Agosto
As Concellerías de Turismo e Deportes organizan unha serie de actividades para nenos e nenas que se desenvolverán nesta segunda quincena de agosto. Mañá, sábado, na praza da Mariña terá lugar o Wipe Out, os días 20 e 21 haberá fútbol 3x3, o venres 23 a Festa da Auga e o día 31 Láser Combat. As inscricións poderán facerse na Casa da Xuventude ou ata unha hora antes do inicio da actividade.
O edil Ramiro Fernández Rey, anunciou que “desde a Delegación de Turismo e Deportes do Concello de Burela imos apostar nesta segunda quincena de agosto por unha serie de actividades para os nenos que van empezar no día de mañá. Este sábado imos ter uns xogos de inchables na praza da Mariña, a partir das cinco e media para nenos e nenas maiores de 8 anos. É unha actividade totalmente gratuíta e van poder participar facendo equipos de tres a seis persoas...
leer másA Deputada da Área de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo, Cheché Real, presentaron este mércores nos xardíns do Pazo de San Marcos as xornadas Exaltacións Gastronómicas...E Para Comer Lugo do mes de agosto. As degustacións gastronómicas terán lugar,dende este venres, día 16, ao 25 deste mes en 50 establecementosde hostalería de 23 concellos da provincia. Estes restaurantes introducirán nos seus menús o bonito de Burela, os pementos de Mougán e a castaña de Galicia, cociñados baixo diferentes estilos.
García Porto destacou que “desde o mes de abril e ata o vindeiro mes de novembro impulsamos, desde a Deputación de Lugo e da man de APEHL, este proxecto co fin de continuar fomentando o turismo gastronómico na provincia.Nesta liña, a través...
leer másNeste mes de agosto a Área de Desenvolvemento Local, Economía e Turismo do Concello de Ribadeo organizará percorridos guiados (Xeorutas) a través dos que se poderá descubrir o seu importante patrimonio natural.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explicou que “estes roteiros comezarán ás 11.00 horas e terán unha duración aproximada de 3 horas. Serán de balde e as prazas estarán limitadas. Para formalizar a reservas poderán facelo na Oficina de Turismo de Ribadeo ou chamando ao 982 128 689”.
O edil nacionalista contou que “se trata dunha serie de Xeorutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos coma o importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral, que vai dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ata a maior estrutura xeolóxica da mariña lucense”. ...
leer másNeste mes de agosto a Área de Desenvolvemento Local, Economía e Turismo do Concello de Ribadeo organizará percorridos guiados (Xeorutas) a través dos que se poderá descubrir o seu importante patrimonio natural.
Estes roteiros comezarán ás 11.00 horas e terán unha duración aproximada de 3 horas. Serán de balde e as prazas estarán limitadas. Para formalizar a reservas poderán facelo na Oficina de Turismo de Ribadeo ou chamando ao 982 128 689.
Desde a Concellaría de Turismo explican que “se trata dunha serie de Xeorutas, para todos os públicos, nas que se mostrarán aspectos coma o importante patrimonio xeolóxico presente ao longo de todo o litoral, que vai dende o conxunto de arcos rochosos máis importantes da península ata a maior estrutura xeolóxica da mariña lucense”.
Haberá dúas...
leer másA explanada portuaria acollerá unha nova edición de Foz Market do 15 ao 19 de agosto. Nesta cita haberá festival de food trucks, salón do automóbil, actividades infantís e concertos musicais. A feira está organizada por EsMarket coa colaboración de ACIA/CCA Foz e do Concello de Foz.
Ángel Rojo, representante de EsMarket, anunciou que “este año contaremos con 12 o 14 food trucks con gran diversidad gastronómica. Habrá comida mejicana, peruana, asturiana, gallega, japo, propuestas gourmet, etc… con preparaciones que solo puedes degustar en las food trucks, de ahí el éxito cosechado en las ediciones anteriores”.
En Foz Market haberá tamén salón do automóvil con diferentes marcas de vehículos, “que trae a Foz un ano máis o Grupo Breogán, que virá con coches eléctricos, híbridos e tamén vehículos quilómetro cero, que...
leer más