Charla
A deportista paralímpica Desireé Vila ofrecerá unha charla coloquio en Ribadeo. Será este venres, 15 de febreiro, no salón de actos da Casa do Mar a partir das 20:00 horas. Está organizada polo Concello e conta coa colaboración do Club de Hockey Isla Pancha.
Desireé Vila é autora do libro titulado "Lo único incurable son las ganas de vivir". Esta deportista viguesa practicaba ximnasia acrobática e por unha neglixencia médica perdeu unha perna. Na actualidade continúa coa práctica deportiva como atleta paralímpica.
O xoves, 31 de xaneiro, terá lugar no Cenima, en Foz, un acto sobre “O teatro de Manuel María”. O seu inicio está previsto para as 20:30 horas.
Está organizado pola Pomba do Arco e no mesmo participarán Pilar García Negro e Alberte Ansede.
Mañá, 11 de decembro, terá lugar unha charla sobre o sétimo arte, segundo informa a Concellaría de Cultura ribadense.
A conferencia correrá a cargo da directora e guionista de cine Jaione Camborda, e leva por título Oficio de director de cine. Esta actividade terá lugar na Casa das Letras ás 17:00 horas. Está organizada pola Deputación Provincial de Lugo.
O vindeiro luns, 3 de decembro, ás 20:00 horas levarase a cabo na Casa da Cultura de Foz unha charla sobre a nosa toponimia. Esta actividade está enmarcada dentro do programa Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra, que ten como obxectivo divulgar a riqueza da toponimia galega.
Nesta charla, ademais de coñecer a orixe e o significado dos nomes de parroquias, barrios,… poderemos aprender a usar a aplicación colaborativa que pretende contribuír á preservación e difusión da microtoponimia galega a través da xeolocalización.
A Real Academia Galega coordina esta iniciativa, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A asociación A Pomba do Arco organiza unha mesa redonda sobre a participación dos mariñaos nas protestas de 1968 en Compostela e París. Será o xoves, 29 de novembro, ás 20:30 horas, na Librería Bahía de Foz. Nese acto tamén se presentará unha publicación coordinada por Xosé Ramón Ermida Meilán, titulada Galiza 1968. A consciencia avivada, na que se analizan eses feitos.
Na mesa redonda estarán presentes tres mariñaos que participaron nas protestas de 1968 en Compostela e París. Trátase de Luis Gonçales Blasco “Foz”, que era un dirixente estudantil compostelá que tivera que exiliarse nese ano de 1968 a París; Olga Villarino Rodríguez, natural de Foz e veciña de Barreiros, que era unha estudante da Facultade de Ciencias e participou nas protestas compostelás de marzo de 1968; e Adolfo Paz que era un emigrante en París e participou nas...
leer másO Concello de Lourenzá conmemorará o Día Contra o Cancro de Mama este venres, día 19, cunha charla, andaina e merenda solidaria.
A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o salón do Centro Social Torreón dos Frades, de Lourenzá, acollerá este venres, 19 de outubro, ás 16:30 horas unha charla titulada Impacto psicolóxico do Cancro de Mama, que será impartida pola psicooncóloga Carmen Rubiños López. A continuación terá lugar unha andaina solidaria polas principais rúas de Vilanova e colocaranse tres lazos rosas en tres lugares emblemáticos do pobo. E, xa para rematar, polas 18:30 horas os asistentes volverán ó centro social Torreón dos Frades para merendar chocolate e mantecadas”.
As actividades son organizadas pola Concellería de Servizos Sociais. Rocío López e a concelleira Mercedes Dengra invitan “a todos os veciñ@s a...
O Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade que dirixe Mali Méndez, organiza diversas actividades con motivo do Día Mundial contra o Cancro de mama, que ten lugar cada 19 de outubro.
Méndez explicou que o venres terá lugar unha mesa redonda na Casa da Cultura, ás 18:00 horas, na que participarán o fisioterapeuta Aladino Fernández e a psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na zona da Mariña, Carmen Rubiños.
O domingo, 21 de outubro, terá lugar unha andaina popular. Será ás 17:30 horas e o punto de encontro é o peirao de San Ciprián. A continuación haberá unha clase de zumba aberta a todo o público na Casa do Mar.
As persoas participantes nas actividades poden aportar o seu donativo para a loita contra esta enfermidade dirixido á Asociación Española contra o...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha palestra sobre a historia da guerrilla antifranquista na Mariña e en Galiza. Será este martes, 16 de outubro, na Casa da Cultura de Foz, ás 20:30 horas.
Neste acto estará presente Francisco Martínez “Quico”, único membro vivo da Federación de guerrillas de Galiza e León, dirixente da guerrilla durante máis de cinco anos e exiliado en Francia entre 1952 e 1976.
O histórico guerrilleiro estará acompañado por Fernanda Cedrón Trigo, neta do mítico guerrilleiro mariñán Luis Trigo Chaos “O Gardarríos”; e Odette Martínez, especialista en memoria e profesora na Universidade de Montpellier.
Os arqueólogos Luis Cordeiro Maañón e Celso Rodríguez Cao ofrecerán unha conferencia titulada Novas aportacións para o estudo da necrópole medieval da Basílica de San Martiño. Será no salón de actos do centro de interpretación da propia basílica este venres, día 28, ás 19:00 horas.
Este acto está incluído na programación cultural do Concello de Foz.
O Concello de Cervo, a través das súas delegacións de Turismo e Medio Ambiente, organiza unha charla titulada Avistando baleas en San Ciprián, que terá lugar o vindeiro martes, 28 de agosto, ás 20:00 horas, no asteleiro.
Esta conferencia correrá a cargo de Anxo Cao, estudante de Bioloxía que traballou como guía de avistamento de baleas nas Azores.
A actividade enmárcase no programa que se vai desenvolver ao longo do ano con motivo do nomeamento, por primeira vez, á Carpintería de Ribeira Francisco Fra como Centro Azul.
San Ciprián é un dos pobos pioneiros en Galicia na caza de baleas e Anxo Cao abordará temas como a tipoloxía e morfoloxía destes cetáceos, caza, avistamento e estado actual.