exposición

Etiquetas:
03/07/2015
O Complexo Cultural Regal Xunqueira, de Viveiro, acollerá desde o 7 de xullo unha exposición da pintora Costafreda.
 
O vindeiro martes, 7 de xullo, terá lugar a inauguración da exposición “De la atracción del color a la fuerza del trazo” da pintora Costafreda. Será ás 20:30 horas no Complexo Cultural Regal Xunqueira, en Viveiro. 
 
A autora explica que “en esta ocasión, la exposición se compone de la selección de cuadros que me han definido durante los últimos 20 años, como son otoños, bosques, paseos muy coloristas y con inspiración oriental en su composición y como novedad, se pueden ver los últimos trabajos realizados con una técnica milenaria que es la pintura japonesa sumí-e.
En mi búsqueda de simplificar y mi atracción por la línea y la mancha, he dedicado estos últimos años a investigar y trabajar en...
leer más
Etiquetas:
19/06/2015
O Espazo Caritel, a carón da Basílica de San Martiño, abrirá ata o 15 de setembro de martes a sábado pola mañá e pola tarde e os domingos pola mañá.
 
O Espazo Caritel é un proxecto que pretende ofrecer ao panorama cultural e turístico da Mariña a oportunidade de gozar da botánica e da arte contemporánea , así como incidir no desenvolvemento sostible da súa contorna. O itinerario visitable conta cun edificio que alberga unha sala de exposicións destinada a mostras temporais. O percorrido tamén permite ver o xardín (duns 3500 metros) de notable interese botánico. Destaca pola súa importancia a colección de camelias (formada por un cento de variedades). Tamén é salientable a abundante flora autóctona que contrasta con especies procedentes de todos os continentes.
Esta iniciativa, a tan só 200 metros da Basílica de San Martiño de Mondoñedo, pretende facer dese recuncho de Foz, un lugar de  especial relevo para os...
leer más
Etiquetas:
02/06/2015
O Cenima de Foz acollerá do 3 ao 16 de xuño unha exposición dedicada a Xosé Filgueira Valverde e día 9 haberá unha xincana literaria.
 
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia, xunto co Concello de Foz, a través do Servizo de Normalización Lingüística da Concellería de Educación, que dirixe Mercedes González Alonso, promove a exposición titulada Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia. A mostra poderá visitarse no Cenima dende mañá, mércores, día 3, ata o 16 deste mes 10 a 14 horas.
A exposición leva aparellada unha actividade de dinamización complementaria que, co nome de Xincana Literaria, pretende achegar a vida e obra do persoeiro homenaxeado de xeito empático e interactivo á mocidade galega de hoxe. A xincana será o vindeiro 9 de xuño e nela participaran varios colexios de Foz.
 
25/05/2015
A exposición sobre embarcacións tradicionais seguirá aberta en Viveiro ata o 30 de maio. Está organizada por Pensamento e Sementeira.
 
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira manterá aberta ata o vindeiro 30 de maio a exposición "As embarcacións tradicionais do arco Ártabro até Ribadeo".

A mostra pode visitarse en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde
(de 18 a 20 horas ). Atópase na sala de usos múltiples do Concello de Viveiro, na praza Maior. 

14/05/2015
Ata o 30 de xuño poderase ver no Centro Regal Xunqueira, en Viveiro, a exposición "Cada tema para un loco".
 
Ata o 30 de xuño poderase ver na sala de exposicións do Centro Regal Xunqueira, en Viveiro, a exposición “Cada tema para un loco”, de A.Coomonte, Lorenzo González, Arturo Martínez, Teresa Sarto, Eusebio San Blanco e Otero Regal. 
Trátase na maior parte de profesores e ex profesores da Escola de Bellas Artes de Salamanca, coa excepción de Otero Regal, que con 63 anos é o mais novo da larada, que idearon unha exposición na que co eslogan satírico de “Novas Promesas” veñen mostrar a súa obra ao mesmo tempo que fan turismo e participan nun curso de creación en base a cerámica nos talleres de Otero Regal, en Viveiro, durante 10 días. 
O horario de visita da exposición será de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas de luns a sábado. 
Etiquetas:
08/05/2015
Ata o 19 de xuño estará aberta na Casa da Cultura, en Burela, a exposición de HIpólito Xeada "Marexada de cores".
 
