Charla
O vindeiro venres, 12 de marzo, ás 19.30 horas terá lugar na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio a charla “A conserva na Mariña: o caso de DALO (Foz)”. A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, enmárcase no ciclo de conferencias online organizadas por Mariña Patrimonio.
Nesta ocasión, a charla correrá a cargo dos historiadores Xoán Ramón Fernández Pacios e Xosé María Leal Bóveda. Ao longo da súa intervención, abordarán a evolución da industria conserveira na Mariña de Lugo, ao tempo que explicarán o caso significativo das empresas de Damián López (DALO) de Foz, centrándose na súa faceta madeireira, na do tráfico marítimo de cabotaxe así como na actividade conserveira.
O vindeiro martes, 15 de decembro, ás 17 horas na Casa da Cultura de Foz terá lugar unha charla coloquio sobre a prospección e as sondaxes arqueolóxicas valorativas no xacemento do Carreiro, en Marzán.
Este acto, xunto coas conferencias sobre este mesmo tema que se desenvolverán no IES de Foz, teñen como obxectivo poñer en valor os resultados das prospeccións promovidas polo goberno autonómico no xacemento do Carreiro, en Marzán, a carón mesmo do paseo marítimo entre Rapadoira e Llas. Cun patrimonio moi rico en castros e asentamentos de época prerromana e romana, Foz conta con xacementos tan coñecidos como o Castro de Fazouro. O achado neste caso de restos de cerámica permite situar as estruturas descubertas nun contexto histórico, o que facilitará o traballo dos investigadores.
A charla será dirixida polo...
leer másO Concello de Barreiros, en colaboración con AECC AMariña, organiza dous actos ó redor do Día Mundial do Cancro de Mama.
O próximo 19 de outubro é o Día Mundial do Cancro de Mama e a Concellería de Servizos Sociais, coa idea de axudar a mellorar a concienciación e dar visibilidade a este tumor maligno que afecta maioritariamente a poboación feminina, organiza unha andaina saudable de 5 km e unha charla-coloquio.
A andaina “Primeira ruta saudable”, terá lugar o mesmo 19 de outubro. Con saída e chegada nas escolas de Celeiro de Mariñaos, discorrerá a carón do Río Masma e terá unha distancia aproximada de 5km.
A charla-coloquio “Coidando ao coidador – De carballo a xunco” está programada para o 27 de outubro no centro sociocultural. Nela intervirán os relatores de AECC A Mariña, Andrea...
leer másMariña Patrimonio continúa co ciclo de conferencias online, que iniciou o pasado mes de maio, organizando con Miguel Losada, arqueólogo e antropólogo, unha nova charla titulada "O Enigma do Formigoso: Unha fortificación no Castelo Pequeno de Santigoso", que se poderá seguir na canle de Facebook de Mariña Patrimonio mañá, 9 de outubro, a partir das 19.30 horas.
Desde a organización achegan un texto no que Miguel Losada introduce o tema:
“Houbo alguén, non sabemos quen, que, non sabemos cando, deseñou, moveu e colocou non menos de 100.000 toneladas de materiais, áridos e pedras, para construír unha enorme estrutura arquitectónica dunhas 13 hectáreas, integrada por murallas, foxos, noiros e áreas de pedras fincadas visible inda hoxe dende quilómetros no cimo dunha montaña galega de case que 1300 msnm e tampouco sabemos o porqué....
Mariña Patrimonio continúa co ciclo de conferencias online, que iniciou o pasado mes de maio, organizando con Álvaro Crego unha charla sobre a toponimia galega.
“E logo ti de onde vés sendo? Galicia Nomeada: toponimia colaborativa” é o suxestivo título da charla que se poderá seguir na canle de Facebook de Mariña Patrimonio o vindeiro xoves, 20 de agosto, a partir das 19.30 horas.
Desde Mariña Patrimonio explican que “Álvaro Crego, colaborador do proxecto Galicia Nomeada, unha iniciativa da Real Academia Galega para documentar a enorme riqueza toponímica de Galicia, adianta que o seu relatorio centrarase na importancia de preservar un patrimonio cultural único no mundo: a riqueza toponímica da nosa terra e dos nosos mares. Tamén se falará sobre os factores que motivaron esta enorme riqueza e explicarase a...
leer másAs IX Xornadas do Deporte Academia Imdecum terán un colofón de luxo co atleta viveirense Adrián Ben, nunha conversa conducida polo xornalista Andrés Armero. Será o venres 26 ás 18.00 horas, a través de Zoom.
