Charla

Etiquetas:
17/10/2021

O vindeiro martes, 19 de outubro, a Aecc Lugo (Asociación Española Contra o Cancro) e o

Concello de Barreiros organizan unha charla sobre a vulnerabilidade en pacientes con cancro de mama. 

Será de 11 a 12 da mañá no centro sociocultural de San Cosme. 

A xornada é aberta para que asista o público en xeral.

Etiquetas:
16/10/2021

O Concello de Lourenzá organiza unha charla e instalará un photocall para conmemorar o Día Contra o Cancro de Mama o vindeiro martes, 19 de outubro.

A charla, sobre a vulnerabilidade en pacientes con cancro de mama, será ás 17:00 horas no centro de servizos sociais O Torreón dos Frades e correrá a cargo de representantes da Asociación Española contra el Cáncer.

Anunciouno a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, quen ademais explica que “a fachada da Casa do Concello tinguirase de rosa un ano máis. Haberá tamén un photocall, que se instalará diante do quiosco da música, para que todas as persoas que queiran poidan sacar unha foto e subila as redes sociais co hashtag #sacapecho”.

 

Etiquetas:
08/09/2021

Aventeira Cooperativa de Educación e Lecer desenvolve este sábado, 11 de setembro, en Mondoñedo unha xornada sobre a diabetes.

As actividades darán comezo ás 17:15 horas co espectáculo de improvisación teatral La familia Trivilorio. Despois terá lugar unha charla sobre a diabetes e o coidado do pé, que correrá a cargo de Damián García, enfermeiro e persoa con diabetes, e Noelia Castro, enfermeira e podóloga.

Os actos terán lugar no Centro de Interpretación do Camiño do Norte, na rúa Alcántara, s/n. A entrada é de balde ata completar aforo.

Colabora na organización deste evento: Xacobeo 21-22 e Xunta de Galicia.

 

Etiquetas:
26/05/2021

Continuando coas actividades non presenciais Mariña Patrimonio programa para mañá, 27 de maio, ás 19.00 horas a conferencia “Dous séculos de industria na Mariña: de Sargadelos a Alcoa”, que será impartida  polo profesor Xoán Carmona Badía e na que  falará das orixes e a evolución da industria na Mariña, enfocando o tema sobre todo nos dous grandes proxectos desenvolvidos na bisbarra (Sargadelos e Alcoa), as razóns e as características que se deron para a implantación de ambos proxectos que, coas súas diferenzas e peculiaridades, tiveron gran repercusión. 

A conferencia será difundida na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio: https://es-es.facebook.com/pg/marinhapatrimonio/events/?ref=page_internal , no apartado de eventos de acceso libre. A...

leer más
Etiquetas:
15/05/2021

O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acolle unha charla e unha representación para celebrar o Día das Letras Galegas o luns 17 de maio ás 19:00 horas.

En primeiro lugar Lionel Rexes falará sobre a vida e obra de Xela Arias e despois haberá unha representación titulada Sentido Común, con Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde.

O Concello do Valadouro destaca que “a Real Academia acordou renderlle homenaxe a Xela Arias, unha voz singular, transgresora e comprometida, como representante da xeración que renovou nos anos 80 a poesía galega e foi pioneira na tradución de clásicos”.

 

Etiquetas:
24/03/2021

A asociación Mariña Patrimonio organiza unha charla do historiador focense Xoán Ramón Fernández Pacios sobre a conserveira DALO, de Foz. Será este xoves, 25 de marzo, ás 19:30 horas en directo a través do Facebook do colectivo.

Mariña Patrimonio explica que “debido a un problema técnico na charla do pasado día 12 non puidemos escoitar a intervención de Xoán Ramón Fernández Pacios sobre As industrias de Damián López (DALO), de Foz, centrándose na súa faceta madeireira, na do tráfico marítimo de cabotaxe así como na actividade conserveira. Polo tanto, convidámosvos de novo este xoves, día 25, ás 19:30 horas para poder asistir, por medio do Facebook de Mariña Patrimonio, a dita intervención”.

 

Etiquetas:
09/03/2021

O vindeiro venres, 12 de marzo, ás 19.30 horas terá lugar na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio a charla “A conserva na Mariña: o caso de DALO (Foz)”. A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, enmárcase no ciclo de conferencias online organizadas por Mariña Patrimonio.

Nesta ocasión, a charla correrá a cargo dos historiadores Xoán Ramón Fernández Pacios e Xosé María Leal Bóveda. Ao longo da súa intervención, abordarán a evolución da industria conserveira na Mariña de Lugo, ao tempo que explicarán o caso significativo das empresas de Damián López (DALO) de Foz, centrándose na súa faceta madeireira, na do tráfico marítimo de cabotaxe así como na actividade conserveira.

Etiquetas:
12/12/2020

O vindeiro martes, 15 de decembro, ás 17 horas na Casa da Cultura de Foz terá lugar unha charla coloquio sobre a prospección e as sondaxes arqueolóxicas valorativas no xacemento do Carreiro, en Marzán.

Este acto, xunto coas conferencias sobre este mesmo tema que se desenvolverán no IES de Foz, teñen como obxectivo poñer en valor os resultados  das prospeccións promovidas polo goberno autonómico no xacemento do Carreiro, en Marzán, a carón mesmo do paseo marítimo entre Rapadoira e Llas. Cun patrimonio moi rico en castros e asentamentos de época prerromana e romana, Foz conta con xacementos tan coñecidos como o Castro de Fazouro. O achado neste caso de restos de cerámica permite situar as estruturas descubertas nun contexto histórico, o que facilitará o traballo dos investigadores.

A charla será dirixida polo...

leer más
Etiquetas:
14/10/2020

O Concello de Barreiros, en colaboración con AECC AMariña, organiza dous actos ó redor do Día Mundial do Cancro de Mama.

O próximo 19 de outubro é o Día Mundial do Cancro de Mama e a Concellería de Servizos Sociais, coa idea de axudar a mellorar a concienciación e dar visibilidade a este tumor maligno que afecta maioritariamente a poboación feminina, organiza unha andaina saudable de 5 km e unha charla-coloquio.

A andaina “Primeira ruta saudable”, terá lugar o mesmo 19 de outubro. Con saída e chegada nas escolas de Celeiro de Mariñaos, discorrerá a carón do Río Masma e terá unha distancia aproximada de 5km.

A charla-coloquio “Coidando ao coidador – De carballo a xunco” está programada para o 27 de outubro no centro sociocultural. Nela intervirán os relatores de AECC A Mariña, Andrea...

leer más
Etiquetas:
08/10/2020

Mariña Patrimonio continúa co ciclo de conferencias online, que iniciou o pasado mes de maio, organizando con Miguel Losada, arqueólogo e antropólogo, unha nova charla titulada "O Enigma do Formigoso: Unha fortificación no Castelo Pequeno de Santigoso", que se poderá seguir na canle de Facebook de Mariña Patrimonio mañá, 9 de outubro, a partir das 19.30 horas. 

Desde a organización achegan un texto no que Miguel Losada introduce o tema: 
“Houbo alguén, non sabemos quen, que, non sabemos cando, deseñou, moveu e colocou non menos de 100.000 toneladas de materiais, áridos e pedras, para construír unha enorme estrutura arquitectónica dunhas 13 hectáreas, integrada por murallas, foxos, noiros e áreas de pedras fincadas visible inda hoxe dende quilómetros no cimo dunha montaña galega de case que 1300 msnm e tampouco sabemos o porqué....

leer más