Charla

Etiquetas:
22/02/2018

A asociación Nordés Faladora organiza este sábado, 24 de febreiro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo, unha charla sobre a orixe da toponimia e a microtoponimia neste concello.

A conferencia correrá a cargo de Xosé Luís González quen, para loitar contra a perda da microtoponimia a causa da despoboación do rural e do éxodo á cidade, creou unha serie de bitácoras on line que buscan conservar e explicar a orixe dos nomes de camiños, partes dunha aldea, montes, parroquias e regos dos concellos da Mariña e do Ortegal.

 

Etiquetas:
20/02/2018

A Aula CEMIT do Concello de O Vicedo acolle o 5 de marzo, unha charla sobre os dereitos das persoas usuarias dos talleres de reparación de vehículos. Terá lugar na Casa da Cultura entre as 11:00 e as 12:00 horas.

Esta charla, impartida pola Escola Galega de Consumo, exporá os dereitos e deberes d@s usuari@s dos talleres de reparación de vehículos, así coma unha serie de recomendacións a ter en conta.

As persoas interesadas en obter máis información ou inscribirse deben dirixirse á Aula CEMIT de O Vicedo, sita na Casa da Cultura, en horario de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres. O número de teléfono é o 982 590 195 e a dirección de correo electrónico cemit.ovicedo@xunta.es

 

Etiquetas:
17/02/2018

A Concellería de Mar organiza unha conferencia sobre a vixilancia na franxa litoral durante o século XVIII, que terá lugar o vindeiro día 23 deste mes.

Esta charla, titulada Os postos de vixilancia na Galicia Cantábrica, Século XVIII, será ofrecida por José María Leal Bóveda e celebrarase no Salón de Conferencias (antiga Biblioteca) ás 18:00 horas.

José María Leal é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Oviedo, doutor en Xeografía pola USC, máster en Xestión do Patrimonio Cultural e membro de numerosos colectivos. Entre as moitas publicacións das que é autor figuran: Hórreos, molinos y fuentes de la tierra de Viveiro, As construcións do ciclo do pan na Mariña de Lugo e O hórreo na Mariña de Lugo. Proposta para a súa catalogación, restauración e posta en valor. O caso de Foz.

 

Etiquetas:
27/01/2018

A Xunta e a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo (APEHL) organizan para os vindeiros días charlas informativas en Viveiro, Lugo e Monforte de Lemos, co fin de achegar ao axentes do sector turístico detalles das distintas liñas de axudas ás que poden optar.

A primeira destas charlas terá lugar o luns, día 29, na Delegación da Xunta en Celeiro (Viveiro). O mércores 31 celebrarase o acto na Delegación Territorial da Xunta en Lugo, e para rematar o martes 6 de febreiro convócase ás persoas interesadas á xuntanza no Centro do Viño, en Monforte de Lemos.

Todas elas comezarán a partir das 18.00 horas, e contarán coa participación do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o presidente da APEHL, Cheché Real. Técnicos da área de turismo encargaranse de desgranar os diferentes...

leer más
Etiquetas:
26/01/2018

O Concello de Ribadeo, como cada ano, únese á celebración do Día Mundial dos Humidais. Así, neste 2018, o 3 de febreiro levaranse a cabo dúas actividades encamiñadas a aumentar a sensibilización e o coñecemento da Ría de Ribadeo como berce de diversidade biolóxica. 

Desde a Concellaría de Turismo subliñan que “como xa é coñecido, esta ría constitúe un dos principais humidais do litoral norte de Galicia, motivo polo cal está declarada como Humidal de Importancia Internacional, así como Zona de Especial Protección para as Aves ou Reserva da Biosfera, entre outras figuras de protección”.

E engaden que “desta vez, as protagonistas serán as aves, para isto contaremos coa colaboración de Carlos Sanjurjo, Gilberto Sánchez Jardón e Óscar Chao, todos eles afeccionados á ornitoloxía e grandes coñecedores do humidal situado...

leer más
Etiquetas:
17/01/2018

Acisa organiza unha xornada técnica sobre xestión do estrés. Terá lugar o 25 de xaneiro ás 20:30 horas no salón de actos da antiga Casa Sindical. É aberta a todo o público que desexe asistir. 

