Charla
28/01/2016
Nordés, a asociación polo desenvolvementos das Terras da Faladora sigue incorporando novos contidos ás súas actividades. Nesta ocasión levará adiante unhas xornadas adicadas a un dos productos polos que Galiza ten sona: a pataca, centrándose nun dos meirandes problemas que sofre este tubérculo: a praga da couza, e dende a perspectiva dos labregos do século XXI, aqueles que están comprometidos coa agricultura ecolóxico sin esquecer a tradición.
As xornadas terán dous actos diferenciados, sendo o primeiro o venres, 29 de xaneiro, no salón de actos da Casa do Concello de Mañón, e consistirá nunha charla informativa na que compartirán micrófono os labregos Henrique Puentes e Quique Fojón coa técnica da Oficina Agraria Comarcal de...
leer más 19/01/2016
Desde Librería Bahía sinalan que "todos os interesados e interesadas no antigo arte do tarot ou todas as curiosas e curiosos que vos chame a atención este tema, tedes unha cita este xoves, 21 de xaneiro, ás oito e media da tarde na Librería Bahía con Xabier Grandío que nos dará unha charla didáctica titulada O tarot, historia e natureza".
24/11/2015
A vindeira fin de semana, remata o ciclo de conferencias sobre “A loita anfascista na Galiza”, organizadas pola Concellaría de Cultura que dirixe Eduardo Chao.
Nesta ocasión tócallle o turno a Manuel Monge que pronunciará a conferencia que levará por título “A recuperación da memoria democrática. A historia secuestrada polo franquismo”.
O acto será o vindeiro sábado, 28 de novembro, ás 20:00 horas no salón de actos do centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade Manuel Lourenzo de O Valadouro. A entrada, como de costume, é de balde.
23/11/2015
O vindeiro venres, 27 de novembro, terá lugar no Museo Ortegalia unha conferencia impartida por X. Carlos Breixo que leva por título "Narciso Luaces Pardo, o home e a súa obra". Será a partir das oito da tarde, segundo informa a asociación Nordés Faladora.
A actividade está enmarcada dentro do programa que OLD dedica a Narciso Luaces.
11/11/2015
La galería ribadense Terra Branca acogerá el próximo martes, 17 de noviembre, a las 19 horas una conferencia de la artista Mariangel Leal Segura titulada El color está debajo de mi sombrero. Arte y creatividad.
Mariangel Leal Segura empieza a estudiar dibujo y pintura con el maestro Tárrega en Barcelona a los doce años, para continuar estudios en la Facultad de Bellas Artes de Sant Jordi. Es biznieta del pintor José Segura, nieta del pintor Antonio Segura y sobrina del prestigioso artista especializado en marinas, Jorge Núñez Segura.
La artista, de la que pueden verse varias de sus obras en Terra Branca, ha participado en numerosas exposiciones colectivas e individuales en España, Alemania, Francia o Arizona: Club Náutico de Santa Ponça (Mallorca) 1988; Club Náutico de Santa Ponça (Mallorca) 1989; Real Club...
03/11/2015
A Concellería de Sanidade organiza o vindeiro xoves, 5 de novembro, ás 17 horas, unha charla informativa co xefe de Pediatría do Hospital da Costa, Manuel Silveira. O encontro, que terá lugar no Salón de Conferencias, busca informar e aclarar dúbidas dos pais sobre a vacina da meninxite B, a transmisión de enfermidades entre os nenos que comezan a ir ás garderías e unha aplicación telefónica creada no centro hospitalario burelés para controlar as doses de medicamentos que se administran aos máis pequenos.
O concelleiro de Sanidade, José Díaz, explica que a charla ven motivada pola propia petición dos pais de Burela: “nos lo pidieron en el ANPA de la escuela infantil de Burela. Nos comentaron que había preocupación entre las madres por algunos temas, uno de ellos la...
leer más 09/10/2015
A Concellaría de Cultura do Valadouro, en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura (AGA), organiza para este sábado, 10 de outubro, unha charla sobre a vespa velutina e as medidas de control desta praga invasora. O encontro terá lugar na Casa da Cultura de Ferreira ás 17 horas.
O programa da actividade inclúe nocións sobre o ciclo de vida e o comportamento da velutina, os colectivos afectados pola súa presenza, como comportase ante a presenza de niños, dispositivos de control, colocación de trampas para capturar as raíñas fundadoras na primavera, eliminar niños no verán e outono e os protocolos para facelo. Ademais, haberá unha demostración práctica da elaboración de trampas e atraentes para capturar as raíñas de velutina.
A...
leer más 30/09/2015
A Casa da Xuventude Ribadeo acollerá o día 21 de outubro, entre as 19:30 e as 20:30 horas unha charla sobre Os bos e malos usos das TICs. Está organizada polo Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) e pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) dentro da Xira Rapaciñ@s.
Segundo explican desde a Concellaría da Mocidade “a charla vai dirixida a familias, docentes e nenos entre 8 a 14 anos co obxectivo de sensibilizalos e formalos acerca dos riscos dun mal emprego de internet, das redes sociais e dos dispositivos e tamén expoñer en detalle os moitos beneficios que poden tirar dun uso axeitado destes recursos”.
02/07/2015
Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora organiza unha conferencia con audiovisuais para o sábado 4 de xullo. A devandita conferencia correrá a cargo de David Fernández Abella, arqueólogo de pé e de aleta, fundador da empresa “Argos”, adicada a realizar proxectos e intervencións tanto no ámbito terrestre como subacuático, que ten mergullado unha boa parte do mar costeiro de Galiza na procura de restos arqueolóxicos. Será no salón de actos da Casa do Concello de Mañón, no Barqueiro, e a partir das 8 da tarde baixo o título: "Da Ragazzona ó pecio de Xove: arqueoloxía subacuática do norte de Galiza"
David Fernández Abella é Licenciado en Historia coa especialidade en Arqueoloxía, Historia Antiga e Historia...
leer más 22/06/2015
Dende a Concellería de Servizos Sociais, a través da OMIX de Xove, organizáronse unhas Xornadas sobre Sexting, dirixidas a tódolos xoves do noso Concello. Que é o sexting. A Wikipedia defíne o Sexting (contracción de sex y texting) como “un anglicismo para referirse al envío de contenidos eróticos o pornográficos por medio de teléfonos móviles”.
O Programa destas Xornadas é o seguinte:
-Martes, 23 de xuño, ás 11:00 horas na OMIX de Xove: CHARLA INFORMATIVA SOBRE SEXTING, a cargo do Plan Director da Garda Civil. Nesta conferencia explicarase en qué consiste o sexting, información sobre os seus riscos e pautas a seguir para a súa identificación e prevención e, no seu caso, denuncia ante as autoridades.
-Mércores, día 24 de xuño, ás 12:00 horas na Aula de Informática da OMIX: actividade didáctica...
leer más












