O Concello de Lourenzá instalou un belén no antigo quiosco da música, na praza do Conde Santo, que se converte nun atractivo turístico destas datas.

O Concello de Lourenzá instalou un belén no antigo quiosco da música, na praza do Conde Santo, que se converte nun atractivo turístico destas datas.
 
O Concello de Lourenzá instalou un belén no antigo quiosco da música, situado na Praza do Conde Santo.
 
A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o Concello de Lourenzá preparou para estas datas de Nadal un belén de figuriñas, que está instalado no antigo quiosco da música, sito na Praza do Conde Santo. Está composto por pezas de madeira que representan as escenas do nacemento de Xesús e que se iluminan de noite xunto co alumeado de Nadal que loce nas rúas da localidade”. 
 
A rexedora móstrase “contenta desta iniciativa, xa que son moitas as persoas que ó longo desta semana se acercaron a visitar o Belén e a facerse fotos a carón das figuras. Non deixa de ser un atractivo turístico máis para o noso concello que sen dúbida contribuirá a que moita xente da Mariña e das comarcas limítrofes inclúa na súa axenda de Nadal unha parada no noso concello. Para o ano que vén esperamos ir aumentando pouco a pouco este nacemento e incluso recrear algunha escena máis noutras prazas do concello”.
 
Rocío López rematou comentando que “dende o Concello agradecemos a Viveiros Cabaleiros e a toda a xente que voluntariamente nos axudou nos traballos e nos preparativos deste belén”.