Agosto
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres na presentación da décima edición do Festival Bal y Gay. A cita, que un ano máis conta cunha achega da Deputación de Lugo por importe de 12.000€, se celebrará do 10 ao 24 de agosto en lugares emblemáticos da Mariña lucense. Así, serán escenarios da mellor música clásica o Teatro Pastor Díaz de Viveiro, o Castelo de Castrodouro de Alfoz, o auditorio Hernán Naval de Ribadeo, o Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, a Basílica de San Martiño de Foz, ou a Catedral de Mondoñedo.
Francisco Cajoto puxo en valor “a formación e a difusión musical deste evento único que ofrece concertos e experiencias artísticas nas que a música convive coa paisaxe e o patrimonio arquitectónico da provincia”, destacando que a cita enriquece a oferta cultural e dinamiza a economía da...
leer másO próximo luns,1 de agosto, serán inauguradas as exposicións “A Memoria do Son. Réplica dos instrumentos do Pórtico da Gloria a Catedral de Santiago de Compostela”.
Os sons poderanse escoitar a través de códigos QR. E tamén a exposición "O Camiño de Santiago en Burgos". Ao mesmo tempo farase a presentación das Carpetas de Indumentaria Tradicional, unha actividade adicional nesta XLII Mostra Folklórica Internacional.
As exposicións estarán abertas ao publico dende o 1 ó 8 de agosto na sala de exposicións do Concello de Viveiro / Biblioteca Municipal.
O Concello de Viveiro organiza o próximo 9 de agosto, dentro da programación das festas patronais, un concerto da Banda de Música Municipal O Landro con Serafín Zubiri.
O concello continúa adiantando a programación das festas con este concerto tan especial, que servirá para rendir un tributo a Nino Bravo, con versións das súas mellores cancións.
O evento será ademais un concerto inclusivo, coa posibilidade de que as persoas xordas empreguen mochilas vibratorias para gozar da cita musical.
“Será unha cita moi especial, na que unha vez máis buscamos que a cultura tamén sexa accesible para as persoas con diversidade funcional”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
O grupo musical galego A Banda da Loba actuará na Pontenova este sábado, día 21 de agosto. O concerto será na Praza dos Fornos ás 21:30 horas.
A Banda da Loba é unha formación galega integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este proxecto. Destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk... e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical. En decembro de 2017 saíu á rúa o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, no que contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras. Tras o gran éxito...
leer másO Concello de Cervo programa un curso de primeiros auxilios que se celebrará o 17 de agosto de 16 a 21 horas na Casa da Cultura en San Ciprián. E un curso de manipulador de alimentos que terá lugar o 18 de agosto de 17 a 21 horas tamén na Casa da Cultura de San Ciprián.
Ambos son de balde. Prazas limitadas. Os dous cursos poden facerse de xeito independiente.
As persoas interesadas poden anotarse vía whatsapp no 691 656 600 ou enviando un correo electrónico a dinamizacion@concellodecervo.com
O Concello de Foz segue apostando pola cultura segura, amenizando os días dos focegos e os visitantes con actividades durante todo o mes de agosto.
A concelleira Inés López Couto explica que “a cultura é segura e debemos seguir apoiando a un sector que o pasou mal e que nos proporciona saber, lecer e vida. Uns profesionais dos que desfrutamos grazas á lectura, ás obras teatrais, aos filmes ou á música. A cultura dun país coma o noso, que é moi ampla e que nos trae beneficios mentais nun momento no que a saúde mental é fundamental despois do enorme sufrimento que levamos pasado pola pandemia mundial, debe seguir sendo bandeira dun concello coma Foz. Por iso na delegación municipal de Cultura continuamos traballando con autores e músicos locais e de toda Galicia, dando cabida na programación a músic@s, actrices e actores, escultores, mag@s e...
leer másO Concello de Viveiro acollerá durante o mes de agosto o programa ‘Veran(e)arte’, con espectáculos culturais pensados para un público familiar, con aforos limitados e un cumprimento estrito de todos os protocolos Covid-19.
“Apostamos pola cultura segura, como xa fixemos en meses anteriores, cun programa que inclúe actividades por todo o concello para todas as idades e tendo sempre moi en conta a necesidade de extremar as precaucións”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández Noriega, explica pola súa parte que “terán cabida no programa todo tipo de expresións artísticas, desde circo, maxia, contacontos ou grupos musicias, cunha aposta moi clara pola cultura galega e local”.
O programa ten dúas modalidades, unha de espectáculos ao...
leer másEl Festival Bal y Gay ha puesto a la venta los abonos para los conciertos ‘Música á beira do mar’ que ofrecerá del 18 al 26 de agosto en A Mariña lucense. Los abonos, que oscilan entre los 50 y los 80 euros, permitirán asistir a diez actuaciones: Cuarteto Seikilos (18, Pazo del Conde de Fontao de Foz), Cantoría (19, Iglesia de Santiago de Foz), Javier Perianes (20, Auditorio Hernán Naval de Ribadeo), la Orquesta de Cámara del Festival Bal y Gay con María Toledo y Jaume Santonja (21, Auditorio de Burela), Sheila Blanco con Federico Lechner y Chema Sáiz (22, Finca Goleta de Foz), Hercules Brass (22 y 23, Barreiros y Vilanova de Lourenzá), Pablo Sáinz-Villegas (24, Fábrica de Sargadelos de Cervo), Cuarteto Casals (25, Basílica de San Martiño de Foz) y la Orquesta Sinfónica de Galicia con Dima Slobodeniouk (26, Catedral de Mondoñedo).
Los...
leer másO luns, día 24, terá lugar un roteiro pola Fraga da Vilapena, en Trabada, que será guiado por Óscar Chao. Trátase dunha ruta de interpretación dun bosque húmido cantábrico. Será unha iniciación á busca e interpretación de indicios de presenza de fauna silvestre (pegadas, excrementos, depredación, etc). Durante a ruta os asistentes poderán observar a flora atlántica característica dun bosque húmido, así como comprobar a presenza de diferentes especies animais, normalmente esquivas e de hábitos nocturnos, a través de cámaras de foto-trampeo.
Municipio: Trabada.
Data: 24 de agosto do 2020.
Hora de inicio: 10:00 horas.
Duración: 2 horas e media.
Lugar de inicio: Vilapena (Trabada). Coordenadas: 43.408785, -7.219400
Dificultade: Media.
Observacións: A organización recomenda levar auga, crema solar e repelente...
Este verano está siendo diferente a lo habitual para todo el mundo, pero pese a todo la música y la cultura seguirán estando en nuestras vidas. Del 21 al 30 de agosto, Viveiro volverá a ser la cita ineludible para los amantes del rock y del metal. El Resurrection Fest Estrella Galicia XS se erige como un ciclo de conciertos de aforo reducido, con conciertos de pago y gratuitos, y con todas las medidas de seguridad actuales para eventos musicales, adaptados a la nueva normalidad, con actuaciones más personales e íntimas, aforos reducidos, distancia de seguridad y uso obligatorio de máscaras para el público y trabajadores.
Estos conciertos tendrán lugar en el mítico recinto del Resurrection Fest, en un recinto creado especialmente para ello, que estará limitado y controlado en todo momento. Habrá un solo escenario y tendrán aforo de máximo...
leer más