Aberto para todo o público interesado: INSCRICIÓN EN ZOOM
Relatorio: “Conversando con Adrián Ben”, entrevista dirixida por Andrés Armero, director de comunicación en entidades deportivas e empresas.
Tras a súa experiencia en Marca.com e Marca ou como xefe de prensa de clubs de fútbol como o Real Valladolid ou Granada, o lugués Andrés Armero achegaranos as vivencias deportivas e persoais do medallista europeo Adrián Ben, toda unha referencia e un exemplo para o deporte da Mariña, de Galicia e de España.
O coidado do pé e a orientación deportiva
A...
leer másAs Xornadas do Deporte Academia Imdecum regresan en 2020 co coidado do pé. O podólogo do Pescados Rubén Burela Fútbol Sala, o burelao Miguel Ángel Murias Carrasco, será o primeiro convidado nesta novena edición, aberta a todo o público, para falar sobre “Os pés do deportista e a importancia da prevención de lesións”; será o venres, 12 de xuño, ás 19.00 horas. Todos os interesados en participar xa poden rexistrarse no relatorio, nun ciclo que cambiará o tradicional escenario presencial do IES Monte Castelo pola plataforma Zoom.
Con máis de 15 anos de experiencia e especializado en cirurxía do pé e podoloxía deportiva, Miguel Murias atende as necesidades dos deportistas profesionais do club mariñán dende hai máis dunha década. Entre os seus últimos traballos destacan o presentado en Moscova no Congreso Internacional de Cirurxía do Pé en...
leer másA Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza un vídeo faladoiro, titulado O que nos contan as rochas este sábado, 6 de xuño, ás 20:00 horas.
A conferencia será ofrecida por Belén Pérez Pérez, licenciada en Bioloxía e profesora desta especialidade e de Xeoloxía no IES María Sarmiento de Viveiro.
Este achegamento permitirá distinguir unhas rochas doutras, saber onde e como se formaron, e finalmente interpretar a historia xeolóxica do noso territorio. Nalgúns lugares, o relevo e as rochas que o forman, son uns dos elementos máis importantes na configuración da paisaxe. Así acontece en puntos como Cabo Ortegal ou Estaca de Bares, a praia das Catedrais ou de San Román, e en enclaves tan visitados como o Fuciño do Porco ou o Picón.
Pode seguirse este videofaladoiro por...
leer másA asociación sociocultural Mariña Patrimonio organiza para este xoves, 28 de maio, unha conferencia sobre o rico acervo cultural das nosas lendas e tradicións, na que o profesor e xornalista Manuel Gago analizará, mediante numerosos e fascinantes exemplos, como a tradición oral transforma e inventa a memoria das comunidades. A través deste interesante relatorio descubriremos en que medida a tradición oral garda a memoria do pasado e que recordos parecen pervivir no imaxinario colectivo, mentres que outros desaparecen sen deixar aparentes pegadas.
Debido ás actuais circunstancias derivadas da pandemia do COVID19, a conferencia Os misteriosos espellos da tradición. Conexións entre Historia e imaxinario na tradición oral galega poderá seguirse en streaming a partir das 19.30 horas a través do Facebook de Mariña Patrimonio.
A asociación Nordés Faladora organiza unha vídeo conferencia sobre arte rupestre. Será o 23 de maio.
A Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza unha vídeo conferencia titulada Memoria esquecida. A nosa arte rupestre, que se celebrará o sábado, 23 de maio, ás 19:00 horas.
A charla correrá a cargo de Luis Leclere, membro fundador do colectivo A Rula, asociación conformada para a procura da conservación e valoración social dos petróglifos prestando especial atención aos da comarca de Santiago.
A asociación Nordés salienta que os petróglifos do noroeste peninsular constitúen un dos focos de arte postpaleolítico europeos de maior interese. A pesares disto, na actualidade, a súa conservación está en grave risco. O abandono da explotación económica de boa parte dos nosos montes, os lumes periódicos ou a xeneralización do emprego de maquinaria pesada nas tarefas forestais son os principais...
leer más