concurso
A Concellería de Inmigración e Cooperación do convoca o IV Certame de Debuxo-Pintura e o IV Concurso de Lemas con motivo da celebración o vindeiro 21 de marzo do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial.
O obxectivo do certame de Debuxo-Pintura “é concienciar á poboación en xeral, e especialmente á xente máis nova, sobre a problemática da discriminación racial e a súa prevención”, segundo explica Angélica Gómez.
A edil socialista sinala que “no IV Certame de Debuxo-Pintura poden participar rapaces/as dende os 6 anos en diante, sen límite de idade, empadroad@s no Concello de Burela e/ou escolarizad@s en calquera dos centros educativos do municipio. Haberá dúas categorías, de 6 a 12 anos, e de 13 anos en diante. Ademais haberá unha categoría especial para membros da Asociación A Mariña e de Eu...
leer másO Centro de Información ás Mulleres e a Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro convocan un concurso de fotografía con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora que ten lugar o 8 de marzo.
Este concurso de carácter amateur ven de ampliar o prazo para a presentación de traballos ata o día 3 de marzo.
O concurso está aberto a fotógrafos/as afeccionados, non profesionais, que desexen participar e sexan maiores de idade. As obras deberán ser orixinais e non se admitirán fotografías que foran acreedoras de distincións ou premios noutros certames.
O tema das fotografías debe ser a Muller e o Traballo en calquera ámbito(público ou privado) para visibilizar o papel feminino en todos os sectores da nosa sociedade.
Os traballos deberán...
leer másA Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza un concurso de disfraces que se celebrará o día 27 de febreiro. Dará comezo ás 21:30 horas e as inscricións poderán facerse a partir das 20:00 horas.
Os premios na categoría infantil, ata 12 anos, serán en individuais 50 euros para o primeiro, 40€ para o segundo e 20€ para o terceiro. En parellas o primeiro premio será de 60 euros, 50€ o segundo e 30€ o terceiro. En grupos o primeiro premio recibirá 90 euros, 60€ o segundo e 40€ o terceiro.
Na categoría de adultos, maiores de 12 anos, en Individuais o primeiro premio será de 80 euros, 60€ o segundo e 30€ o terceiro. En parellas o primeiro premio recibirá 100 euros, 70€ o segundo e 40€ o terceiro. En grupos o primeiro premio será de 150 euros, 100€ o segundo e 50€ o terceiro.
Na...
leer más