O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá este sábado, 28 de novembro, a representación de "Cyrano", a cargo de Teatro Galileo.

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá este sábado, 28 de novembro, a representación de "Cyrano", a cargo de Teatro Galileo.
 
Teatro Galileo representará en Viveiro un clásico do teatro francés: Cyrano. Será este sábado, 28 de novembro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz.
Cyrano! É a gran obra do Teatro Clásico francés.
Cyrano! Unha incrible historia de amor
Cyrano! A encarnación do triunfo da beleza moral e da intelixencia fronte a fermosura física e o mundo material.
Cyrano! Un soño por cumprir, unha aventura por vivir.
Baixo a dirección de Pedro Rubín, os intérpretes César Cambeiro (Cyrano), Manuela Varela (Roxana), Ana Santos (Ama), e Xosé María López Baño "Tanas" (Cristian), a versión de Julio Salvatierra, a tradución de Francisco Pillado Mayor, a escenografía de Rodrigo Roel e a iluminación de Eduardo Alonso daremos vida a esta obra do mellor teatro clásico francés que colme o interese do espectador convertido no patio de butacas nun privilexiado observador desta caixa de ilusións que sempre é a vida dentro.