Charla
A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo ofrecerá unha conferencia de presentación da plataforma É-Saúde que se celebrará o 12 de marzo de 11:00 a 13:00 horas. A charla, mediante vídeo conferencia, será ofrecida pola Universidade Senior de A Coruña.
As prazas son limitadas e será necesario facer a pre inscrición na propia Aula CeMIT, na Casa da Xuventude, no número de teléfono 982 120 732 ou ben online.
É-Saúde constitúe unha aplicación informática que é a ferramenta do SERGAS para a comunicación co cidadán, accesible desde calquera lugar e dispositivo como ordenador, móbil ou tableta, e que lle permite o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados.
En É-Saúde o usuario pode atopar o calendario das súas citas médicas, os informes da súa historia clínica electrónica, a información...
leer másO Concello de Foz xestiona con Sogama o reparto de 30 composteiros de uso doméstico, que serán entregados nunha charla informativa organizada para o día 17 deste mes, martes, no salón de actos do Cenima.
O Concello de Foz está a xestionar con SOGAMA a entrega de 30 composteiros de uso doméstico, que pon a disposición daquelas persoas interesadas en participar no programa promovido pola empresa pública e que ten por obxecto estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo, minorando a cantidade de residuos depositada nos colectores xenéricos e contribuíndo a minimizar o excesivo uso de fertilizantes químicos mediante a obtención de compost orgánico.
Está aberta a lista para anotarse para a entrega de composteiros no teléfono 982.133.159...
leer másA Asociación Cultural Irmandade Santo Estevo, de Barreiros, e Mariña Patrimonio, en colaboración co Concello de Barreiros e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, organizan o próximo venres, 14 de febreiro, a conferencia “Santo Estevo do Ermo. Unha xeografía mítica e sagrada”.
A charla será impartida polo antropólogo Rafael Quintiá e terá lugar ás 20.00 horas no Centro Social de San Cosme de Barreiros.
ACISA Ribadeo organiza unha charla informativa sobre transformación dixital, que se celebrará o 30 de xaneiro ás 9:30 horas nas instalacións do Hotel O Cabazo.
A organización empresarial programa este almorzo informativo co fin de falar sobre a transformación dixital e como se pode vender máis a través de solucións dixitais. Desde ACISA subliñan que “é preciso adaptarse ás novas tecnoloxías, de aí a importancia de celebrar charlas coma este que teremos a vindeira semana”.
A conferencia será impartida por Jesús Otero Díaz, responsable de Negocio Dixital do Banco Santander en Lugo, que ademais presentará a ferramenta que ten o propio banco para chegar a ese obxectivo.
ACISA Ribadeo anima a todos a participar nesta xornada, tanto comerciantes como hostaleiros e dos sectores de restauración...
leer másA asociación A Pomba do Arco organiza unha conferencia sobre A Mariña na Alta Idade Media que terá lugar o 31 de xaneiro ás 20:30 horas na Librería Bahía de Foz. A charla correrá a cargo do historiador Antonio Rodríguez Baixeras.
O colectivo focego organiza este acto público, unha das primeiras actividades deste ano, despois de que no 2019 celebrase o seu XXX aniversario.
Antonio Rodríguez Baixeras é autor de numerosas obras relacionadas con distintos episodios da historia da comarca mariñá.
A Casa da Cultura de Foz acolle unha charla sobre consumo este venres, día 20, ás 17:30 horas. O título desta actividade é Este Nadal menos é máis. Por un consumo responsable.
A concelleira Verónica Peña explicou que o obxectivo da charla, que dará unha técnica de Consumo da Xunta de Galicia, é “saber os dereitos que temos os consumidores, as garantías e as vías de reclamacións que hai cando un produto non sae como esperamos”.
O concelleira focense anima aos veciños a “avanzar nunha senda sostible, tamén en materia de consumo, e para elo existen formas de actuar como mercar no comercio local ou actuar de forma reflexiva á hora de comprar, optando por una opción sostible sempre que sexa posible”.
O auditorio da Casa da Cultura acollerá mañá, martes, ás 17:30 horas, unha charla sobre a prevención da gripe que contará coa intervención dos facultativos Raquel Barbosa e José Manuel Suárez, médicos preventivistas dos hospitais Lucus Augusti e Público da Mariña, respectivamente.
A charla está organizada polo Centro de Saúde de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo e dos Servizos de Medicina Preventiva do HULA e do Hospital Público da Mariña.
O vindeiro 15 de outubro terá lugar na Casa da Cultura de Foz unha xornada sobre hábitos saudables no comercio de proximidade. Será ás 20:30 horas. Está organizada pola Federación Galega de Comercio, que conta coa colaboración do Centro Comercial Aberto e co financiamento da Xunta de Galicia.
Nesta cita preténdese sensibilizar en materia preventiva a empresarios e traballadores, reforzando as medidas xa establecidas por lei, achegando información sobre os riscos específicos do sector, sobre os derivados do uso das novas tecnoloxías e fomentando os hábitos saudables.
A asistencia á xornada é gratuíta. É necesario inscribirse antes do día 10 chamando ao teléfono 982 13 27 51 ou no correo electrónico aciafoz@gmail.com. Os asistentes, si o desexan, recibirán un certificado de...
leer más