concurso
Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o CONCURSO DE KARAOKE, que este ano celebra a súa VII edición o VENRES, 22 DE DECEMBRO.
Este Concurso presenta tres categorías: PEQUES para menores de 12 anos; IUNIOR de 12 anos ou máis e menores de 18; VETERANOS para maiores de 18 anos. As BASES, FICHA DE INSCRICIÓN e a RELACIÓN DE CANCIÓNS para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura o na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.
A inscrición neste Concurso é de carácter totalmente gratuita. Pois ben, a inscrición xa está aberta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente...
leer másAcisa convoca un concurso de decoración navideña en el que los establecimientos asociados interesados en participar tienen de plazo para inscribirse hasta el día 5 de diciembre.
Las bases del concurso recogen que podrá participar cualquiera de las empresas que pertenezca a la asociación y esté considerada como comercio, bar y restaurante. El certamen tendrá la modalidad de comercio y la de hostelería.
El concurso tendrá una duración oficial entre el 6 de diciembre y el 6 de enero, período en el que el jurado podrá valorar la decoración, que no sufrirá variaciones durante ese tiempo. El establecimiento participante deberá decorar su fachada, escaparate, entrada e interior con el ambiente propio de las fiestas navideñas, y se valorará de forma especial la calidad artística, la composición y la iluminación de las...
leer másO Concello de Mondoñedo invita a todos os veciños a adornar o exterior das súas vivendas ou zonas públicas durante o Nadal. Con esta finalidade, vén de anunciar que dende o Goberno local se porá en marcha o concurso de adornos de Nadal ‘Engalanemos as rúas da Paula’.
O edil de Educación, Alberto García, explica que a través desta iniciativa o Goberno local promove a participación activa dos veciños para “entre todos acadar no noso casco histórico e en todo o municipio un conxunto propio das datas do Nadal”.
Así, o concelleiro invita aos mindonienses a que “se sumen a esta proposta decorando a súas fachadas, portais, balcóns ou o que se lles ocorra con motivos propios destas datas tan sinaladas e entre todos promoveremos e difundiremos o espírito destas fechas nun dos municipios, candidato a integrarse en ‘...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso vai dirixido a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno.
Unha das postais premiadas poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. Neste sentido, este ano...
leer másO Concello de Cervo, a través das delegación de Cultura e Educación, vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido aos alumnos de infantil e primaria do municipio.
Tal e como explicou a edil responsalbe, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.
Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.
O prazo de recepción remata o 27 de novembro. E o fallo do xurado farase público o 30 de novembro.
Caramés apuntou que entre as tres postais finalistas, o xurado elixirá unha que será...
leer másO Concello de Mondoñedo vén de convocar a segunda edición do concurso fotográfico ‘O mellor recuncho de Mondoñedo’, que baixo o lema ‘Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta’, ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2018, coas mellores imaxes dos lugares preferidos da localidade.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Alberto García, precisan que, polo tanto, o obxectivo será elixir doce fotografías, unha por cada mes do ano, que ilustrarán o calendario municipal de 2018.
As bases deste concurso, que contou cunha moi boa acollida na súa primeira edición, establecen que pode participar todo aquel que o desexe; limitan o envío a un máximo de dúas fotos por persoa e establecen como prazo para remitir as instantáneas ata o luns 20 de novembro. As imaxes...
leer másLa Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro convoca el X Concurso de Carteles Semana Santa de Viveiro para elegir el que anunciará la Semana Santa de 2018. Una cita que fue declarada de Interés Turístico Internacional en el año 2013.
Las bases de este concurso recogen que podrá participar cualquier persona interesada y el tema será exclusivamente la Semana Santa de Viveiro. El cartel podrá ser realizado usando pintura, dibujo, fotografía, fotocomposición…, y adaptándolo al tamaño real que es de 69x47 cm. Cada concursante podrá presentar solamente una obra que deberá ser original e inédita, responsabilizándose de su autoría y del uso legal del material gráfico utilizado para su composición. Los concursantes presentarán sus datos (nombre, dirección, teléfono, DNI,…) en un sobre cerrado con el título de la obra en el exterior.
... leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o IV Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso imos ter dúas categorías:
-Adultos, que teñan 18 anos ou máis.
-Xuvenil, para menores de 18 anos.
En canto aos premios, imos ter tres por categoría, un primeiro de 100 €uros, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €uros. Os gañadores/as recibirán un cheque-regalo que poderá gastarse en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove.
Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos...












