Fazouro
O Concello de Foz organiza o II Camp Night os días 29, 30 e 31 de xullo en Fazouro, na área recreativa da Obra Pía.
O concelleiro de Xuventude, Ángel Fernández, explica que “o campamento abre a súa inscrición dende hoxe e ata o día 27 de xullo ás 13 horas, para as nenas e nenos nados entre os anos 2008 a 2014, ata finalización de prazas. As bases poden consultarse na web do concello e nas redes sociais. A inscrición poderá facerse no mail xuventude@concellodefoz.es ou presencialmente na Casa da Xuventude”.
E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca que “a área recreativa da Obra Pía é o lugar ideal para facer actividades ao aire libre, coma paddle surf, kaiak, festa da escuma, deslizador de auga e outras moitas para que a rapazada poida desfrutar da natureza”.
... leer másA parroquia de Fazouro, no municipio de Foz, celebrará as festas patronais de Santiado desde o venres 14 ata o domingo 26 de xullo.
As actividades comezarán o venres ás 20:00 horas coa Festa da Troita. Por 20 euros persoa servirán un menú con empanada, troitas, torreznos, cachelos, pan, postre, bebida e café. E desde as 22:30 horas haberá verbena con dúo Epo-K e o grupo Fussión.
O sábado, día 25 de xullo, ás 13:00 horas celebrarase misa e procesión. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú a cargo da dianteira da orquestra Principal. E desde as 22:30 horas haberá verbena co dúo Rumbo Norte e o grupo Arizona.
E o domingo celebrarse misa ás 13:00 horas e ás 14:00 horas comezará a sesión vermú co grupo Show-m3.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta circular pola parroquia focega de Fazouro para o día 23 de agosto, sábado. A saída será ás 09:00 horas desde a área recreativa Ponte de Ferro.
“Nos desplazaremos hasta Fazouro y haremos una ruta circular muy bonita, disfrutaremos del río Ouro, pasaremos por donde la casa del conde, crestearemos y saldremos en Lousada, disfrutando de las magnificas vistas desde allí”, explican os organizadores.
O prazo para anotarse remata o 22 de agosto e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará este sábado, día 19 de xullo, a ruta Fazouro-Trasmonte. A saída desde a área recreativa Ponte de Ferro ás 09:00 horas.
O prazo para anotarse remata o venres 18 e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, con dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
O grupo teatral A Adala, de Fazouro (Foz), representará a obra titulada Unha morta moi viva este sábado, día 5 de abril, as 21:00 horas na Casa da Cultura de Trabada. A entrada é de balde.
O Concello de Trabada anuncia que é “unha comedia chea de sorpresas que non podes perder. Vén gozar do mellor teatro afeccionado!”.
A Asociación de Veciños Xunta Parroquial de Fazouro, en colaboración co Concello de Foz, anuncian as Festas Patronais Santiago de Fazouro 2024, que terán lugar os días 25 e 26 de xullo, ofrecendo unha ampla variedade de actividades para todos os públicos.
As festas comezarán o día 25 ás 13:00 horas con misa na igrexa parroquial e coa procesión a cargo do Grupo de Gaitas A Subela. A continuación, sesión vermú co trío Nostalgias. Ás 23:00 horas terá lugar a gran verbena co trío Nostalgias e o dúo Ángel América. O día rematará cun espectáculo de fogos artificiais.
O venres, 26 de xullo, haberá misa na capela de San Salvador ás 13:00 horas, procesión a cargo do Grupo de Gaitas A Subela e sesión vermú co dúo EPO-K. A partir das 20:00 horas serviranse racións de troita, patacas, torreznos e pan cun prezo de 8 euros a...
leer másOs Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao castro de Fazouro. Será o 28 de agosto. Hai que anotarse.
A Asociación Os Sendeiros de Foz organiza o último andareiro do verán deste ano, que terá lugar o 28 de agosto polo Castro de Fazouro.
A saída será ás 9:00 horas da Casa do Concello.
As persoas interesadas poden anotarse, ata o venres 27, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta, dunha lonxitude de 15 quilómetros, ten un nivel de dificultade baixo. Ademais cumpriranse os protocolos anticovid con compartindo material e levando mascarilla sempre que non se teña o 1´5 metros de distancia de seguridade.
... leer másO Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo cal se declara Ben de Interese Cultural o Castro de Fazouro (no Concello lugués de Foz), coa categoría de xacemento arqueolóxico.
Este castro, situado no lugar de Punta do Castro, en Foz, posúe un indubidable valor histórico e arqueolóxico de carácter sobranceiro que se sustenta en que é o único poboado costeiro escavado e musealizado na costa cantábrica galega e, neste senso, é un referente para o coñecemento e a difusión dos valores culturais da época castrexa. Aínda que nas súas proximidades existen outros castros similares, ben é certo que non co seu grao de coñecemento e posta en valor.
Por tanto, as escavacións que se realizaron permitiron obter moita información sobre os modos de vida dos seus habitantes nesa época. Cómpre salientar o seu forte grao de...
leer más











