Saudable
O Centro de Saúde de Burela acollerá este venres, día 27 de marzo, unha actividade centrada na alimentación saudable, que terá lugar despois do paseo saudable organizado conxuntamente pola Estratexia Nacional de Saúde do Concello e o Centro de Saúde. A sesión desenvolverase na Biblioteca do Centro de Saúde de Burela e estará dirixida polo equipo de REGAPS da Dirección Xeral de Saúde Pública no marco do Programa de Promoción da Saúde. A actividade require inscrición previa no Concello de Burela ou a través do teléfono 982.586.000. Anunciouno o Concello de Burela, que engade: “durante a xornada abordaranse contidos teóricos e dinámicas prácticas relacionadas coa alimentación equilibrada, empregando ferramentas como o prato de Harvard, a preparación de alimentos de forma saudable e a planificación de comidas. O obxectivo da sesión é facilitar que a cidadanía poida...
leer másO martes 4 de febreiro é o Día Mundial Contra o Cancro e o Concello de Cervo, en colaboración coa asociación de Xubilados Terramar, convida a toda a veciñanza a participar ese día nunha charla sobre vida saudable e alimentación baixo o título A alimentación como factor protector fronte ao cancro, que impartirá a nutricionista Cristina Rodil.
Será ás 16:30 horas no local social de Terramar, na Casa do Mar, en San Ciprián. A continuación as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación saudable.
Esta actividade foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; a concelleira, Mali Méndez; e o presidente de Terramar, José Luis Sariego, no local da asociación.
O Concello de Ourol organiza o ciclo Ourol Saudable que se celebrará durante os meses de maio e xuño.
O programa está destinado a mellorar as condicións de vida e promocionar a actividade física e unha dieta saudable. Abordará temas como a nutrición e exercicios cardiovasculares con claves para coidar a dieta e previr enfermidades como a diabetes, hipertensión, colesterol, obesidade, osteoporose e artrose. Tamén se tratará a hixiene postural con recomendacións para o coidado da espalda, posturas correctas, mobilizacións de cargas e aprender a camiñar. Ademais se falará de biblioterapia, como axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como mellorar o seu benestar a través da lectura.
As actividades terán lugar no Centro de Fisioterapia, sito no Paseo da Rega, no parque...
leer más





