Mercado
A XV Edición do Mercado do Nadal de Ribadeo abre as súas portas o próximo xoves, 6 de decembro, ás 11 horas da mañá. Haberá 26 postos no parque de san Francisco nos que se poderán atopar pezas de artesanía, alimentación, decoración ou deseño local, entre outras propostas, “coas que pretendemos espertar o espírito navideño nas rúas de Ribadeo”, segundo manifestou a concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio. Ana Martínez e o alcalde, Fernando Suárez, presentaron o evento esta mañá no salón de plenos do Concello.
Concebido como un aliciente máis para visitar Ribadeo durante estes días festivos, os 26 expositores instalados no entorno do parque de San Francisco abren as súas portas ata o 9 de decembro en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. “Así, confiamos en que esta iniciativa, de novo, volva arrastrar a...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o Mercado de Outono 2018 que se celebrará este sábado, 10 de novembro.
O programa de actividades dará comezo ás 10:00 horas na rúa Andrés L. Palmeiro, onde estarán instalados os postos de venda con produtos de tempada e artesanía. Ademais haberá pasarrúas con grupo folclórico polo centro de Ferreira.
Tamén a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura terá lugar un curso de fruticultura, con entrada libre, organizado pola Asociación de Fruticultores do Valadouro. Ás 12:30 horas ofrecerase unha degustación de caldo de castañas e ás 11:30 e ás 18:00 horas haberá xogos tradicionais en familia.
Pola noite, a partir das 21:00 horas terá lugar o XXVIII Magosto Popular, na carpa instalada no aparcadoiro municipal, a carón da piscina, que...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), Francisco López Valladares, e o presidente da asociación cultural “As San Lucas”, Miguel Souto, presentaron na Praza do Concello o Mercado de Agricultura Ecolóxica certificada que se situará no mesmo lugar da presentación durante os días que dure a feira máis antiga da Comunidade.
Deste xeito, na localidade mariñana daranse cita produtores desta especialidade, que ofrecerán aos visitantes 25 produtos, incluídos nesta denominación, e que se poderán visitar e mercar en seis casetas de madeira diferentes. O presidente do Consello Regulador agradeceu á comisión organizadora e ao Concello a posibilidade de participar na cita festiva, ao tempo que puxo en valor a importancia e a incidencia que ten estetipo agricultura no rural...
leer másO Concello abriu o prazo de inscrición para participar no XV Mercado do Nadal, que terá lugar en Ribadeo do 6 ao 9 de decembro. Este evento “quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e o deseño, plataforma onde se visualice o seu traballo e talento creativo e innovador”, sinalan desde a Concellaría de Desenvolvemento Local.
E subliñan que “no Mercado do Nadal poderán participar artesáns con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal e sexan de autoría propia, tamén produtos de gastronomía artesanal e creadores, artistas pola súa vertente de creatividade e deseño: artistas plásticos, gráficos, dixitais, xoguetes, moda, etc… que teñan capacidade para exhibir e vender pezas suficientes e que a creación sexa de autoría propia e a distribución sexa a pequena escala...
leer másAcisa Ribadeo organiza a quinta edición do Mercado de Rúa, que se celebrará os días 25 e 26 deste mes de agosto.
Os 22 establecementos participantes sacarán os seus comercios á rúa. Acisa pretende con esta iniciativa “potenciar as ventas antes de rematar o verán, as tendas aproveitan para sacar os stocks de fora de tempada e tamén presentan os avances do vindeiro outono-inverno. É unha actividade que gusta tanto a soci@s como a clientes”.
Aquelas persoas que se acheguen ao V Mercado de Rúa poderá gozar de descontos e promocións especiais
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, salienta que “será unha boa ocasión para atopar artigos con interesantes descontos como peche dunha tempada de verán que se animou tarde, por mor...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presentou a XXVII edición do Mercado Medieval acompañada de representantes das asociacións colaboradoras e dos voluntarios.A rexedora destaca a incorporación de novos contidos, así como unha maior presenza nesta edición de autores locais, como Souto Xímaro, Gaita Escola, Mondrum e a colaboración da Escola de Música, dos voluntarios e de Pasatempo.
A cita, declarada o ano pasado Festa de Interese Turístico Galego, desenvolverase entre o venres 10 e o domingo 12 de agosto cunha ampla programación que recolle animación de rúa, música, actividades de recreación histórica, demostracións e obradoiros para todas as idades, degustacións e venda de produtos da terra. Serán un total de 150 os postos que, engalanados para a ocasión ao xeito da Idade Media, enchan as rúas da cidade que agarda celebrar máis de...
leer másRibadeo acollerá na mañá do domingo, 29 de xullo, un día dedicado ao produto local dentro do Mercado dos Domingos. A actividade está organizada polo Concello de Ribadeo e a Asociación de produtores e produtoras da Horta de Ribadeo A Sucadoira en colaboración coa Aula de Produtos Lácteos de Lugo da USC e o CFEA Pedro Murias.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, sinala que “celebramos este día do produto local no Mercado dos Domingos porque entendemos que é o mellor lugar para comezar a valorar o produto local, por ser o mercado de produtores e produtoras locais onde se achegan directamente os produtos ao consumidor, das persoas produtoras á mesa, poñendo en valor a economía máis próxima e potenciando o consumo de temporada e responsable”.
Durante a mañá do vindeiro domingo, día 29, no Mercado...
leer másOs días 20 e 21 de xullo celebrarase a XX edición do Mercado Medieval de Alfoz, que terá lugar no Castelo do Castro de Ouro.
O mercado abrirá as súas portas o venres, en horario de 21:00 a 02:00 horas, e o sábado de 9:00 a 02:00 h.
Nestas xornadas haberá, entre outras actividades, ruta de sendeirismo, exposicións no interior da Torre, misa en latín, representacións teatrais, espectáculos de rúa, malabares, contacontos, vodas medievais, exhibición de aves rapaces, xogos medievais ecuestres, tiro con arco e degustación de produtos. Para rematar o programa haberá, nunha zona habilitada preto da torre, unha cea medieval con queimada e música folk.
O mercado ambientarase en 1483, ano no que foi apresado o Mariscal Pardo de Cela nas inmediacións da Torre do Homenaxe do Castelo do Castro, e...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia, participou, xunto cos voluntarios e artesáns, na presentación do cartel do XXVII Mercado Medieval, que se celebrará na localidade os días 10, 11 e 12 de agosto.
Como cada ano o casco histórico encherase de postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación que deleitarán aos asistentes.
Nos vindeiros días darase a coñecer a programación completa deste Mercado Medieval que organiza o Concello de Mondoñedo e conta coa colaboración da Deputación de Lugo e de Abanca.
Un avance
Este ano volverá haber degustación gratuíta de torresmos e viño e reforzaranse as actuacións musicais e medievais. A rexedora agradece de xeito especial a implicación da Escola de...