Galdo

07/05/2025

A parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebrará a tradicional Feira das Maulas, con máis de tres séculos de historia, este domingo, día 11 de maio

As actividades comezarán ás 10:00 horas coa apertura do mercado popular e feira de gando. Ás 11:00 horas empezarán as probas de andadura federada. Desde ás 14:00 horas haberá sesión vermú co grupo Dorados, que tamén amenizará o baile de tarde.

Haberá premios, de 80 euros cada un, para o maior número de cabezas de vacún e de equino.

A organización anuncia que está “permitido gando vacún, ovino e caprino con guía de ida e volta”.

04/05/2025

O colectivo Pensamento e Sementeira organiza unha foliada para o día 10 de maio, sábado, na Escola Vella de Galdo (Viveiro). O programa de actividades, que empezarán ás 18:00 horas, inclúe un obradoiro de baile tradicional, concertos e foliada aberta.

Pensamento e Sementeira explica que “o obradoiro de baile tradicional será impartido por Miguel Abad, o noso profe de baile tradicional durante este curso. Sabemos que sodes moitxs xs que levades preguntando se había prazas nas aulas para este ano e é por iso que vos ofreceremos a oportunidade de achegarvos á experiencia Sementando Puntos a partir das 18:00 horas do vindeiro 10 de maio. Logo, ás 19:30 horas comezarán os concertos de Pandereteiras María Soliña, Abril e Axeigo. E para o peche da II Foliada do Maio, a partir das 23:00 horas, teredes a oportunidade de tocar na foliada...

leer más
10/04/2025

A parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebra a Festa da Empanada e dos Bolos Preñados este sábado, día 12 de abril. Será no local social (escola vella).

Este evento está organizado pola comisión organizadora das festas de San Pantaleón e Santa María de Galdo, que anuncia que “as empanadas son de bonito, bacalao e cecina con queixo. As racións serviranse entre as 14:00 e as 20:00 horas. Contaremos con actuacións musicais durante todo o día: sesión vermú ás 14:00 horas amenizada por Verónica Cambón; sesión de tarde coas actuacións de Amigos do Folk, Grupo Zerna e Grupo Alovai; e remataremos coa sesión de noite, con DJ Juanjo”.

07/03/2025

A parroquia de Galdo, en Viveiro, celebrará unha festa de Entroido, este sábado, día 8 de marzo.

O festexo do Sábado de Piñata organizado pola Asociación de Veciños Camiño de Galdo empezará ás 22:30 horas coa actuación do dúo Son dos, con entrada libre.

Entregaranse premios e agasallos para os mellores disfraces nas categorías de individuais, parellas e grupos, que terán polo menos 5 compoñentes. E haberá lambetadas propias do Entroido.

Etiquetas:
08/11/2024

A asociación de veciños Camiño de Galdo organiza un magosto nesta parroquia de Viveiro. Será este sábado, día 9 de novembro, dende as 21:30 horas.

Haberá degustación de castañas, arenques, xamón e chourizos. E actuación musical a cargo de Verónica Cambón.

Para os socios do colectivo organizador a participación é gratuíta e as persoas que non forman parte da asociación Camiño de Galdo deberán pagar 10 euros.

Etiquetas:
26/09/2024

A parroquia de Galdo, no concello de Viveiro, celebrará as súas festas na honra a San Miguel esta fin de semana, do venres 27 ao domingo 29 de setembro.

As actividades comezarán o venres ás 21:30 horas con degustación gratuíta de carne de porco á brasa. Despois haberá verbena co grupo Zona zero e Juanjo DJ.

O sábado ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Costa Dorada, que tamén actuará na verbena xunto á Disco Móbil Conxuro.

E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne e despois procesión. De seguido haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena e xantar popular no Campo da Festa, con aforo limitado. Os festexos rematarán cun baile de tarde amenizado pola orquestra Salsarena e Jorge Menéndez.

Etiquetas:
09/09/2024

A parroquia viveirense de Galdo estará de festa dos días 27 ao 29 de setembro.

Do venres 27 ao domingo 29 deste mes amenizarán os festexos, no apartado musical, o grupo Zona Zero, Juanjo DJ, as orquestras Costa Dorada e Salsarena, Disco Móbil Conxuro e Jorge Menéndez.

Etiquetas:
22/04/2024

A parroquia de Galdo, no municipio de Viveiro, celebrará o 12 de maio, domingo, a súa tradicional Feira das Maulas, que ten máis de tres séculos de historia.

As actividades comezarán ás 10:00 horas coa apertura do mercado popular e a feira de gando. Ás 11:00 horas comezarán as probas de andadura federada e ás 14:00 horas haberá sesión vermú amenizada polo trío La Noche, que tamén actuará no baile de tarde. Tamén haberá partido de fútbol, ás 17:00 horas, entre o Celeiro Club de Mar e Novas Raíces de Galdo.

 

Etiquetas:
28/01/2024

A parroquia viveirense de Galdo celebrará o seu Entroido o 17 de febreiro, Sábado de Piñata. A festa, que empezará ás 22:30 horas, estará amenizada polo trío Karma.

A entrada será libre e haberá premios e agasallos para os mellores disfraces e lambetadas propias do Entroido.

Está organizado pola asociación de veciños Camiño de Galdo e colaboran Espectáculos Seiramar e o Concello de Viveiro

“Ven a troulear con nós! Temos comida, bebida e premios para os mellores disfraces!”, anuncia a organización.

Etiquetas:
23/10/2023

A asociación de veciños Camiño de Galdo, no municipio de Viveiro, organiza un magosto para o 4 de novembro, sábado, a partir das 21:30 horas. Será no local social do colectivo.
Haberá castañas, chourizos e xamón. E festa amenizada polo dúo Estrellas.

Para os socios da colectivo veciñal da parroquia viveirense de Galdo a participación no magosto é gratuíta e os que non pertencen á asociación organizadora terán que pagar 10 euros.