Alfoz do Castrodouro

03/08/2026

A presentación  do caderno número 18 do Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA), dedicado a seis pintores, terá lugar este sábado, día 8 de agosto, ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.

Seis pintores do Valadouro é o título da nova publicación do SEVA, un caderno no que se trata a obra de seis artistas plásticos: Carmen Ossorio, Xosé Blanco, Arturo Mogo, Hipólito Xeada, Alaxe e Mar Vicente. O prólogo correu a cargo da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con fondas raíces no Alfoz do Castrodouro que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo.

O SEVA anuncia tamén que cinco dos pintores protagonistas do caderno (Alaxe faleceu hai tres anos) estarán presentes no acto.

A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco.

28/07/2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou na presentación da Festa dos Chóferes de Alfoz do Castrodouro, que este ano cumpre o seu 60 aniversario. Celebrarase desde este xoves, 30 de xullo, ata o domingo, 2 de agosto, está organizada pola asociación cultural xuvenil O Castelo e conta co apoio do goberno galego.

Villares destacou “a traxectoria e a proxección” da cita e felicitou “á veciñanza, que a mantivo viva xeración tras xeración ata convertela en parte da súa identidade e nun recurso que promove o turismo no municipio”.

A Xunta de Galicia destaca que “o acto principal desenvólvese na mañá do domingo, 2 de agosto -a partir das 12:00 horas-, coa procesión de vehículos polas parroquias, misa e bendición dos coches, e a entrega de premios aos mellores de cada categoría. A organización...

leer más
20/04/2026

A iniciativa turística Guido Guía anuncia a reanudación dos seus paseos guiados pola provincia de Lugo cunha nova proposta, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril de 11 a 13 horas baixo o título Descubrindo Alfoz do Castrodouro.

Guido Guía explica que “a actividade supón o regreso a unha zona cunha gran historia e que recentemente estreou o topónimo Alfoz do Castrodouro, reforzando así a súa identidade territorial e cultural. A resposta do público foi moi positiva desde o primeiro momento, con arredor de 20 persoas xa inscritas a través da comunidade de WhatsApp de Guido Guía. Este paseo guiado ofrece unha oportunidade única para coñecer o patrimonio, a historia e a paisaxe deste enclave lucense da man dun proxecto que aposta pola divulgación cultural e o turismo de proximidade”.

O prezo da...

leer más
16/04/2026

Este domingo, día 19 de abril, ás 12 do mediodía veciñanza de Alfoz do Castrodouro lanzará tres foguetes, un por cada palabra do topónimo restaurado, desde o alto da histórica vila do Castrodouro, ao pé do castelo.

Os promotores desta iniciativa explican que se trata de “mostrar a ledicia pola recuperación dun nome que sufriu unha inexplicábel mutilación durante catro décadas, e que desde o pasado 30 de marzo (día en que o Consello da Xunta aprobou os topónimos revisados pola RAG) volve gozar de plena vixencia. Así, alfoceses e alfocesas desexan celebrar a restauración, mostrar o seu orgullo de pertenza a un territorio fortemente vinculado á historia medieval galega e entoar ao unísono as tres palabras do nome da súa localidade. Deste xeito nas nove parroquias alfocesas resoará simbolicamente o topónimo restaurado en forma de tres estalos...

leer más