Charla
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo comezará o 14 de febreiro en Xove, a rolda de charlas informativas sobre a praga da couza da pataca abertas a todos os veciños e veciñas que estean interesados.
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, explicou que xa se pecharon datas en once concellos da provincia para que os técnicos da Consellería do Medio Rural ofrezan as explicacións oportunas aos afectados.
As datas e horarios confirmados ata o de agora son os seguintes:
- Martes día 14, ás 20 horas, en Xove, no salón de actos do Centro Cívico
- Mércores día 15, ás 12 horas, en Abadín, no salón de actos do Concello
- Mércores día 15, ás 20 horas, en Mondoñedo, no Centro Comarcal
- Xoves día 16, ás 20,30 horas, en Ribadeo, no salón de actos da Casa do Mar
-...
O Concello ribadense organiza unha xornada para redescubrir a Ría de Ribadeo con motivo da celebración do Día Internacional dos Humidais. Será o vindeiro 18 de febreiro.
“Este ano co gallo do Día Internacional do Humidais o Concello de Ribadeo en colaboración con Enrique Sampedro, administrador do blog Ría de Ribadeo, e Óscar Chao, administrador da páxina de facebook Aves e Natureza de Ribadeo, celebra de novo esta efeméride. Así o vindeiro sábado, 18 de febreiro, invitámoste a redescubrir a Ría de Ribadeo, incluída na Rede Natura 2000 e no convenio Ramsar, declarada Zona Húmida de Importancia Internacional e polos seus valores en diversidade biolóxica declarada Reserva da Biosfera. É na actualidade un dos humidais máis importantes de Galicia polos seus valores ecolóxicos e diversidade”, explican desde o Concello.
... leer másA campaña informativa posta en marcha pola Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para informar aos consumidores sobre a última sentenza relativa ás cláusulas chan e o procedemento extraxudicial activado polo Goberno central volverá de novo este xoves, 9 de febreiro, neste caso á localidade de Foz.
A casa da Cultura acollerá este encontro, que contará coa participación do delegado territorial, José Manuel Balseiro, e técnicos do Servizo de Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, que explicarán os pasos que deben seguir os afectados para facer efectiva a súa reclamación ante as entidades financeiras. A xuntanza comezará ás 20 horas.
O obxectivo desta iniciativa é prestar información e asesoramento gratuíto ás persoas que se viron afectadas por estas cláusulas. José Manuel...
leer más
Este jueves, 29 de diciembre, tendrá lugar en el Casino de Mondoñedo una charla sobre el pintor Rafael de Urbino. Será pronunciada por Pedro Díaz, presidente del cabildo de la Catedral de Mondoñedo. La conferencia será a las 20:30 horas.
De esta forma se completa así el ciclo en el que en este año se han estudiado las obras de grandes figuras del Renacimiento italiano, como Leonardo da Vinci y Miguel Ángel.