Xolda de Outono en Xove o vindeiro 9 de outubro. Organiza o Concello en colaboración coa Aciam.

O Concello de Xove, en colaboración coa ACIAM, organiza a Xolda de Outono o vindeiro sábado, 9 de outubro, na praza do Concello dende as 11:00 horas.

O programa comezará coa exposición/mercado do comercio local de Xove. Ás 13:00 horas, haberá sesión vermú coa asociación cultural de baile Saiñas de Xove. Ás 20:00 horas, actuará o grupo Vivarium. Ademais haberá inchables para nenos/as e obradoiro premium de tatoos, entre 12:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00 horas, no pavillón municipal de deportes do Concello de Xove. 

Tamén haberá comida e cea con pulpería Mario de Viveiro na carpa na praza do Concello de Xove.