San Martiño, en Foz, celebra as súas festas patronais do 10 ao 12 de novembro

A parroquia focega de San Martiño celebra as súas festas patronais desde este venres 10 ata o domingo 12 de novembro.

As actividades empezarán o venres cunha verbena amenizada polo D´Vicio e Conxuro Discomóbil. O sábado a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne e a continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Mar d’Arousa, que tamén actuará na verbena con Conxuro Discomóbil. E o domingo a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. E despois terá lugar a sesión vermú amenizada polo grupo Toxo Guayaba.
No campo da festa haberá carpa con calefacción.