Entradas

Etiquetas:
17/03/2022

Tras a gran acollida o ano pasado, a Casa da Cultura volve a converterse nunha sala cinematográfica no que O gran camiño  será a película encargada de inaugurar as proxeccións do Ciclo Premios Mestre Mateo, iniciando así unha andadura que nos achegará o mellor do cinema galego recente.

Oito proxeccións con periodicidade mensual e entrada de balde que arrancan neste mes co documental dirixido por Alba Prol e Raúl García.

O gran camiño narra a súa experiencia percorrendo as grandes rutas a pé do mundo: O Pacific Crest Trail, un dos sendeiros máis extremos dos EEUU, o Camiño Inca a Machu Picchu, a ancestral ruta de Kumano Kodo en Xapón e o Camiño de Santiago europeo. Unha viaxe de miles de quilómetros que trata temas universais como as fronteiras, o amor e o sacrificio, os conflitos sociais, a espiritualidade ou o...

leer más
Etiquetas:
13/03/2022

Xa están á venda as entradas para asistir ao monólogo de Luis Zahera o 27 de marzo en Burela 

O actor Luis Zahera, coñecido por papeis como Petróleo en "Mareas Vivas", Pertur en "Sin tetas no hay paraíso", Releches en "Celda 211" ou Ferro en "Vivir sin permiso", gañador dun Premio Goya en 2019 pola súa actuación no filme "El Reino" e que actualmente protagoniza a serie "Entrevías" xunto a José Coronado en Telecinco, visitará a Casa da Cultura de Burela o 27 de marzo ás 20:00 horas “para deleitarnos coa súa faceta máis cómica nun monólogo repleto de historias e histerias onde as risas están totalmente garantidas”, explican desde a Concellería de Cultura burelesa.

Entradas xa á venda en https://bit.ly/3B7WB9p

 

Etiquetas:
09/03/2022

Segmento Cantábrico así se titula o primeiro disco en solitario de Ugía Pedreira, que arrincará xira este sábado, 12 de marzo, en Ribadeo no auditorio municipal Hernán Naval. O evento foi presentado este mediodía no miradoiro da área recreativa da Illa Pancha por Ugía Pedreira e pola concelleira de Cultura, Pilar Otero.

A edil declarou que “imos ter a sorte de contar con Ugía Pedreira, este sábado, en Ribadeo. Convido a todo o mundo a que veña a escoitar esta marabillosa voz, como a chamou o meu ex compañeiro Farruco Graña, a serea do Cantábrico. Eu creo que vai ser unha marabilla. Temos a sorte de que estea por aquí e de que nos poida deleitar”.

Pilar Otero dixo que “este concerto coa nova proposta (logo de 12 discos gravados e despois de ser voz de Marful, Nordestin@s, Acróbata ou Ecléctica Ensemble) xa vén...

leer más
Etiquetas:
10/02/2022
A Casa da Cultura de Burela acollerá a actuación de Luis Zahera o 27 de marzo ás 20:00 horas. O actor galego presentará o monólogo Historias e histerias. A actuación enmárcase no ciclo A Mariña en Clave de Humor, que organiza a Concellería de Cultura burelesa.  
 
Luis Zahera conta no seu palmarés máis recente cun premio Goya en 2019 polo seu papel en El Reino e actualmente protagoniza a serie de Telecinco Entrevías, xunto a José Coronado con que volve traballar nunha serie de televisión.
 
As entradas xa están á venda en woutick.es.  
Etiquetas:
28/01/2022

A Casa da Cultura de Burela acollerá un concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre o 19 de marzo ás 20:00 horas.

Nesta actuación presentarase o terceiro álbum do grupo, titulado As catedrais silenciadas, que é quizais a obra que mellor reflicte a esencia do encontro de Xabier Díaz coas Adufeiras e probablemente a que explora os límites deste formato con máis profundidade. 

