Charla
24/05/2016
El próximo jueves, 26 de mayo, tendrá lugar en el Casino de Mondoñedo a las 20.30 horas la conferencia "Sombras y luces en el obispo Fray Antonio de Guevara", que pronunciará José María Díaz Fernández, deán emérito de la catedral de Santiago.
La charla está organizada por el Círculo de Recreo Casino de Mondoñedo y la Asociación Amigos de Mondoñedo. Es la primera de un cicloorganizado por ambas entidades.
27/04/2016
O Concello e a asociación de Abelleiros de Ribadeo, tras o éxito da primeira xornada participativa para salvar a abella fai un chamamento para a segunda que terá lugar este sábado, 30 de abril, ás catro da tarde na Casa da Ría en Santa Cruz.
Segundo explican desde a Concellería de Desenvolvemento Local “á primeira xornada asistiron unhas 50 persoas, das que 19 apadriñaron unha trampa. Aproveitouse esta forza e interese colectivo para crear un grupo de traballo para loitar contra este insecto e desde o que se comparte coñecemento, experiencias así como un seguimento das avespas velutinas atrapadas. A día de hoxe levan un total de 40 insectos capturados aproximadamente”.
13/04/2016
O Concello continúa co ciclo de charlas médicas que iniciaba o pasado mes de marzo. A vindeira será este venres, 15 de abril, ás 20:00 horas na antiga Biblioteca, e correrá a cargo do doctor Francisco Muñoz que falará sobre Anestesia. Desmitificando Tópicos.
O concelleiro de Sanidade, José Díaz, salientou que “este viernes tenemos esta nueva charla médica en la antigua Biblioteca a las ocho de la tarde. En esta ocasión será el anestesista del Hospital da Costa, el doctor Francisco Muñoz, y el tema creo que muy interesante es Anestesia Desmitificando Tópicos”.
O edil socialista cre que “puede resultar interesante a la gente, así que invitamos desde...
leer más 01/04/2016
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá o vindeiro martes, 5 de abril, unha conferencia sobre o adorno prehistórico e as xoias áureas na antiga Gallaecia a cargo da directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García. Será ás seis da tarde e a continuación da charla inaugurarase unha exposición da colección de ourivería antiga do Museo Provincial, que estará aberta na sala de exposicións municipal ata o 2 de maio e poderá visitarse de luns a venres en horario de cinco a oito da tarde.
A alcaldesa, Rocío López, explicou que esta mostra “está organizada polo Museo Provincial e propón unha visión completa, a través dunha serie de paneis fotográficos e explicativos, da colección de obxectos de ourivería...
leer más 25/02/2016
O Concello, en colaboración coa asociación de nova creación de apicultores Os Abelleiros de Ribadeo organiza unha xornada formativa práctica sobre a avespa velutina, co obxectivo de dar a coñecer as diferenzas deste tipo de insecto, a explicación do ciclo da mesma e os diferentes modos de eliminación dos seus niños.
A charla contará coa participación do experto viveirense José María Vázquez en exterminación de avespas velutinas, que recentemente creou un sistema para protexer as colmeas.
Os organizadores salientan a importancia e a difusión destas xornadas ante a ameaza que supón este tipo especie para a biodiversidade e o medio ambiente en xeral.
A charla, que será gratuíta e aberta a todo o público, terá lugar este venres, 26 de febreiro ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Mar. ...
leer más 22/02/2016
O día 24 de febreiro, con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o Concello de Viveiro, a través da súa Concellaría de Cultura, Muller e Xuventude, organizará un acto para conmemorar esta data.
O acto, que terá lugar no sala multiusos da Casa do Concello, ás 20.30 horas, iniciarase cunha charla a cargo de Sabela Barcón, profesora do IES María Sarmiento, que versará sobre a vida de Rosalía de Castro.
A continuación, terá lugar unha pequena actuación de poesía e música, na que David Bellas, artista, músico e profesor do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, interpretará diversas pezas musicais e na que se lerán poemas da escritora.
... leer más 19/02/2016
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá unha charla sobre o infarto de miocardio a cargo do cardiólogo Ramón Ríos Vázquez, que exerce no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), de Lugo. Será o día 25 deste mes, xoves, ás oito e media da tarde.
A alcaldesa, Rocío López García, anunciou hoxe que este acto “organízao o Concello de Lourenzá en colaboración coa Federación Veciñal Lucus Augusti. A charla terá como tema principal o infarto de miocardio e será impartida polo doutor Ramón Ríos Vázquez, cardiólogo do HULA e membro do equipo do doutor Carlos Juanatey”.
A rexedora municipal engadiu que na charla “abordaranse cuestións moi...
leer más 12/02/2016
A Delegación Municipal de Igualdade e catro asociacións do municipio de Cervo (Mulleres de San Ciprián, Mulleres en Igualdade, Mulleres Rurais As Espalladoras e Alborada) organizan diversos actos para conmemorar o Día Internacional da Muller o vindeiro 5 de marzo, sábado. O programa de actividades foi presentado hoxe pola concelleira de Igualdade, Pilar Armada, e representantes dos catro colectivos.
Os actos empezarán na Casa do Mar, de San Ciprián, ás 17:30 horas cun Café Bombón. Ás seis da tarde haberá unha charla sobre Dinámicas para mellorar a calidade de vida, que será impartida por Reyes Quelle. A continuación, ás 19 horas, terá lugar unha demostración de taichí a cargo da asociación Alborada. Posteriormente as actividades...
leer más 28/01/2016
Nordés, a asociación polo desenvolvementos das Terras da Faladora sigue incorporando novos contidos ás súas actividades. Nesta ocasión levará adiante unhas xornadas adicadas a un dos productos polos que Galiza ten sona: a pataca, centrándose nun dos meirandes problemas que sofre este tubérculo: a praga da couza, e dende a perspectiva dos labregos do século XXI, aqueles que están comprometidos coa agricultura ecolóxico sin esquecer a tradición.
As xornadas terán dous actos diferenciados, sendo o primeiro o venres, 29 de xaneiro, no salón de actos da Casa do Concello de Mañón, e consistirá nunha charla informativa na que compartirán micrófono os labregos Henrique Puentes e Quique Fojón coa técnica da Oficina Agraria Comarcal de...
leer más 19/01/2016
Desde Librería Bahía sinalan que "todos os interesados e interesadas no antigo arte do tarot ou todas as curiosas e curiosos que vos chame a atención este tema, tedes unha cita este xoves, 21 de xaneiro, ás oito e media da tarde na Librería Bahía con Xabier Grandío que nos dará unha charla didáctica titulada O tarot, historia e natureza".