Fútbol

Etiquetas:
20/02/2015
As categorías de fútbol base de Cervo protagonizarán a apertura do campo de fútbol da Veiga este domingo, 22 de febreiro, tras a súa remodelación.
 
O campo de fútbol municipal da Veiga abrirá de novo as súas portas este domingo despois das obras de remodelación que promoveu e financiou o Concello de Cervo. Unha instalación que entrará en funcionamento “con fútbol de base”, asegura o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que explica que os primeiros en competir nel serán os xuvenís do CD San Ciprián, nun partido de portas abertas.
Un encontro que, por ese motivo, será simbólico xa que “marcará o comezo dunha nova etapa deportiva no noso concello, cunha instalación que mellorará a forma de adestrar e xogar”, asegura o rexedor. Así, o Concello decidiu convidar a este primeiro partido (11:00 h.) ás xuntas directivas dos catro equipos de fútbol do municipio así como aos equipos de todas as categorías de fútbol base para que...
leer más