Burela

Etiquetas:
03/04/2017

A Concellería de Deportes organiza a segunda Semana do Deporte, que se celebrará do 5 ao 9 de abril. O edil Ramiro Fernández Rey presentou esta tarde o programa de actividades xunto ao alcalde, Alfredo Llano, e o técnico municipal de Deportes, Iván Cao “Lucas”. 

O responsable de Deportes relatou que “o programa dará comezo este mércores, día 5, cunha charla sobre A influencia dos país na actividade deportiva, que correrá a cargo de Plácido Sánchez, psicólogo do CD Lugo. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas”. Fernández Rey indicou que “ás veces a actitude dos pais nos campos de fútbol non son as máis axeitadas, tal e como vemos case a diario nos medios de comunicación. Queremos facer fincapé en cómo se debe afrontar esa actividade deportiva entre os nenos, que debería ser máis como divertimento e para facer compañeirismo, en lugar de...

leer más
Etiquetas:
02/04/2017

Este luns, 3 de abril, ábrese o prazo de inscrición presencial para participar na actividade de Bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais.

Patricia Otero explica que “todas aquelas persoas interesadas poden achegarse ata a Casa do Concello para inscribirse, dado que deberán facelo de xeito presencial”.

Os Bailes de salón darán comezo o 18 de abril e rematarán o 4 de xullo. A data elixida para impartir esta actividade na Casa da Cultura é os martes. E establécense tres quendas: unha de 18:45 a 20:00 horas; unha de 20:00 a 21:15 horas e outra de 21:15 a 22:30 horas. 

A concelleira de Servizos Sociais subliña que “as prazas son limitadas e que se concederán por orde de inscrición”.

Para calquera información e/ou aclaración, as/os interesadas/os...

leer más
Etiquetas:
31/03/2017

Por Burela pasarán Sergio Pazos, Touriñán e “El Brujo” en abril. Haberá tamén cine infantil os días 9, 16 e 30 e unha nova edición do rastro de segunda man o día 9. A programación cultural foi presentada hoxe polo concelleiro de Cultura, José Díaz. 
O edil socialista explicou que “la programación sigue los patrones que solemos utilizar siempre en la programación cultural hasta ahora, que son tratar de tener eventos de calidad combinados con otros que están siempre ahí como es el caso del Burela de Cine. Durante el mes de abril tendremos tres domingos con película infantil, los días 9, 16 y el último domingo del mes, el día 30, a las seis y media en el auditorio. Es cine para los más pequeños y para el público familiar”.

José Díaz contou que “seguimos tratando de consolidar el rastro solidario del segundo domingo del mes, este...

leer más
Etiquetas:
27/03/2017

As festas patronais de Burela volverán contar este ano cunha gran atracción na praza do Concello. Esta vez será o Ratón Vacilón, enfocado a un público máis familiar e infantil. A comisión organizadora das festas patronais comezará en abril a recadar fondos polo comercio e polas empresas de Burela, segundo deu a coñecer o concelleiro de Cultura, José Díaz, que tamén é membro desta comisión de festexos.  

Díaz subliñou que “en las fiestas también habrá de nuevo atracción en la plaza del Concello. La noria fue un éxito indudable el año pasado, queremos repetir y acercar las fiestas al pueblo teniendo una atracción en ese lugar. En este caso la atracción es un formato parecido a la montaña rusa, enfocado a un público más familiar e infantil, pero también muy espectacular y que estoy seguro de que va a llamar muchísimo la atención, y que nos...

leer más
Etiquetas:
24/03/2017

Os grupos Café Quijano e La Década Prodigiosa actuarán en Burela o 2 de xuño. O concerto, que será gratuíto, enmárcase no amplo programa de actividades das festas patronais deste ano.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, que tamén é membro da comisión organizadora,  explicou que “decidimos que íbamos a recuperar la actuación estelar los viernes de las fiestas, que hace ya bastantes años que no se hace, sobre todo por el tema de la crisis es más complicado recaudar el dinero necesario para esto. Es difícil traer a un grupo o a cantantes importantes porque los cachés son bastante altos y al no cobrar entrada no se recupera nada de la inversión. Pero es algo que era muy tradicional en Burela y pensamos que se puede recuperar con el esfuerzo de la comisión de fiestas, que hace un trabajo impagable recaudando fondos por todo el comercio de...

leer más
Etiquetas:
21/03/2017

A xoven escritora Antía Yáñez Rodríguez presentará a súa primeira novela titulada "O misterio de Portomarín", este venres, 24 de marzo, en Burela.

