Cervo
O CD San Ciprián organiza a VI edición do torneo futbolístico Maruxaina, que disputará contra UD Xove Lago dentro da programación das festas.
O enfrontamento deportivo será o 10 de agosto ás 20 horas no Campo de fútbol A Veiga de San Ciprián.
Os organizadores contan coa colaboración do Concello do Cervo.
A partir do 8 de agosto e ata o 8 de setembro poderá visitarse na sala das Antigas Carboeiras no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos a exposición de pintura de Alfredo Erias Martínez “Muller e poder en Roma”.
A mostra conta con 15 cadros do artista nado en Presedo (Abegondo). Erias Martínez é un historiador, pintor, debuxante e gravador galego que foi tamén director do Museo das Mariñas de Betanzos durante case 40 anos.
A exposición enmárcase na programación cultural de verán do Concello de Cervo.
O Concello de Cervo será o próximo sábado o escenario da I Carreira de Andadura que se celebrará na pista ecuestre recentemente construída na zona da Bidueira.
A competición, que arrincará ás 10:30 horas pola mañá, e ás 16:00 horas pola tarde, foi presentada nas novas instalacións polos edís de Zona Rural e Deportes, Adrían Arias e David Rodríguez, respectivamente, e por unha representación da asociación Cabaleiros da Bidueira, que organiza a cita cabalar xunto á administración local.
A competición arrincará ás 10:30 horas, e irán sucedéndose as carreiras nas diferentes categorías (sub 16, serrada +1,50, serrada -1,50, chapeada +1,50, chapeada -1,50, serrada-marcha do país, chapeada-marcha do país); establécense un mínimo de catro partcipantes por categoría e haberá case 2000 euros en premios, ademais de trofeos e medallas....
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por membros da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora
A programación para o sábado, 8 de xullo, será a seguinte:
Misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme ás 13:00 horas, seguida de procesión con Fol do Raxal e Cordenaia de Airiños do Xunco.
A continuación, sesión vermú co Grupo Mar D'AROUSA
Á noite, Gran Verbena amenizada polo Grupo Mar D'AROUSA e a Dismo Móbil Chocolate, a partir das 22:30 horas.
A piscina de Río Cobo abre o 4 de xullo.
A instalación permanecerá operativa de martes a domingo, en horario de 15:00 a 20:00 horas
A parroquia de Santa Isabel de Lieiro, celebrará esta fin de semana, desde o venres 30 de xuño, ata o luns 3 de xullo, as Festas na Honra da Santa Isabel.
A tradicional cita, que abre o calendario festivo de verán en Cervo, foi presentada este mediodía, pola rexedora, Dolores García Caramés, polo concelleiro Alfredo Fernández, e por varios dos membros da organización.
O programa arrincará o venres, 30 de xuño, ás 22.30 horas, coa celebración da Festa da Xuvente con Conxuro discomóvil, Yo Lataba en EGB e os Dj Frisco e Marcos Peón.
O sábado, 1 de xullo, a xornada comezará ás 10.00 horas cunha ruada a cargo do grupo Mistura de Lieiro. Ás 12.30 horas celebrarase a misa solemne cantada pola Coral Terra Mar e ás 13.30 horas dará comezo a sesión vermú a cargo da orquestra La Favorita.
... leer másA sala das Carboeiras, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, “está chea de vida este días, con dúas magníficas mostras que non vos podedes perder”, sinalan desde o Concello de Cervo.
Trátase dunha exposición de escultura, obra de Eduardo Rodríguez Osorio, que se pode visitar ata o 22 de xullo.
E unha mostra de pintura e arte en vivo de Laura Doldán Canedo, que estará aberta ata o 31 de agosto.
Horario de apertura de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, e a fin de semana de 10:00 a 20:00 horas. Pódese solicitar cita previa fóra destes horarios no teléfono 623 41 61 08
A iniciativa enmárcase no programa “Avívate en Cervo VI” e está dirixida á rapazada maior de 18 anos
A inscrición é de balde, o prazo remata o 29 de xuño e as prazas son limitadas
O Concello de Cervo vén de abrir a convocatoria para un curso de monitor de tempo libre que se enmarca no programa Avívate en Cervo VI, dirixido a rapaces e rapazas maiores de 18 anos.
O curso, que é de balde, tivo unha gran acollida en anteriores edicións, tal e como apunta a alcaldesa Dolores García Caramés, polo que apostamos por seguir ofrecéndolle á nosa mocidade esta ferramenta formativa “que contribúe a dotalos da motivación e das habilidades precisas para o seu futuro, co obxectivo de contribuír a mellorar a súa empregabilidade nun mercado laboral cada vez máis competitivo”.
...
leer másO Concello de Cervo vén de convocar o programa “Cervo a carón do voluntariado VI”, dirixido á mocidade de entre 16 e 30 anos.
O obxectivo xeral do proxecto de voluntariado xuvenil é poñer en práctica a implicación solidaria e o compromiso activo da comunidade moza coa sociedade a través do desenvolvemento cultural e social.
Ábrese a convocatoria para todos aqueles mozos e mozas que queiran participar como voluntarios/as nas diferentes actividades previstas durante todo o verán. As persoas interesadas poden recibir máis información no teléfono 691 65 66 00 e deben presentar a súa solicitude ata o 26 de xuño na Casa da Cultura de San Ciprián.
O proxecto de Acción Voluntaria prolongarase durante todo o verán, de xeito que cada voluntario ou voluntaria colaborará nas iniciativas propostas un...
leer másO Concello de Cervo programa unha nova edición de “Cervo Concilia”, unha iniciativa municipal máis que consolidada –que na pasada edición reuniu a máis de 150 crianzas- que pretende ser “esa ferramenta de axuda á conciliación das familias, en épocas nas que pode resultar máis difícil como é o verán”.
O programa está dirixido ás crianzas do municipio de entre 3 e 12 anos e desenvolverase desde o 22 de xuño ata o 8 de setembro “cubrindo á totalidade o período das vacacións escolares, para beneficiar ao máximo ás familias e axudarlles na difícil tarefa de conciliar”, tal e como precisou o rexedor en funcións, Alfonso Villares.
Pola súa banda a edil de Educación en funcións, Dolores García Caramés, que coordina o programa, apuntou que o prazo de inscrición poderase formalizar ata o 19 de xuño na Casa do Concello o una Casa da Cultura....
leer más












