O Valadouro
O programa LudiVerán 2018, do Concello de O Valadouro, desenvolverase do 2 de xullo ao 31 de agosto.
A Delegación de Servizos Sociais do Concello de O Valadouro presenta o programa LudiVerán 2018 con actividades para nenos e nenas que se desenvolverán durante os meses de xullo e agosto.
O número de prazas é limitado, e poden participar os nenos e nenas nacidos entre 2006 e 2014. O prazo de inscrición rematou o 19 de xuño.
O programa LudiVerán 2018 desenrolarase do 2 de xullo ao 31 de agosto, en horario de 10:00 a 13:00 horas, no CEIP Santa María do Valadouro.
A publicación da lista de admitidos terá lugar o 22 de xuño na porta principal da Casa da Cultura.
A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o Folión de San Xoán na noite do sábado, 23 de xuño.
A festa dará comezo ás 21:30 horas no parque Concepción Arenal de Ferreira.
Os organizadores invitan a tod@s a participar levando todo o que se teña pola casa que non se utilice, que non contamine e se queira queimar, para botar á fogueira de xeito que se faga o folión entre todos os asistentes. Tamén haberá sardiñada popular.
Colabora co Concello de O Valadouro a asociación cultural Amado Lar.
A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro celebra a Semana das Letras Galegas e a Diversidade Cultural na que programa para este xoves, 17 de maio, ás 12:30 horas na Casa da Cultura unha xornada sobre a Vida e Obra de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano, con Lionel Rexes. Despois os grupos de cantareiras pequenas e medianas da Asociación Cultural Amado Lar ofrecerán Cantigas Populares Galegas, e haberá unha lectura de varios contos de María Victoria Moreno a cargo dos nenos e nenas da Asociación Cultural Amado Lar.
Tamén o día 17 terá lugar a representación teatral da obra Mar Adiante de María Victoria Moreno interpretada polo grupo Bandullo Azul. Será ás 20:00 horas e está dirixido ao público familiar.
O venres, día 18, ás 19:00 horas, no pavillón polideportivo municipal celebrarase unha...
leer másEl 13 de mayo tendrá lugar el I Descenso en Kayak Río Ouro, Asociación A Comparsa de Alfoz-Valadouro.
El precio de la inscripción es de 25 euros, e incluye seguro, autobús, kayak, remos, chaleco salvavidas, monitor, bocadillo y bebida. Las plazas son limitadas e las personas interesadas pueden anotarse en los números de teléfono 646 242 813 (Silvia) e 627 735 827 (Nayara).
La salida será a las 11:00 horas, desde la explanada de la depuradora de Carballido (Alfoz), en autobús hasta el punto de salida de la actividad. A las 11:15 h. se procederá a la entrega de material y disposición de los kayaks, y a las 11:30 horas comenzará el descenso. A la llegada se les entregará a todos los participantes un bocadillo y una bebida.
Organiza la asociación Os Fandangueiros, y colaboran los Concellos de...
leer másO mércores, 28 de marzo, a partires das 18:00 horas, na parroquia de Santo Tomé, no Valadouro, escenificarase, como cada ano, o Vía Crucis vivinte.
Esta escenificación correrá a cargo de xente dos concellos de Alfoz e Valadouro. Trátase dunha actividade programada todos os anos na Semana Santa, que comezou a facerse hai algo máis de vinte anos, e que dende entón se reproduce cada ano de xeito ininterrompido.
Os actos teñen lugar na subida á igrexa, onde se atopan as cruces que configuran este vía crucis tradicional, nas que os participantes van facendo as paradas correspondentes, e rematando no alto onde se atopa a igrexa parroquial na que se venera hai xa moitos anos ao Santo Cristo.