As catedrais silenciadas son os vellos soutos milenarios, o idioma, os alalás, os nomes dos cons, as vacas ou as vellas ribeiráns. Un disco que está a cultivar os mellores datos históricos para o proxecto Tres meses consecutivos no Top Ten do World Music Charts Europe e a entrada na sección Top of the World da prestixiosa revista Songlines (númerode agosto-setembro de 2021) na que os editores escollen os dez mellores discos de cada mes...

leer más
Etiquetas:
25/01/2022

Os días 29 e 30 de xaneiro chegan ao auditorio de Burela Touriñán e Carlos Blanco con Somos criminais 3. Finalmente serán 3 as funcións que ofrecerán para as que aínda quedan algunhas entradas dispoñibles. O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliña que a química entre os dous actores covérteos nunha das parellas humorísticas máis brillantes de España. 

O edil burelés dixo que “este fin de semana tendremos en Burela una nueva actuación de lujo y de mucho nivel con la presencia de Touriñán y Carlos Blanco con Somos Criminais 3. Realmente es la segunda parte pero ellos decidieron jugar así con el título. Ya los tuvimos aquí en Somos Criminais 1, en el año 2019, y ahora vuelven con este espectáculo que recorrió las principales ciudades de Galicia y una vez más Burela está entre los sitios elegidos. Para nosotros es un placer y un honor...

leer más
Etiquetas:
14/01/2022

Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco volven co seu humor en “Somos Criminais 3”. Este espectáculo chega á Casa da Cultura de Burela os días 29 e 30 de xaneiro. 

Touriñán e Blanco analizarán Galicia e os seus habitantes “para saber cómo somos e por qué somos como somos”. 

O 29 de xaneiro os pases serán ás oito da tarde e ás once da noite. E o 30 de xaneiro ás cinco e ás oito da tarde. 

O prezo das entradas, que xa están á venda, é de 15 euros. 

Etiquetas:
12/01/2022

A Concellería de Cultura de Burela colabora na organización da segunda edición do ciclo A Mariña en clave de humor, que se desenvolverá durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio na Casa da Cultura.

Dará comezo o domingo 20 de febreiro ás 20:00 horas co monólogo 8 Apelidos Andaluces a cargo de Jesús Piña, Quique de la Fuente, Txapela de Cádiz e Abraham Martín.

O domingo 27 de marzo actuará Luís Zahera ás 20:00 horas. O domingo 24 de abril presentará o seu monólogo José Luis Calero ás 20:00 horas. O ciclo rematará o venres 27 de maio ás 21:00 horas coa actuación de Javier Veiga.

As entradas poranse á venda proximamente en www.woutick.es. 

 

Etiquetas:
07/11/2021
Ya están a la venta las entradas para asistir a la representación de “Juntos”, que tendrá lugar el 27 de noviembre a las ocho de la tarde en el auditorio municipal de Ribadeo. 
 
Sinopsis
Isabel vive, o mejor dicho, sobrevive, en un modesto piso junto a su hijo Miguel, un joven discapacitado, impulsivo y generoso. La inesperada visita de su hija mayor, Sandra, ausente desde hace más de diez años, hará que las complejas relaciones familiares se tambaleen, arrastrando a todos ellos en una espiral de ternura, ironía e mucho humor.
 
La obra
Juntos aborda con maestría un tema candente: ¿existe la...
leer más
Etiquetas:
03/10/2021

El 31 de octubre a las 20 horas llega al auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, “Maestrissimo”, de la mano de Game Over Productions. 

Maestrissimo es un espectáculo «allegro e molto vivace» a mitad de camino entre el concierto de cámara, la comedia satírica y el retrato de época, en el que se muestran, al más puro estilo Yllana, las aventuras y desventuras de un cuarteto de cuerdas en un período indeterminado entre los siglos XVII y XVIII (Barroco y Neoclasicismo).

Un músico de relleno, un segundón sin apellidos pero con un talento descomunal, intentará progresar en el escalafón y alcanzar el título de maestrissimo. ¿Serán su talento y su genialidad suficientes como para hacerse un hueco en un mundo tan jerarquizado? ¿Conseguirá el prestigio que por derecho se merece?

En la misma...

leer más