A VI Ruta das Tapas da Pontenova celebrarase os días 25 e 26 de novembro en seis establecementos.

A sexta edición da Ruta das Tapas na Pontenova, organizada polo Concello, celébrase os día 25 e 26 de novembro, venres e sábado, de oito da tarde a once da noite.

Participan Bar Puente, Casa de Cultura, O Lar de Balbina, Lennon, Rony Bar e San Briz.

Entre as tarxetas que estean seladas completamente sortearanse de premios de 150, 100 e 50 euros.

O prezo de cada tapa é de 2 euros.