Poesía

Etiquetas:
19/06/2015
Música, teatro e poesía protagonizarán o VII Encontro no Eido Dourado, que se celebrará o 27 de xuño.
 
O VII Encontro no Eido Dourado terá lugar o vindeiro 27 de xuño. No acto, co que arrincará a nova tempada deste espazo dedicado ao arte, daranse cita a música, a poesía e o teatro, segundo deu a coñecer neste xornada o artista Celso Dourado. 
Dourado contou que “estamos ultimando os detalles e coordinando todas as intervencións. Cada ano que pasa súmanse máis e máis amigos e a verdade é que non sabemos como vamos facer para darlles cabida, polo que estamos cos últimos preparativos”.
O artista barreirense indicou que “este sétimo Encontro no Eido Dourado, que dará comezo ás 8 da tarde do vindeiro 27 de xuño, sábado, vai ter como cabeceiro a poesía alternativa e musicada feita en galego. Neste apartado dalgunha maneira a voz cantante...
leer más
27/11/2014

 

O Concello de Lourenzá presentou hoxe as bases para participar nos dous concursos infantís de Nadal que mantén abertos. Os nenos e rapaces do municipio poderán participar tanto no Concurso de Postais de Nadal, que se celebra por primeira vez no municipio, coma no xa tradicional Certame de Poesía. Nos dous casos, os traballos deberán ser entregados na Biblioteca Pública e sometidos ó veredicto dun xurado formado por técnicos da área de Cultura do Concello. O prazo para entregar os poemas de Nadal remata o día 22 de decembro, mentres que a data elixida para presentar as postais será o vindeiro mércores 10 de decembro. Haberá tres gañadores para o concurso de poesía e un para o de postais. 

 

...

leer más