exposición

Etiquetas:
14/04/2016
Ata o 29 de abril pódese ver en Ribadeo unha exposición de Xosé Vizoso. Os días 16 e 17 de abril o teatro será o protagonista.
 
A programación cultural do Concello para esta fin de semana ofrece unha exposición de Xosé Vizoso, a proxección do documental Fíos Fora, e teatro con El Brujo en El Asno de Oro e a estrea de O Inspector a cargo do Grupo de Teatro de Ribadeo.
 
O concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña, detallou que “mañá, venres, ás 19:30 horas, temos a inauguración da exposición de carteis de Xosé Vizoso, unha persoa ben coñecida na comarca porque ademais levou polo mundo adiante os seus deseños a través das figuras de Sargadelos. El traballou na cerámica Sargadelos na nosa comarca e desenvolveu unha actividade creativa facendo un feixe inmenso de carteis para anunciar festas tradicionais, congresos ou concertos de música folk ao longo de...
leer más
12/04/2016
O Casino de Mondoñedo acollerá a inauguración dunha exposición de pintura e cerámica e un recital poético o vindeiro 30 de abril.
 
O Círculo de Recreo de Mondoñedo organiza para o día 30 de abril a exposición de pintura e cerámica e recital poético titulado Cos meus ollos.
 
A pintora Maricarmen Sendón exporá a súa obra e a poeta Amelia de Querol ofrecerá un recital ese día ás 19:00 horas no Casino mindoniense. 
 
A mostra permanecerá aberta ata o día 15 de maio. O horario de visitas será de 17:00 a 19:00 horas (luns, martes e xoves), e de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 horas os fins de semana.
 
10/04/2016
Mondoñedo traballa na organización dunha exposición de fotos que recolla os 25 anos de celebración do Mercado Medieval. O Concello pide colaboración veciñal.
 
O Concello de Mondoñedo traballa na organización dunha exposición de imaxes que recollan os 25 anos de celebración do Mercado Medieval na localidade. “Este ano cúmprense 25 anos de historia deste evento” di a alcaldesa, Elena Candia, e “queremos rememorar cada edición a través de fotografías”.
 
A rexedora da localidade explica que xa mantiveron unha reunión de traballo para a organización desta 25 edición, en cuxa programación “queremos incluír novidades” e tamén, engade, “buscamos que se converta nunha edición de recoñecemento para quen puxo en marcha esta cita anual”.
 
Así, Elena Candia pide a colaboración de todos os veciños e persoas que ano tras...
leer más
Etiquetas:
06/04/2016
Catro series da obra de Celso Dourado poderanse ver no Cenima de Foz do 8 ao 29 de abril na Semana das Artes Plásticas na Mariña, na que tamén se dan cita outros cinco artistas da comarca.
 
O artista barreirense Celso Dourado participará na Semana das Artes Plásticas na Mariña. A exposición será inaugurada no Cenima de Foz este venres, día 8, xunto a outros seis creadores mariñáns. Esta mostra colectiva poderase visitar ata o 29 deste mes. 
 
Celso Dourado explicou que “a exposición denominada Seis diálogos para educar  reflexa un pouquiño o traballo de seis artistas entre os cales estou. Podo citar que forman parte do elenco tamén David Catá, Héctor Manasé, Alberto Pena, Mauro Leivas e Raimundo Rubal”.
 
Dourado contou que “eu presento catro series da miña obra. Son botánica, relacionada cun tratamento subreal do que é a botánica en si;...
leer más
05/04/2016
Ata o 29 de abril pódese visitar na Biblioteca Pública Municipal de Barreiros a exposición ¡¡Abril...Libros mil!!.
 
O Concello organiza unha exposición de libros durante este mes de abril con motivo da celebración do Día Internacional do Libro o vindeiro día 23.
 
A Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública Municipal organizan este mes una exposición titulada ¡¡Abril…Libros Mil!! Con motivo da celebración o pasado día 2 do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e o vindeiro día 23 do Día Internacional do Libro.
 
A mostra recolle as novidades e os libros máis lidos da Biblioteca e pode visitarse na propia Biblioteca, situada no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.
... leer más
Etiquetas:
03/04/2016
A Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora coa Semana das Artes na Mariña, que se desenvolverá do 8 ao 29 de abril no Cenima de Foz.
 
