Marcha
O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, xunto ao Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, presentaron este mércores a 1ª Marcha Cicloturista deste municipio, que terá lugar este domingo, 10 de setembro. Trátase dunha pioneira cita neste Concello, que agarda consolidarse no calendario da Federación Galega de Ciclismo, ao tempo que promove os recursos naturais e turísticos deste enclave da Mariña.
Consiste nun percorrido en bicicleta de 79 quilómetros entre as montañas que rodean o Val de Lourenzá. Poden participar todos os interesados a partires dos 15 anos de idade, pois tamén hai unha proba cronometrada no treito final, que é de case 4 quilómetros, con premios para os mellores de cada categoría (júnior, sénior, máster...).
Ata o momento, hai preto de...
leer másO vindeiro 10 de setembro ás 9:30 hora terá lugar a saída da 1º Marcha Cicloturista Concello de Lourenzá. Trátase dunha marcha ciclista de 79 km que recorrerá as montañas que rodean o Val de Lourenzá. A subida a Lindín, á Cadeira, ao Picato e o tramo final cronometrado dende Tovar e novamente á Cadeira farán as delicias dos amantes deste deporte que día a día ve medrar os seus adeptos na comarca Mariña.
O Clube Ciclista Viveiro e a Concellería de Deportes de Lourenzá, xuntan forzas para sacar adiante esta primeira edición dunha marcha que espera consolidarse no calendario da Federación Galega de Ciclismo.
O prezo é de 10 € para os ciclistas con licenza federativa, e de 26 € para os non federados que inclúe a licenza por un día. Ademais por 5 € mais en calquera dos dous casos, a inscrición inclúe un xantar ao final...
leer más