Na charla, que impartirá Mª del Mar Arias Matilla, psicóloga e técnica de Prevención de Riscos Laborais da Mutua Universal, abordaranse aspectos como as consecuencias do estrés, as diferenzas individuais na resistencia diante desta patoloxía, así como estratexias para afrontar a autoxestión do estrés, habilidades mentais e de comportamento, pautas de autocoidado, etc…

Desde Acisa sinalan que “nos pareceu un tema interesante a abordar despois dun mes, o de decembro, de moita actividade, de moitas compras, viaxes, xuntanzas familiares, de traballo e cos amigos. Un mes no que planificar todo isto nos pode xerar situacións de...

leer más
Etiquetas:
11/01/2018

O 22 de xaneiro en horario de 11:00 A 12:30 horas terá lugar na Aula CeMIT de Ribadeo unha charla informativa a través de vídeo conferencia sobre Telefonía móbil: Facturación e reclamacións. Está organizada polo Instituto Galego de Consumo, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Ribadeo e máis a Aula CeMIT.

Segundo explica Jorge Pereira, axente TIC do Concello de Ribadeo, “nesta charla falaremos dos principais conceptos que debemos manexar e ter en conta na contratación e relación coas compañías de telefonía móbil: tipos de tarifas, permanencia, roaming, portabilidade, etc. E tamén  analizaremos as principais reclamacións en materia de telefonía móbil e cómo realizar un uso responsable desde o punto de vista do consumo”.

E engade que “unha vez rematada a exposición dos contidos abrirase unha...

leer más
Etiquetas:
04/12/2017

A concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán Vizoso, e o Programa de Prevención de Drogodependencias e outros trastornos aditivos, están a organizar unha táboa redonda sobre o acoso escolar, na que participarán relatores e relatoras expertos no tema. 

Segundo explica a responsable do programa Mónica Fernández Lamparte “esta actividade celebrarase o mércores, 13 de decembro, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa do Mar e vai dirixido especialmente a familias (todo o alumnado ribadense recibirá unha carta para entregar na casa) e tamén a calquera persoa interesada. A entrada é de balde”.

Nesa carta enviada ao alumnado ribadense sublíñase que “o acoso escolar ou bullying é un problema global que afecta a todos os países, e que se  da principalmente entre os 12 e os 16 anos. Esta situación  estase...

leer más
Etiquetas:
08/11/2017

O Concello de Ourol organiza unha serie de actividades contra a violencia de xénero durante este mes de novembro.

O programa dará comezo o xoves, día 16, cunha charla titulada Consecuencias da violencia de xénero nas mulleres e nos nenos e nenas. Terá lugar a partires das 11:00 horas no edificio multiusos do Concello de Ourol.

O 21 de novembro haberá un obradoiro que leva por título Sacando as redes da pantalla. Perigos de compartir información. Dará comezo ás 17:00 horas e desenvolverase no edificio multiusos do Concello.

O xoves 23 celebrarase outro obradoiro titulado Redes familiares: métodos de seguridade no uso das redes sociais dos menores. Comezará ás 17:00 horas e terá lugar no edificio multiusos do Concello.

O venres 24 ás 12:00 horas diante da Casa...

leer más
Etiquetas:
31/10/2017

A Concellería de Igualdade organiza diversas actividades nos centros de ensino ribadenses. Violencia de xénero e o novo contexto dixital é o título dos obradoiros educativos para nenos, nenas e adolescentes, centrados no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión…  

O vindeiro luns, 6 de novembro, ao longo de  todo o día, a entidade Pantallas Amigas impartirá uns obradoiros ao alumnado de 2º da ESO do IES de Ribadeo, no que participarán 69 alumnas/os e pola tarde o obradoiro terá lugar no Colexio Sagrado Corazón de Xesús para o  alumnado de 3 da ESO. 

Ese mesmo día, ás 19.30 horas desenvolverase unha charla dirixida a nais, pais, educadorxs, profesorado e calquera persoa interesada en xeral que xirará arredor da Educación...

leer más