Flores
O Concello de Mondoñedo abrirá o próximo luns, 17 de abril, o prazo de inscrición na segunda edición do concurso de ornamentación ‘Florea o teu balcón’. Os interesados que reúnan os requisitos para participar teñen de prazo ata o día 31 de maio para anotarse.
As inscricións poderanse facer a través do correo electrónico concursodebalcones@gmail.com ou no portelo de atención ao público da Casa do Concello de Mondoñedo. Deberán indicar o nome, apelidos e DNI, xunto ao enderezo do balcón.
Presentación do cartel
O edil de Educación e Novas Tecnoloxías, Alberto García, participou esta mañá na presentación do cartel que anuncia esta segunda edición do concurso promovido polo Concello de Mondoñedo, e que conta tamén coa colaboración do departamento de Turismo da...