Portocelo, en Xove, celebrará do 9 ao 11 de setembro as Festas na honra da Nosa Señora.

Portocelo, en Xove, celebrará o 9, 10 e 11 de setembro as súas festas patronais na honra da Nosa Señora.

Comezarán o  9 de setembro ás 21:00 horas cunha gran churrascada, seguida da festa rachada amenizada por Dúo Chic e o grupo Tania Veiras. Xa o 10 de setembro ás 10:00 da mañá tiraranse as bombas de palenque e as 13:30 horas será a misa solemne, seguida da sesión vermú coa actuación de Nueva Fuerza. As 18:00 horas farase un campionato de bolos e ás 23:00 horas comezará a verbena, con Nueva Fuerza e a orquestra Gran Parada.

O domingo, 11 de agosto, farase tamén as 10:00 horas a tirada das bombas de palenque e a misa solemne as 13:30 horas. A festa remata coa sesión vermú amenizada polo Dúo Zafiro.