exposición
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, inaugurou a exposición de obras do pintor José Fernández Campo, coñecido artisticamente como Alaxe. Esta mostra está aberta ao público ata o día 12 deste mes no edificio do Cenima.
Hoxe pola tarde ábrese na Oficina de Turismo a exposición Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, que poderá visitarse ata despois do IV Ribadeo Indiano.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, contou que “desde este venres, 30 de xuño, e ata pasado o Ribadeo Indiano, poderemos visitar a exposición itinerante Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega”.
O edil nacionalista explicou que “na constante colaboración que hai entre este organismo e o Concello de Ribadeo de cara á organización do Ribadeo Indiano, e tamén noutras ocasións nas que evocamos o noso pasado emigrante, neste ano 2017 poderemos gozar dunha selección de imaxes de Alberto Martí que mostran os dous lados do feito migratorio: os marchares, tristes e dramáticos, aínda que tamén cun certo ar de aventura e...
leer másA sala de exposicións do Castelo do Castrodouro, en Alfoz, acolle ata o día 29 de xullo, unha mostra fotográfica de Luis Cristian Carabalí Ferigra.
Baixo o título de "Memorias dun fotógrafo. Paisaxes de A Mariña" recolle instantáneas de diferentes puntos da comarca entre as que se atopan algunhas do propio Castelo do Castrodouro e algunha secuencia do Mercado Medieval de Alfoz.
A mostra precisamente poderase visitar durante a celebración do Mercado Medieval que terá lugar en Alfoz os días 14 e 15 de xullo, compartindo espazo dentro da torre cunha exposición de traxes medievais da deseñadora Reme Espantoso e coa colección de calzado tradicional de madeira da Sala-Museo das Zocas de Alberto Geada.
O Castelo de Castrodouro está aberto actualmente en horario de fins de semana e festivos de...
leer másLa galería ribadense Terra Branca acoge hasta el día 9 de julio, una exposición de cuadros de casas indianas de Ribadeo, obra de la artista Mariángel Leal. Las pinturas originales están a la venta, al igual que las láminas enmarcadas con esas bellas imágenes, que también se pueden encontrar en postales e imanes.
El propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, señala que “nos parecía interesante rendir un homenaje a las casas indianas de Ribadeo que, a veces incluso para muchos, pasan desapercibidas y son maravillosas”.
Para José Ramón Leal “siempre caemos en los tópicos. Hay una magnífica casa que es la Torre de los Moreno, que no lo vamos a dudar jamás ni lo vamos a negar, pero sí que es verdad que paseando por Ribadeo te encuentras enclaves maravillosos con unas casas dignas de ser representadas por una artista...
leer másA praza do Concello acolle estes días unha exposición conmemorativa do vinte aniversario do Fondo Galego de Cooperación. A mostra pode visitarse ata o día 25 de xuño e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, anima a achegarse á solidariedade acudindo a esta cita.
A exposición 20 Anos a Fondo coa Solidariedade estrutúrase en cinco grandes cubos de catro caras pensados para a instalación en exteriores. O ilustrador Pepe Carreiro encargouse do seu deseño, cun formato moi visual, mentres que os contidos foron ideados pola Secretaría Técnica do Fondo Galego.
O rexedor burelés invita “a toda a xente que estea en Burela estes días a que se achegue á praza do Concello a visitar a exposición que conmemora o vinte aniversario do Fondo Galego de Cooperación, a onde pertence o Concello re Burela. Consideramos que debemos ser un...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, inaugurou a mostra Maruja Mallo, Vinte Almas, que estará exposta ata o 3 de setembro na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo. Fíxoo acompañado de compañeiros do Goberno Provincial; aConcelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez; e o Comisario da mostra, Eduardo Valiña. Esta exposición forma parte da programación de actividades que o Executivo da Deputación ofrece con motivo de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu homenaxear polo Día das Artes Galegas, á artista lucense Maruja Mallo.A exposición conta coa colaboración da Fundación Eugenio Granell, a Fundación Abanca, Afundación, a Fundación Luís Seoane, ademais de particulares entre os que destaca a colección de Vázquez Cereijo-Anne Nikkitik.
Campos Conde subliñou que “hoxe é un día de celebración para todos nós pois...
leer másA sede da Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolle durante as próximas –ata o día 29- e dende onte, unha exposición colectiva coa obra de nove artistas vinculadas á Mariña. As autoras participantes son Cristina Basanta, Lucía Catuxo, Zilí Katova, Renata Otero, Alicia Puchades, Pilar Rei, Eva Rivas, Laly Santos e Lucía Vila.
A exposición Ser visibles. Escoitar imaxes, retratar palabras, tivo o seu xerme o pasado mes de abril na Semana das artes plásticas da Mariña celebrada no Cenima de Foz, e trasládase agora á capital para “continuar reivindicando o traballo destas artistas”, segundo afirmou o delegado territorial.
Balseiro incidiu na necesidade de “estender a visibilidade da muller en todos os campos de actividade, entre eles como creadora e como motor das industrias culturais de Galicia”.
... leer másO Concello de Cervo intensifica a actividade cultural de cara ao verán prestando especial atención á dinamización das diferentes salas expositivas coas que conta o municipio.
Así o sinalou a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a inauguración da mostra fotográfica Galicia Latente, de Eduardo Martís, que se poderá visitar ata o vindeiro 21 de xuño, na sala de exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián.
A mostra está formada por 35 instantáneas que representan con especial sensibilidade a etnografía de Galicia e que é o froito dun traballo do autor de catro anos nos que estivo percorrendo os diferentes concellos e cidades da Comunidade.
Caramés sinalou que un dos obxectivos do Concello de Cervo “é darlle dinamismo ás salas expositivas coas que contamos, e a nosa idea e que estean sempre vivas,...
leer másO alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, inaugurou a exposición de fotografías e cerámica titulada Misturas, que está aberta ao público no Cenima ata o día 30 deste mes.
A mostra, que está incluída na programación cultural do Concello focense, inclúe cerámica creada por Xela Area Pesquera e fotografías de Xulio Montero Cabrera.
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o viñetista, Luis Davila, O Bichero, presentaron no Museo do Mar, a exposición/obradoiro Humor do país, que estará exposta ata o 31 de xullo no museo que está situado en San Cibrao, no Concello do Cervo.
O Museo do Mar, acolle viñetas de Luis Davila, que versan sobre distintos temas de actualidade, como a sanidade, o turismo, a educación, ou a igualdade, entre outros. Este conxunto de obras, forma parte dunha exposición colectiva do debuxante e humorista galego, que reune ilustracións do autor nos 4 museos da Rede Museística da Deputación.
A colección do famoso viñetista, está enmarcada dentro da programación, que o Goberno da Deputación ofrece, de xeito gratuíto, durante o mes de maio, co gallo do Día Internacional dos Museos, que se celebrou o 18...
leer más