exposición
O Complexo RegalXunqueira en Viveiro acolle a exposición titulada Mallo en Marzo dende o 16 de marzo ata o 12 de xuño.
A mostra é unha homenaxe á pintora Maruja Mallo con obras dela e de Alicia Muñiz (Aix), Anna Ferrer, Lara Pintos, Leira, Luz Darriba, Magot, Marta Paz, Mónica Mura, Montse Llamas, Reina D´Hoore, Renata Otero, Rosalía Pazo Maside, Sara Fonseca e Susana Pazo Maside. As obras destas mulleres dialogarán con sete gravados de Maruja Mallo que tamén forman parte da exposición. Son en total máis de trinta pezas de pintura, instalación, arte electrónico, escultura, arte téxtil, debuxo, gravado e fotografía.
Trátase dunha colección de obras, moitas delas inéditas e creadas ex profeso para a ocasión, en homenaxe á pintora viveirense. A exposición está comisariada por Renata Otero e conta coa presenza desas...
leer másA Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inaugurou este martes a mostra Nós+outrxs en redeque estará exposta ata o 30 de abril nos 4 museos da Deputación; Museo Provincial de Lugo, Pazo de Tor, Fortaleza de San Paio de Narla e do Mar.En paralelo á exposición, nos catro museos da Rede Museística levaranse a cabo obradoiros coordinados e xestionados polos propios artistas.
García Porto subliñou que “dende o Goberno da Deputación programamos durante todo o ano nos 4 museos da Rede Museística exposicións, obradoiros e actividades que promoven e defenden a igualdade, como o proxecto Nós+outrxs en rede, ao mesmo tempo que fomentamos e difundimos o traballo dos artistas da nosa provincia”.
Antes da inauguración da mostra, tivo lugar no Museo Provincial de Lugo unha mesa redonda na que participaron...
leer másAta o 14 de marzo pódese visita no Complexo RegalXunqueira, en Viveiro, a exposición de de fotografías de Naza Meijide, titulada “Amienatta”.
“-¡Amienatta!, ¡Amienatta!-Gritan as voces das nenas que baixan, correndo descalzas, polo enlodado camiño que atravesa a aldea e polo que, cada día, todos voltavamos camiñando a casa de voluntarios. Sorrisos sinceros que enchían as pupilas e ensanchaban o corazón, sons titilantes no calor intoxicante e húmedo de Lamin ó mediodía”.
Amienatta é un traballo fotográfico sobre a aldea de Lamin (Gambia), os arredores e as súas xentes. Unha viaxe introspectiva a unha experiencia inolvidable na que vivín, integrada, nesa remota aldea do país africano, convivindo, aprendendo, crecendo e querendo as súas xentes. Porque como di a costume gambiana “is nice to be nice”.
... leer más












