Ollomao representará en Viveiro o sábado, 14 de novembro, "Oé, oé, oé!!". Será no Teatro Pastor Díaz.

Ollomao representará en Viveiro o sábado, 14 de novembro, "Oé, oé, oé!!". Será no Teatro Pastor Díaz.
 
O colectivo Ollomao, de Barreiros, representará en Viveiro o sábado, 14 de novembro, “Oé, oé, oé!!”. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. A actuación enmárcase dentro do programa Buxiganga da Deputación Provincial de Lugo. 
 
Veranio, Toñito e Amancio son personaxes familiares, grotescos e tenros, que irremediablemente sempre acaban chegando ao fondo das cousas. Os tres queren escapar dunha realidade frustrante e enterran a súa amargura no fútbol, posiblemente porque xa non cren en nada, nin se senten representados por ninguén. 
 
O fútbol que é un bo pretexto para escaparlle ao serio, convértese así en algo esencial para aqueles que empezan perdendo a esperanza e terminan perdendo o rumbo. Dentro desa lóxica perversa, a televisión, responsable dun triste proceso de idiotización, acaba sendo o único deus que lle dá sentido ás súas vidas. 
 
O autor saca o teatro á rúa para reflexionar sobre o que nos está pasando. Se elixe o fútbol como escusa é porque sabe que a paixón ispe ao home, confésao, e se as súas Conclusións son demoledoras é porque a actualidade non dá para máis.