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde do Concello do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, e o Concelleiro de Cultura, Eduardo Chao González, presentaron este luns no Pazo de San Marcos, a XII Edición do Mercado Tradicional da Primavera do Valadouro que se celebrará os días 23 e 24 de marzo, no que colabora o Goberno da Deputación cunha achega de 6.000 euros.O Executivo Provincial é a unica administración, xunto co Concello, que promove económicamente este evento, no que colaboran diversas asociacións da vila.
García Porto avanzou“que nesta cita participarán preto de 90 postos con toda clase de produtos autótonos, como mel, pan, empanadas, embutidos, así como outro tipo de stands con outro tipo de mercadorías como roupa, calzado ou artesanía. Polo tanto, esta cita é unha oportunidade única para visitar a Mariña Lucense, e ao...
leer másA galería ribadense de arte Terra Branca e o zoqueiro Alberto Geada poñen en marcha O Xogo das Zocas, que inclúe agasallos para os gañadores. O obxectivo desta iniciativa é facer promoción desa zona do interior da Mariña e da arte que se fai nesta comarca, arte en imaxes e arte en forma de zoquiñas.
Para conseguir cada un dos cinco premios hai que localizar unha das cinco pequenas zocas que o zoqueiro do Valadouro Alberto Geada escondeu na contorna das cinco marabillas do Val do Ouro: o castelo de Castrodouro, a fervenza Escouridal, o dolmen do Prado das Chantas, a cruz do Pau da Vella e Finca Galea. Despois de atopar cada zoca hai que levala á galería Terra Branca, de Ribadeo, onde os gañadores recibirán os agasallos, que consisten en figuras de cerámica, unha lámina, un reloxo ou un perfume de Terra Branca. Se a mesma persoa consegue...
leer másA Concellería de Cultura de O Valadouro organiza a XII edición do Mercado Tradicional de Primavera, que se celebrará os días 23 e 24 de marzo.
O venres 23, o programa comezará ás 21:00 horas con pasarrúas a cargo da A. C. Amado Lar, ás 21:30 horas será o pregón inaugural que ofrecerá Lionel Rexes, e ás 22:00 horas terá lugar unha exhibición de baile en zocas.
O sábado 24, o Mercado abrirase ás 10:00 horas. Entre as 11:00 e as 19:00 h. celebrarase unha exposición de vehículos clásicos, no aparcadoiro municipal a carón da piscina, e das 12:00 ás 18:00 horas, unha exposición de vespas clásicas na Avenida da Veiga. Tamén haberá Ludo-Enxebre para nenos e nenas de 3 a 12 anos, na praza, de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 19:00 . Terá lugar ademais un Foto-Enxebre de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 h, e Tiro con...
leer másO pasado sábado, día 10 de marzo, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, celebrouse a gran final do I Certame de Curtas de Alfoz e O Valadouro, á que concorrían os 8 filmes finalistas. Decidíronse tres premios, coa axuda do público e dun Xurado formado por tres cineastas da Mariña: Miguel García, de Mondoñedo; Xacio Baño, de Xove, e Matías Niceza, de Burela. Asistiron moitos participantes, que chegaron das catro provincias de Galicia, pois un dos requisitos do Certame é que o cine presentado fora en galego. Participaron no certame diversos centros educativos, así como cineastas individuais. Houbo varios xéneros cinematográficos representados, dende as películas de animación ata os documentais e os filmes de ficción. Os Xurados destacaron a calidade dos traballos presentados. Estiveron presentes os Alcaldes de varios concellos mariñáns. Os...
leer másA Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. (http://rosalia.gal/causes/caldo-de-gloria/)
O Valadouro súmase á conmemoración do Día de Rosalía este sábado, 24 de febreiro, coa implicación e colaboración do Concello de O Valadouro, o centro de educación infantil e primaria Santa María de O Valadouro, a asociación cultural Amado Lar e a totalidade da hostalería do Valadouro nunha iniciativa que o ano pasado se puxo en marcha en Padrón, a través da Fundación Rosalía de Castro e que tivo moi boa acollida.
No Valadouro participan a totalidade de...
leer más