Unha nova edición da Semana das Artes na Mariña presentouse  no Cenima de Foz. A Área de Cultura da Deputación de Lugo estivo representada neste acto por Antonio Veiga, Vicepresidente da Deputación de Lugo. No acto participaron tamén Xerardo López, por parte do equipo coordinador da Semana das Artes, o prologuista do catálogo editado para a ocasión, Albano González, e a deseñadora do mesmo, Cristina Basanta.
 
Baixo o nome de “Seis diálogos para educar” a Semana das Artes na Mariña celebrarase desde o vindeiro venres 8 ata o 29 de abril, tendo como sede o Cenima en Foz. Este evento pretende ser, en palabras dos seus organizadores, “ mostra das expresións artísticas dun grupo de seis creadores mariñáns que plasman nas súas obras as...
leer más
01/04/2016
O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá o 5 de abril unha conferencia sobre o adorno prehistórico e as xoias áureas na antiga Gallaecia. Tamén se inaugurará unha exposición de ourivería do Museo Provincial de Lugo.
 
O salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá acollerá o vindeiro martes, 5 de abril, unha conferencia sobre o adorno prehistórico e as xoias áureas na antiga Gallaecia a cargo da directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García. Será ás seis da tarde e a continuación da charla inaugurarase unha exposición da colección de ourivería antiga do Museo Provincial, que estará aberta na sala de exposicións municipal ata o 2 de maio e poderá visitarse de luns a venres en horario de cinco a oito da tarde.
 
A alcaldesa, Rocío López, explicou que esta mostra “está organizada polo Museo Provincial e propón unha visión completa, a través dunha serie de paneis fotográficos e explicativos, da colección de obxectos de ourivería...
leer más
21/03/2016
Ata o 31 de marzo na OMIC de Ribadeo está aberta a exposición "Entre belenes y cabezudos", de Rodrigo García Istillary. Está destinada a todos os públicos.
 
A OMIC de Ribadeo acolle ata o 31 de marzo a exposición Entre Belenes y Cabezudos de Rodrigo García Istillarty.
 
A mostra presenta unha colección de pezas totalmente artesáns deste creador asturiano de Puerto de Vega. Os seus beléns sorprenden polo realismo que transmiten e por nos transportar á vida da época antiga. Así mesmo os diferentes cabezudos que achega están cheos de realismo e cunha tremenda capacidade de mímese.
 
Ata o 31 de marzo pode visitarse esta exposición na OMIC de Ribadeo no seu horario habitual.
 
18/03/2016
A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá do 21 de marzo ao 2 de abril unha exposición de labores feitas por mulleres do municipio.
 
A Casa de Cultura, de San Ciprián, acollerá a partir do vindeiro luns, día 21, unha exposición de labores feitas por mulleres do municipio, como traballos en ganchillo, bordados ou bolillos. Anunciouno hoxe a concelleira de Igualdade, Pilar Armada Carrete.
 
A mostra, titulada Coas nosas mans, inclúe obras realizadas por socias dos seguintes colectivos: CIT de San Ciprián, Asociación de Amas de Casa Alborada, As Espalladoras, Alumnas de Mari Luz Méndez, Asociación de Veciñ@s Cervo-Sargadelos e Mulleres de San Ciprián. Será inaugurada na sala de exposicións da Casa de Cultura o vindeiro luns ás 17 horas e estará aberta ao público ata o 2 de abril. Poderá visitarse de luns a venres de 11 a 13 horas e de 17 a 20 horas. 
 ...
02/03/2016
A sala de exposicións municipal de Lourenzá acolle ata o 18 de marzo unha mostra sobre o Camiño Norte de Santiago.
 
A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acolle dende hoxe, mércores, ata o 18 deste mes, unha mostra de imaxes do Camiño Norte de Santiago.
 
A exposición consta de 18 paneis nos que amosan as principais manifestacións artísticas, históricas e naturais desta ruta xacobea na que Lourenzá ocupa un lugar importante. A información que recollen os paneis ofrece ao visitante unha visión de todo o patrimonio artístico e histórico existente nos distintos lugares polos que discorre o Camiño.
 
A alcaldesa, Rocío López, di que “dende o Concello invitamos a todos os veciños e veciñas así como aos visitantes a ver esta exposición que é, sen dúbida, unha...
leer más