Burela
15/07/2015
A praza da Mariña será escenario da segunda proxección de cine ao aire libre, que organiza a Concellería de Cultura. A cita terá lugar este sábado, 18 de xullo, ás dez da noite. A película da que poderá gozar o público familiar é Piratas, un filme de animación co producido por Reino Unido e Estados Unidos, segundo deu a coñecer esta mañá José Díaz, o edil de Cultura.
Díaz indicou que “esta nova sesión é para darlle continuidade á primeira que fixemos hai uns días, esa foi coma unha proba para ver como respondían os veciños e as veciñas de Burela diante desta iniciativa. O pasado sábado proxectouse na praza da Mariña en pantalla xigante Maléfica de Disney e a resposta foi moi boa. Calculamos que asistiron entre 450 e 500 persoas e a conclusión é tivo éxito e ademais a...
leer más 14/07/2015
A asociación Pasada das Cabras de Burela fará o sábado, 18 de xullo, a súa ruta nocturna a San Ciprián, unha cita que vén organizando verán tras verán. A saída do percorrido será ás dez da noite da Praza da Mariña de Burela, e a fin do camiño en San Ciprián. Os participantes tomarán unha chocolatada con churros gratuíta no bar O Noso Lar.
Os organizadores recomendan levar chaleco reflectante e lanterna. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982580504 antes do día 17 de xullo ás 20 horas.
06/07/2015
O vindeiro sábado,11 de xullo, a asociación Pasada das Cabras, de Burela, vai facer a ruta dos Acantilados de Loiba13 quilómetros e dificultade baixa. O desprazamento ata Loiba e a volta será en tren. Os prezos serán de 20 € para os socios e de 25 para os que non o son, inclúe billete de tren, comida e seguro.
A saída será ás 7,25 da mañá da Estación de Feve (puntuais, o tren non espera) e o regreso ás 17,05 h., Feve ten as prazas limitadas, asignaranse por orde de inscripción.
Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves día 9 de xullo ás 20,00 h.
01/07/2015
Todo está listo en Burela para a celebración da Festa Castrexa do 3 ao 5 de xullo.
Haberá diversas actividades coma mercados nas prazas do Concello e da Mariña e na rúa Pardo Bazán. Catro grupos animarán eses mercados e preto de 1.000 persoas participarán no desfile co que dará comezo a festa o venres pola noite. Na zona do porto instalarase por primeira vez un poboado castrexo.
A Festa Castrexa reunirá a 27 clans neste 2015. Os mellor caracterizados levarán premios en metálico ao igual que os locais hostaleiros que se engalanen para a festa. Bares, mesóns e restaurantes ofrecerán menús e tapas a prezos especiais.
Os que se acheguen a Burela estes días poderán gozar dun amplo programa de...
leer más 26/06/2015
Imdecum presentou esta mañá a terceira edición do Campus de Fútbol Base ‘Máis que Fútbol’ de Burela. O complexo deportivo da Marosa, escenario do clínic entre o 13 e o 18 de xullo, acolleu o acto; xunto ao presidente da Fundación, Marcelino Luna, e o coordinador do campus, Juanma Marrube, tamén participaron, como colaboradores na organización da cita futbolística, o directivo da AFD Porto de Burela, Alberto Rega Río, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, ademais do edil Ramiro Fernández.
Ao longo de 6 días os rapaces/as de entre 6 e 15 anos (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete) terán a oportunidade de coñecer máis sobre o fútbol sen deixar de divertirse, compatibilizando adestramentos, campionatos de precisión,...
leer más 26/06/2015
Preto de 600 promesas do fútbol sala de base lembrarán a Rodrigo Maseda Lozano na cuarta edición do Memorial que honra o policía nacional burelao falecido na praia coruñesa do Orzán en 2012. Así o deu a coñecer hoxe, no Thalasso Cantábrico Las Sirenas de Viveiro, o presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna, na presentación da programación da cita que reunirá o mellorciño do futsal na Mariña a próxima semana, entre o 2 e o 5 de xullo.
Coas marabillosas vistas da ría de Viveiro ao fondo, o acto tivo o privilexio de contar coa presenza da mai do homenaxeado, Isabel Lozano; tamén participaron os concelleiros de Viveiro, Xove e Cervo, Emilio Villarmea, Cristina Iglesias e José Ramón Soto, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o...
leer más 18/06/2015
Un ano máis o Concello de Burela, a través da Aula Medio Ambiental Gaia, pon en marcha a Ocioteca dentro das actividades denominadas Verán activo.
A Ocioteca está destinada a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2003, é dicir con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades levaranse a cabo do 1 de xullo ao 31 de agosto no CEIP Vista Alegre Nº 2. Dende as 9:00 da mañá ata as 13:30 os rapaces poderán gozar de multitude de actividades: manualidades, xogos ao aire libre, rutas… “É sen dúbida unha maneira de axudar a conciliar a vida laboral e familiar nestes meses nos que os rapaces non teñen cole”, segundo explican as propias monitoras de Gaia.
O prazo de inscrición terá lugar do luns 22 ao xoves 25 de xuño a partir...
leer más 18/06/2015
La Asociación de Comerciantes y Empresarios de Burela ya está ultimando los preparativos de la 4ª Festa Castrexa, que se celebrará el primer fin de semana del mes de julio.
Aunque la Festa Castrexa mantiene sus principales rasgos de identidad que le han dado éxito en los últimos tres años, esta cuarta edición también presenta algunas novedades, como la disposición de un “Poboado Castrexo” en el recinto del puerto de Burela. Esta idea nació en las reuniones que la directiva de Acia Burela mantuvo con representantes de los Clanes en los últimos meses, y su función consistirá en ambientar la zona del puerto y facilitar a cada grupo un lugar donde poder reunirse durante el día y guardar parte de sus enseres castrexos.
Para poder disponer...
leer más 17/06/2015
O Concello de Burela organiza actividades de verán para nenos e nenas nacidos entre o ano 2003 e o 2010 e que estean empadroados no municipio. Vanse desenvolver dende o 1 de xullo ata o 28 de agosto e o prazo para apuntarse remata o día 25 deste mes.
A fichas de inscrición entregaranse na Casa do Concello do luns 22 ao xoves 25 deste mes de xuño a partir das 9 e media da mañá. O luns 29 farase pública a lista de admitidos.
As actividades deportivas levaranse a cabo no CEIP Virxe do Carme e na praia urbana de luns a venres. Os luns e os xoves haberá patinaxe; os martes, xogos multideporte; e os mércores e os venres, xogos na praia.
O grupo de participantes con idades de 5 a 7 anos contará con 15...
leer más 16/06/2015
Este domingo, 21 de xuño, ás 19:30 horas, terá lugar en Burela a proxección da película “Tristeza na herba”. Será na Casa da Cultura. A proxección irá precedida dunha introdución sobre o filme. O acto está organizado polo Concello de Burela.
"Tristeza na herba" está protagonizada por Miriam Vivero, Dimas Fernández, Eva Rubio, Ana Belén Val, Eva Fernández, Sandra López-Leitón, María Quirós, Antonio Jesús Lorenzo "Cachín", etc. Coa participación de Amado Lar, Canere Son... Con música de Jorge Olivera e Tono Alonso. Dirixida por Pepe Peinó e producida pola CAOLIPE.