Charla
A charla está dirixida, sobre todo, ás familias con fillas e fillos con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, así como a calquera persoa interesada neste tema.
“A industria do tabaco ve como descenden ás súas ganancias debido a caída en picado da venda dos cigarros convencionais. Para paliar isto, lanza novos produtos e mediante diferentes tácticas intentan inculcar á sociedade coa percepción errónea de baixo risco para a saúde destes novos dispositivos, os famosos vapers, por exemplo. A última enquisa ESTUDES 2023 publica que os menores de entre 14 e 18 anos xa probaron en algún momento estes produtos”, son palabras de Noa Rey Torres, farmacéutica, especialista en tabaquismo e secretaria da Sociedade Española de Especialistas en Tabaquismo, que estará o vindeiro xoves, 30 de maio, ás 20:00 horas no Centro Social (ao lado do...
leer másO Concello de Burela organiza, coa colaboración da Garda Civil, unha charla para previr as estafas a través do teléfono móbil. Será o luns 6 de maio ás 19:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.
Esta actividade forma parte do Plan Maior de Seguridade.
A aula Cemit do Vicedo acollerá unha sesión formativa práctica gratuíta titulada “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos”. Será o luns 29 de abril de 18:00 a 20:00 horas.
As prazas son limitadas e as persoas interesadas poden inscribirse na propia aula CeMIT, a través do teléfono 982.590.195 ou do correo electrónico cemit.ovicedo@gmail.com.
O Concello de Xove, a través das delegacións municipais de Servizos Sociais e de Medio Ambiente, organiza unha quedada para recoller residuos impropios na zona costeira do municipio. Será este domingo, 21 de abril, de 11 a 15 horas.
A actividade comezará cunha charla impartida pola asociación A Mariña sen plástico, que será ás 11:00 horas.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove ou a través do teléfono 982.571.816. O prazo remata este sábado, 20 de abril.
Burela acolle unha charla sobre nutrición para a prevención e durante o tratamento oncolóxico. Será no salón de conferencias da antiga biblioteca este xoves, día 18 de abril, ás 17:30 horas.
Intervirán Begoña Pintor de la Maza e María Castro Penalonga, graduadas en Nutrición Humana e Dietética e traballadoras na atención primaria.
Organiza o acto a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo e non é necesaria a inscrición previa.
O comisario da mostra, Vicente Peña Saavedra, ofreceu o día da apertura, o pasado 6 de abril, unha conferencia titulada: “Luces de Porvir para Devesos. O refulxir escolar abafado pola intolerancia”.
Desde Nordés explican que “podedes atopar unha imaxe da Sociedad de Instrucción y Recreo La Devesana no calendario que entregamos ás persoas que deciden asociarse a Nordés durante o 2024”.
E subliñan: “non só paga a pena achegarse a ver o edificio, senón tamén as actividades que realiza a veciñanza mes tras mes, nun espazo territorial resultado do contexto sociocultural e económico de comezos do século XX”.
Para o 26 de abril está prevista unha charla do profesor Narciso de Gabriel Fernández, da UDC: “Os mestres mortos daquel verán: Rafael Fernández Casas”. Será ás 19:00 horas .
A Casa da Cultura da Pontenova acollerá unha charla sobre “A praga da velutina: prevención e control de avespas invasoras”. Será o sábado 20 de abril de 10:00 a 14:00 horas.
Será impartida por Lolo Andrade, membro de Protección Civil en Cambre e experto na loita contra a avespa velutina.
É unha actividade organizada pola Deputación de Lugo coa colaboración do Concello de A Pontenova.
O Concello de Ourol, en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo, dentro do Programa Xunt@s para impulsar a participación cidadá, vai levar a cabo unha actividade sobre nutrición e hábitos de vida saudable. Será no edificio Multiusos do Concello o venres 19 de abril ás 17:00 horas.
Esta actividade realízase “co obxectivo de concienciar sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e hábitos saudables, proporcionando información práctica e consellos útiles para mellorar a calidade de vida a través dunha nutrición axeitada e un estilo de vida saudable”, explica o Concello de Ourol.
Para anotarse nesta actividade as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ou chamar ós teléfonos 982.55.91.09 ou 677.489.457.
A asociación de veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), en colaboración coa Cruz Vermella de Lugo, organiza para o luns 8 de abril ás 17:00 horas unha charla sobre iniciación aos primeiros auxilios “coa fin de achegar coñecementos básicos neste eido”.
Para obter máis información as persoas interesadas nesta actividade poden contactar co teléfono 663.730.068.
El doctor Ezequiel Cardoso, ginecólogo de la Clínica Ribera Polusa Viveiro, impartirá una charla sobre los cambios que se producen en la menopausia.
Será el miércoles, 20 de marzo, en la Sala Multiusos del Concello de Viveiro. La entrada es libre.