A Pontenova
O Concello da Pontenova organiza unha actividade para inaugurar a nova Ruta das Minas o 21 de xaneiro, domingo.
A xornada comezará ás 09:30 horas coa concentración dos participantes na Praza dos Fornos, onde se repartirán bolos preñados e auga. Ás 10:00 horas será a saída dos sendeiristas cara ó comezo da ruta. Par as 12 do mediodía está previsto o reagrupamento dos participantes nas Penas do Castelo. E o remate da andaina está programado para ás 14:00 horas.
A ruta ten unha distancia de 5,6 quilómetros con unha dificultade media alta. E a organización recomenda que os participantes leven calzado de trekking, bastóns e roupa cómoda así como unha pequena bolsa ou mochila para a comida.
A inscrición é gratuíta e debe facerse antes do 19 de xaneiro a través do correo electrónico...
leer másA localidade de Neipín, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra a Santa Apolonia os días 2 e 3 de febreiro, venres e sábado. Haberá recinto cuberto.
O programa de actividades comezará o venres ás 22:30 horas con verbena amenizada por DJ Bombardero. E o sábado ás 13:30 celebrarase misa e a continuación sesión vermú co dúo Eclipse, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:30 horas, xunto co DJ Alejandro Martínez.
Os Reis Magos visitarán A Pontenova este venres, 5 de xaneiro, e lanzaranse na Tirolina das Minas ás 17:30 horas. Para as 18:00 horas está prevista a súa chegada á Praza dos Fornos.
A Cabalgata de Reis na Pontenova está organizada polo Centro de Iniciativas Turísticas coa colaboración do Concello.
O local das Asociacións da Pontenova acollerá unha festa de aninovo para dar a benvida ao 2024. Está organizada polo colectivo Centro de Iniciativas Turísticas coa colaboración do Concello da Pontenova.
Empezará á unha da madrugada do día 1 de xaneiro e haberá música a cargo de DJ Bombardero.
O auditorio da Casa da Cultura da Pontenova acollerá o Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música pontenovesa este domingo, 17 de decembro, ás 19:00 horas.
A Asociación Musical A Chocolateira (Eco das Minas) organiza actividades de Nadal na Pontenova os días 16, 22 e 29 de decembro.
O sábado 16 na Casa do Salmón terá lugar un obradoiro de acuarela para maiores de 12 anos. Será impartido por Rocío Fernández Paz de 16:30 a 18:30 horas.
O día 22 haberá Cantos de Nadal a cargo da agrupación tradicional A Chocolateira polas rúas da Pontenova desde as 20:00 horas.
E o 29 de decembro a Apalpadora visitará a Casa da Cultura ás 12:00 horas.
Os organizadores anuncian: “acércase o Nadal e temos preparadas cousiñas bonitas para celebrar estas datas cheas de arte, ledicia e música. Obradoiros, panxoliñas, visitas sorpresa... Gardade datas, que o noso tren ven cargadiño de diversión. Rocío Fernández Paz será quen nos inicie no...
leer másLa Asociación de Pensionistas e Xubilados Val de Miranda, de A Pontenova, organiza una comida baile para el 16 de diciembre, sábado, que será la última de este colectivo en 2023.
Se celebrará a las 14:00 horas en el Local de las Sociedades.
La comida será servida por el restaurante O Lar de Balbina y después actuará el dúo Muralla para amenizar el baile hasta las 20:00 horas.
El plazo para apuntarse finaliza el día 12 de diciembre y puede hacerse a través de los teléfonos 659.98.84.51, 619.41.40.23 o 676.05.33.92.
A Asociación Cultural e Deportiva As Minas, da Pontenova, ten en marcha ata o 14 de xaneiro a oitava campaña de recollida de alimentos non perecedoiros, roupa e xoguetes para persoas necesitadas.
Os alimentos poden entregarse nos supermercados Superti e Gadis, na Librería Droguería Eugenia e na clínica Son Saúde. A roupa e os xoguetes recóllenos no IES Enrique Muruais e no CEIP Plurilingüe A Pontenova.
O recadado será entregado ao Concello da Pontenova, á Cruz Vermella e a Cáritas para que o repartan entre as persoas que o necesitan.
O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou no Pazo de San Marcos na presentación da cuarta edición das xornadas Terra de Miranda, que terá lugar os días 10 e 11 de novembro na Casa da Cultura da Pontenova. Esta iniciativa que impulsan os concellos de Meira, Riotorto, Trabada e A Pontenova, en colaboración coa Nova Escola Galega, ten como obxectivo analizar a situación do medio rural desde a óptica educativa e en concreto este ano centrarase no despoboamento e na importancia de potenciar o turismo sostible no territorio.
Este acto contou tamén coa presenza do Alcalde da Pontenova, Darío Campos, o representante de Nova Escola Galega, Paco Veiga, e o organizador das xornadas, Óscar Fernández, así como outras persoas do colectivo.
“Apoiamos estas xornadas porque na Deputación temos un...
leer másO sábado 4 novembro haberá na Pontenova unha ruta de sendeirismo con magosto. Esta actividade está organizada polo Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) da Pontenova.
Para as 10:00 horas está programada a concentración dos participantes na Praza dos Fornos, desde onde sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta, que ten un percorrido de 9,1 quilómetros. Está previsto que regresen ás 14:00 horas á Praza dos Fornos, onde haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.
O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e o prazo para apuntarse remata o 2 de novembro.