Barreiros
O colectivo Cabaleiros de Penabor, de Barreiros, organiza a oitava edición da súa ruta ecuestre para o día 2 de xuño, sábado.
A saída está prevista para as 10 e media da mañá desde o restaurante La Yenka, de Reinante. A comida, que é de asistencia libre, será ás 15:00 horas e despois haberá baile amenizado polo dúo Merengue.
O prazo para inscribirse remata o día 30 deste mes e os interesados poden facelo chamando aos teléfonos 616.439.022 (Miguel) ou 650.521.321 (Mari).
Para a organización deste evento Cabaleiros de Penabor conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da Deputación de Lugo.
A recén creada asociación "Hostelería de Barreiros" ven de lanzar o concurso #MarcaBarreiros nas súas redes sociais. Mediante este, o colectivo busca un lema co cal promocionar as opcións de ocio, recursos e oferta turística que ofrece o concello barreirense. O nome do concurso, #MarcaBarreiros é un xogo de palabras mediante o cal transmitir esa idea dunha "marca" de promoción, ao tempo que sirva para sinalizar Barreiros e referencialo, e tamén nun sentido máis emocional, da pegada que deixa a experiencia de vivir Barreiros.
As persoas en representación dos establecementos que integran este novo colectivo coinciden en que son moitas as opcións que ofrece o concello barreirense para as persoas que o visiten, máis alá dos xa tan coñecidos areais, pero que falta visibilizalas. Consideran que a imaxe e promoción do municipio debe pasar por...
leer másA nova asociación Hostalería de Barreiros bota a andar con 25 establecementos xa asociados.
Unha comisión xestora, integrada por seis persoas, será a encargada dos trámites de constitución coa idea de convocar máis adiante eleccións á xunta directiva.
Entre os temas tratados na xuntanza celebrada na tarde deste luns, abordáronse a necesidade de mellorar a promoción turística do concello mediante medidas como a sinalización tanto do municipio como dos servizos hostaleiros existentes, mellorar ademais a promoción e divulgación de rutas naturais, e procurar a atracción de visitantes/turistas interesados en outro tipo de oferta como a deportiva, a de natureza ou a de eventos. Neste senso, un dos obxectivos a desenvolver a realización de accións puntuais que favorezan a chegada doutros lugares.
... leer másA Delegación de Cultura organiza varias actividades con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O día 13 de maio terá lugar unha representación do grupo de teatro O Bordelo, e o día 20 actuarán o Dúo Rosas e a Coral Polifónica de Barreiros.
O grupo de teatro O Bordelo poñerá en escena Depende, unha obra cómico-costumbrista. A representación terá lugar este domingo, día 13, ás 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.
As actividades da Concellería de Cultura de Barreiros con motivo do Día das Letras Galegas continuarán o 20 de maio con dúas actuacións musicais ás 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O Dúo Rosas ofrecerá un concerto de bandurria e guitarra. Esta formación está integrada por Julia María Dopico,...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Barreiros organiza durante o mes de maio novos cursos sobre a utilización de dispositivos móbiles.
Aprende a usar a tablet e Aprende a usar o Smartphone comezarán o vindeiro mércores, día 2 de maio, e prolongaranse ata o 23 deste mes. Terán lugar na Aula CeMIT de Barreiros, no Teleclub de San Cosme. O horario será das 16:30 ás 18:00 horas.
Estes cursos son gratuítos e o número de prazas é limitado. As persoas interesadas en participar poden inscribirse na propia Aula CeMIT ou no correo cemit.barreiros@xunta.es.
Colabora a Fundación Vodafone España que pon a disposición dos asistentes tablets e móbiles de última xeración para que, os que non dispoñen destes dispositivos, poidan practicar durante as clases.
As Concellerías de Turismo e Medio Ambiente organizan unha nova peregrinación que este ano será entre Compostela e Fisterra-Muxía. Dividirase en cinco etapas de 18 quilómetros cada unha delas, e a primeira será o 5 de maio. As persoas interesadas poden anotarse nas dependencias do Concello ou chamando ao teléfono 618 75 25 60.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anunciou que “nesta ocasión imos facer o camiño de Fisterra a Muxía, empezamos en Santiago e acabaremos en Fisterra, e despois iremos a Muxía, pero iso será máis adiante en setembro”.
Gómez Puente sinala que “as persoas interesadas en participar nesta nova peregrinación poden chamar ao 618 75 25 60, que é o meu teléfono, ou achegarse persoalmente ao Concello de Barreiros”.
O edil barreirense explica que “...
leer másA Concellería de Cultura programa para este domingo, 22 de abril, o espectáculo titulado "Achégate ao sexto sentido" co mago Manuel Lamas.
Esta actuación, incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros ás 18:00 horas.
Trátase dunha montaxe novidosa onde as novas tecnoloxías se mesturan con fermosas historias contadas con dobre sentido para que o público disfrute con emoción e ilusión.
A Concellería de Cultura, a través da Oficina de Información Xuvenil, organiza unha representación teatral para o vindeiro domingo, 25 de marzo.
Con motivo da celebración do Día Mundial del Teatro, o grupo A Adala porá en escena a obra Elixir de Xuventude. Trátase dunha comedia costumbrista.
A representación terá lugar o 25 de marzo, ás 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.
O grupo de teatro O Centiño, de San Martiño, representará a obra Zume de amorodios en San Cosme de Barreiros. Trátase dunha comedia centrada no amor, nas súas diversas idades e manifestacións.
Será este domingo, 11 de marzo, ás 18:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O Concello organiza, a través do seu departamento de Servizos Sociais, unha serie de actos con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, que se celebra o 8 de marzo.
Así convoca o I Concurso de Fotografía A Muller Traballadora coa finalidade de expresar por medio da fotografía a loita da muller polos deus dereitos, pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no desenvolvemento íntegro como persoa. As bases recollen que a temática será a expresión por medio da fotografía desa loita da muller polos seus dereitos. Todo material inapropiado ou non vinculado co tema será descartado.
Establécense tres categorías: categoría A dende 8 ata 12 anos, categoría B entre 13 e 17 anos, e categoría C desde 18 anos. As fotografías que se presenten ao concurso deberán ser entregadas nas...
leer más