos.
Prazas: 10.
 
• AMADRIÑANDO Á REDE: o compromiso
de nacer cun museo baixo o brazo
Datas: A partir do 1 de agosto
 
• FACEDORXS DE BARCOS
Que madeiras se usaban na construción dos
barcos?. Cales son as partes máis importantes
dun barco?. Todos os paus teñen o mesmo
nome?. Son todas as velas iguais?
Por un anaco converterémonos en carpinteirxs
de ribeira para que esa fonda tradición mariñeira
e mariñá non caia no esquecemento.
Datas: 3 e 4 de agosto.
Horario: de 11:30 a 13:30 h.
Idades: 4 a 14 anos.
Prazas: 10.
 
• A LENDA DE MARUXAINA
Sabedes quen é Maruxaina? Sabedes onde
vive e a que se adica? A ver si somos quen
de quitarvos de todas esas dúbidas.
Datas: 10 e 11 de agosto.
Horario: de 11:30 a 13:30 h.
Idades: 4 a 14 anos.
Prazas: 10.
 
• ARTE CON LIXO MARIÑO
Logo de adicarnos a recoller os restos que o
mar deposita nas praias e tamén o lixo que alí
deixamos abandonado, recoverterémolo en arte
que nos servirá para concienciar da importancia de
conservar o mar e de reciclar o lixo que nel tiramos.
Datas: 17 e 18 de agosto.
Horario: de 11:30 a 13:30 h.
Idades: 4 a 14 anos.
Prazas: 10.
 
• ATA O ANO VERÁN
No último obradoiro deste verán 2022, faremos unha
especial cápsula do tempo na que recolleremos
algunhas das nosas lembranzas destas datas
e que gardaremos para que as nosas vivencias
e experiencias non caian no esquecemento.
Datan: 24 e 25 de agosto.
Horario: de 11:30 a 13:30 h.
Idades: 4 a 14 anos.
Prazas: 10.
 
• PROGRAMA ONDE NACEN ÁS HISTORIAS.
Trátase dunha programación multiartística para a
infancia e a adolescencia, composta por 5 xornadas
con múltiples obradoiros de diferentes disciplinas
artísticas e artistas locais, integrando todas as
artes dun xeito transversal cunha perspectiva
feminista, multicultural, LGTB+ e inclusiva.
Historia en imaxes; Imaxinación á mesa; O legado das
palabra; Redes de escritura; A maxia das raíces; Teatro
para todes; Un fogar para todes; Lendas da Terra
Datas: do 26 ao 30 de xullo.
Horario: De 11:00 a 14:00 h.
Prazas: 20.
 
• (RE) CONEXIÓN
Deixando de lado os obradoiros máis técnicos
e usando así as xornadas para levar a cabo
a gravación audiovisual, sendo esta a escusa
para a reconexión interxeracional, que é
o propósito esencial deste proxecto.
Co material gravado, 6-8 historias de bibliotecas
vivas ao longo da provincia, montaríase unha
peza final de 12-15 minutos que sería a que se
proxectaría nalgunha estancia da Rede Museística.
Datas: 28 e 29 de agosto
Idades: Interxeracional.
Prazas: 6
• Parladoiros cos e coas benfeitoras
dos Museos: Jose de Cora Paradela