Charla
O Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, dentro do Programa Xunt@s para impulsar a participación cidadá, vai levar a cabo unha actividade sobre nutrición e hábitos de vida saudable. Será no edificio Multiusos do Concello o venres 19 de abril ás 17:00 horas.
Esta actividade realízase “co obxectivo de concienciar sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e hábitos saudables, proporcionando información práctica e consellos útiles para mellorar a calidade de vida a través dunha nutrición axeitada e un estilo de vida saudable”, explica o Concello de Ourol.
Para anotarse nesta actividade as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.489.457.
A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), en colaboración coa Cruz Vermella de Lugo, organiza para o luns 8 de abril ás 17:00 horas unha charla sobre iniciación aos primeiros auxilios “coa fin de achegar coñecementos básicos neste eido”.
Para obter máis información as persoas interesadas nesta actividade poden contactar co teléfono 663.730.068.
El doctor Ezequiel Cardoso, ginecólogo de la Clínica Ribera Polusa Viveiro, impartirá una charla sobre los cambios que se producen en la menopausia.
Será el miércoles, 20 de marzo, en la Sala Multiusos del Concello de Viveiro. La entrada es libre.
No salón de conferencias (antiga biblioteca) terá lugar o vindeiro martes, 19 de marzo, unha charla titulada “Autoestima na infancia. Cómo favorecela”.
Será impartida pola pedagoga Carolina García Chico a partires das 16:30 horas.
A actividade está organizada por Educando en Familia.
Ribadeo acollerá unha charla informativa sobre os gastos hipotecarios para animar ás persoas a reclamar antes de que remate o prazo. A cita terá lugar este venres, 15 de marzo, ás 20 horas na Oficina de Turismo.
A concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, explica que “a actividade enmárcase no ciclo de actividades informativas que a Unión de Consumidores de Galicia puxo en marcha en febreiro para explicar ás persoas consumidoras que aínda non o fixeron como poden reclamar os gastos dos préstamos hipotecarios formalizados antes da entrada en vigor da Lei 5/2019, do 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario”.
A edil ribadense indicou que “o obxectivo desta actividade é informar á cidadanía dos importes que poden reclamar, do prazo do que dispoñen así como da documentación e...
leer másA Asociación Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado, 9 de marzo, unha charla sobre os xacementos arqueolóxicos costeiros de Ribadeo, Barreiros e Foz. A charla, que conta coa colaboración do Concello de Foz e da Vicepresidencia - Área de Cultura da Deputación de Lugo, correrá a cargo de Manuel Miranda, presidente da asociación Mariña Patrimonio, e terá lugar ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Foz.
No transcurso da súa exposición, o relator fará un percorrido polos xacementos arqueolóxicos costeiros dos citados concellos describindo as súas características, así como o estado no que se atopan na actualidade. E dará a coñecer novos xacementos costeiros descubertos nos últimos anos nestes concellos.
A asociación Mariña Patrimonio, na liña da súas actuacións, sostén que a divulgación do patrimonio...
leer másO Concello de Viveiro, a través da Concellería de Promoción Económica, anuncia unha charla sobre reclamación dos gastos hipotecarios, actividade organizada pola Unión de Consumidores de Galicia. Terá lugar ás 19:30 horas do luns 4 de marzo na Sala Multiusos do Concello.
O obxectivo da actividade é informar á cidadanía dos importes que poden reclamar e do prazo do que dispoñen, así como da documentación e do procedemento que deben seguir para levar a diante a súa reclamación.
Enmárcase no ciclo de actividades informativas que a UCG puxo en marcha no mes de febreiro para explicar ás persoas que aínda non o fixeron como reclamar os gastos dos préstamos hipotecarios formalizados antes da entrada en vigor da Lei 5/2019, do 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario.
La asociación Sendeiriña, de Mondoñedo, organiza una charla titulada “Menopausia: entendiendo los cambios” para el 15 de marzo, viernes, a las 20:30 horas. La impartirá el doctor Ezequiel Cardoso, ginecólogo del Hospital Público da Mariña Lucense, en la Casa da Xuventude mindoniense.
La organización explica que la menopausia “supone una gran transformación en la vida de una mujer. Hablaremos de esas variaciones, de falsos mitos y de como con el paso del tiempo cambió la forma de ver la menopausia”.
Con motivo do 400 aniversario do forte de San Damián celébrase en Ribadeo unha charla coloquio titulada “Pasado, presente e futuro do forte de San Damián no 400 aniversario da súa construción”. Será este sábado, 2 de marzo, ás 20:00 horas na Casa do Viejo Pancho.
Participarán na mesa redonda o arquitecto Ernesto Cruzado, a arqueóloga Patricia Suárez e o arquitecto técnico e secretario da Asociación Cultural Estudios Históricos de Galicia, Alberto Paraje.
Na Casa da Cultura do Vicedo terá lugar unha charla sobre nenos e nenas con mal comportamento e como axudalos. Será o luns 4 de marzo ás 17:00 horas.
Esta actividade será impartida por Carolina García Chico, que é pedagoga especialista en Pedagoxía Terapéutica e Intervención Familiar.
Organiza o colectivo Educando en Familia e colabora o Concello do Vicedo.