Ata o 19 de xuño pode verse na sala de arte da Casa da Cultura de Burela a exposición Marexada de cores de Hipólito Xeada Pena. 
A inauguración da mostra está prevista para as 19 horas de hoxe, venres. Despois a exposición deste artista mariñán estará aberta de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, segundo informa a Concellería de Cultura. 
Hipólito Xeada naceu en Adelán (Alfoz). “Conta con obras dun realismo que non deixa de revelar a man do retratismo ou dunha figuración inconfundible de trazos áxiles, que xoga coas cores e peneira a emoción do escuros”, sinalan desde a organización. 
 
Etiquetas:
03/05/2015
Pensamento e Sementeira, de Viveiro, organiza unhas xornadas arredor do patrimonio marítimo e fluvial. A actividade dará comezo o 16 de maio cunha exposición e unha charla.
 
O colectivo Pensamento e Sementeira, de Viveiro, programou para a segunda quincena de maio unhas xornadas arredor do patrimonio marítimo e fluvial. 
 
Esta nova actividade dará comezo coa inauguración  da exposición “Embarcacións tradicionais do Arco Ártabro, Ortegal e Mariña de Lugo” que terá lugar o 16 de maio, ás 19 horas no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro. Coincidindo co acto de inauguración desta mostra, que permanecerá aberta até o día 30, o colectivo viveirés convidou a Víctor Fernández Gonzalez, directivo da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, para falar sobre o noso patrimonio marítimo.
 
Outro dos actos que se terán lugar dentro destas xornadas será  o 23 de maio e consistirá nunha tertulia con Fran Fra,  o único carpinteiro de ribeira activo na nosa comarca.
 
27/04/2015
Librería Bahía, de Foz, acolle ata o 30 de maio unha exposición da ilustradora Minia Regos.
 
Ata o 30 de maio poderase ver na Librería Bahía, de Foz, a exposición da obra Tac, tac, tac, plof da ilustradora Minia Regos, que hai uns días impartiu un obradoiro nesas instalacións. 
Minia Regos naceu en Pontevedra e cursou Belas Artes na Universidade de Vigo. Ilustrou, ademais do álbum que poderemos ver na Librería Bahía, outros libros de éxito como Casas de Paula Carballeira ou Kafka e a boneca viaxeira de Jordi Serra i Fabra. 
 
10/04/2015
Ata o 30 de abril pódese visitar na Oficina de Turismo de Ribadeo a exposición "A ditadura franquista: 40 anos de represión e resistencia", que organiza a Deputación de Lugo.
 
A Oficina de Turismo de Ribadeo acolleu onte a inauguración da exposición ’A ditadura franquista: 40 anos de represión e resistencia’, que chega a vila ribadense despois de ter pasado xa por Lugo e A Pobra do Brollón. No acto de inauguración estiveron presentes o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; a presidenta da Asociación Cultural Francisco Lanza, Dores Fernández Abel; e un dos dous comisarios da mostra, Antón Somoza, que foron os encargados de levar a cabo a presentación da mesma.
Esta exposición, unha das maiores organizadas sobre a represión franquista ata o de agora en Galiza e que afonda no xeito en como se levou a cabo a resistencia ao réxime no noso país durante catro décadas, permanecerá ata o vindeiro 30 de abril na Oficina de Turismo de Ribadeo. Baixo o...
leer más
31/03/2015
Acia Burela expón estes días traxes castrexos para inspirar a vestimenta dos clans. Pódense ver na rúa Pardo Bazán, no antigo local de O Lar.
 
Durante estes días expóñense en Burela diferentes traxes castrexos que poden servir de inspiración a tódolos clans que participen o vindeiro mes de xullo na 4ª Festa Castrexa, que organizará un ano máis a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela.
Na conferencia “Castrexos. Quen eran? Como vivían? Como vestían?”, que tivo lugar en Burela o pasado 6 de marzo, falouse dos costumes e aparencia dos antigos castrexos para que clans e participantes na Festa Castrexa coñeceran o verdadeiro estilo que deberían seguir para ser fieis á realidade histórica.
Na celebración da Festa Castrexa cobra unha importancia fundamental a indumentaria dos homes e mulleres que habitaban os castros. Por iso se expoñen agora traxes castrexos de home,...
leer más