A presentación terá lugar na Librería Nobel, sita na rúa Castelao 2, ás 19:30 horas.
Antía Yáñez Rodríguez estará acompañada nese acto polo concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz, e por Arturo Ponte da Editorial Galaxia, que publica esta obra.

"O misterio de Portomarín" é unha novela de intriga que ven recomendada para maiores de 12 anos. Narra a historia de catro irmáns que van veranear a Portomarín e comezan a investigar un misterio que todos consideraban esquecido, como a vila que descansa debaixo das augas do encoro.

 

Etiquetas:
20/03/2017

Este mediodía foi presentado no salón de plenos do Concello o X Encontro de Palilleiras que terá lugar o día 13 de maio, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeiras. Estiveron presentes nesta presentación xunto ao alcalde, Alfredo Llano, os concelleiros de Mar e Cultura, Patricia Otero e José Díaz, respectivamente, así como representantes de Absa, da Confraría de Pescadores e da Fundación Expomar.

Este encontro de palilleiras desenvolverase no porto de Burela onde se inaugurará  ás 11:30 horas. Posteriormente procederase a unha degustación de empanada de pescada, que dará comezo ás 12:00 horas, así como unha viaxe ao Monte Castelo e á igrexa de Vila do Medio. Tamén haberá unha actuación de baile e canto tradicional a cargo de Arume.

O horario do X Encontro de Palilleiras será de 10:00 a 13:30 horas, e pola tarde de 16:00 a 19:...

leer más
Etiquetas:
17/03/2017

Este mediodía foi presentado no salón de plenos do Concello o I Certame de Pintura Mural Amarte, que terá lugar coincidindo coa Feira do Bonito o vindeiro mes de agosto. Os artistas, que realizarán os seus traballos no muro de contención do porto, dispoñen ata o 1 de xullo para presentar as súas propostas. 

O presidente do xurado, Alfonso Otero Regal, explicou que “é un certame para poñer bonita a Burela. Creo que foi en tempos de Maragall en Barcelona, cando sacaron un slogan que dicía Barcelona ponte guapa, pois Burela ponte guapa neste caso”.

O artista mariñán relatou que “Burela é un pobo novo. Cando eu tiña dez anos, xa fai uns cincuenta anos, Burela era soamente un barrio que se chamaba Vila do Medio, onde estaba a igrexa, a rúa do Can, que está na estrada que vai cara Rúa, e o porto. Foi unha poboación que...

leer más
Etiquetas:
16/03/2017

A Concellería de Xuventude organiza unha viaxe á estación de esquí Fuentes de Invierno en San Isidro (Asturias), para os días 1 e 2 de abril. Xa está aberto o prazo para anotarse, que rematará o día 28 de marzo.

O concelleiro, José Díaz, anunciou que “desde la Delegación de Xuventude organizamos un viaje a la nieve los días 1 y 2 de abril, a la estación de esquí Fuentes de Invierno en San Isidro, en Asturias”.

O edil socialista dixo que “nos parece que va a resultar muy atractivo para los jóvenes. En la Delegación de Xuventude tendrán prioridad aquellos que sean menores de 35 años, pero en caso de que no se rellene la inscripción, empezaría a entrar gente por encima de esa edad”.

O responsable de Xuventude detallou que “la salida sería el sábado 1 de abril por la mañana temprano en...

leer más
Etiquetas:
15/03/2017

O Centro Comercial Aberto de Burela leva a cabo a campaña de San Xosé e Día do Pai coa actividade Márcate un gol papá.

Aqueles que fagan as súas compras no CCA Burela ata o 19 de marzo, entrarán no sorteo de 200 euros en metálico. O sorteo non presencial terá lugar o 22 de marzo.

Ademais haberá un lanzamento de penalties no descanso do partido entre Pescados Rubén Burela FS e Gran Canaria FS, o venres, 24 de marzo. Lanzaranse dez penaltis e cada gol marcado terá un premio de 30 euros.