San Xoán

Etiquetas:
15/06/2024

A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo e a Asociación Veciñal de Mor celebran o San Xoán en Alfoz, concretamente no atrio de San Pedro, cunha sardiñada o venres 21 de xuño a partir das 22:00 horas.

Haberá sardiñas, pan, empanadas de bonito e de panceta, viño e auga. Para participar hai que reservar previamente e a data límite para anotarse é o mércores 19 de xuño.

 

12/06/2024

O día 23 de xuño, domingo, San Ciprián será o escenario dunha gran festa de San Xoán da man de A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo.

O evento, que terá lugar no aparcadoiro do estanco na Praia do Torno, foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Zona Rural, Adrián Arias, e unha representación do grupo A Rebolaxe, no auditorio da Casa da Cultura, onde realizan os seus ensaios.

A cita arrincará ás 13:00 horas cunha sesión vermú a cargo de Mi Rollo es el Rock, durante a que se servirán hamburguesas á grella.

A partir das 18:00 horas haberá xogos populares e desde as 19:30 horas ofrecerán bocadillos de touciño, chourizo e salchicha acompañados polo son das gaitas.

Ás doce da noite acenderase o tradicional lume de San Xoán.

... leer más
Etiquetas:
12/06/2024

A parroquia focense de Vilaronte celebra as súas festas patronais do San Xoán os días 15, 21, 22 e 23 de xuño. Serán no atrio da igrexa, onde se instalará unha carpa.

Este sábado, 15 de xuño, ás 19:00 horas terá lugar o XLVI Festival Folclórico Infantil da Agrupación O Feitizo, no que actuará tamén o grupo de O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. Despois haberá pregón a cargo de Pilar Arias Villajos e a continuación churrascada popular e verbena amenizada polo dúo Os Trasnos.

O venres 21 desde as 22:30 horas haberá verbena a cargo do grupo Montreal.

O sábado 22 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois procesión e sesión vermú co grupo Mar da Arousa, que tamén amenizará a verbena xunto coa orquestra Los Satélites.

E o domingo 23 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Foz e despois procesión e sesión vermú coa...

leer más
19/06/2023

A Pontenova celebrará o San Xoán con fogueira e festa no Forno de Boulloso este venres, 23 de xuño.

As actividades empezarán de 19:00 a 21:00 horas cunha xornada de portas abertas para @s máis pequen@s no bosque infantil do Boulloso. Ás 21:30 horas haberá un concurso de tortillas e entre todas as que se presenten un xurado popular elixirá as dúas mellores, que serán premiadas cunha cea para dúas persoas, no Lar de Balbina e no San Briz. E ás 22:00 horas degustaranse as tortillas presentadas ao concurso ademais de chourizos á grella, torrezos e pan.

Haberá servizo de bar e música e actuación musical a cargo de A Chocolateira.

Este evento está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas e polo Concello da Pontenova.

 

15/06/2022

O evento, que terá lugar no aparcamento do estanco na Praia do Torno, foi presentado polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura e o concelleiro de Turismo, Dolores García Caramés e David Rodríguez, respectivamente, e unha representación da asociación A Rebolaxe.

Villares quixo loubar o traballo realizado por esta asociación á hora de dinamizar o noso concello, “enchendo de música e de alegría cada recuncho que pisan”.

Pola súa banda, Caramés, amosou a súa ledicia por poder recuperar este tipo de eventos tan importantes para a vila “que son un punto de encontro para a veciñanza” e convidou a veciños e visitantes a participar nas actividades programadas estes dous días de festa”.

Etiquetas:
26/05/2022

A asociación cultural xuvenil O Castelo organiza as festas do San Xoán en Alfoz na noite do 23 de xuño.

A partir das 21:00 horas, no campo da festa de San Pedro de Mor, comezará a cea composta por sardiñas, touciño, chourizo e pan. Os prezos serán populares e de balde para os socios.

A festa estará amenizada por Discoteca Móbil Pisando Pista.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

 

25/05/2022

A asociación do barrio dos Muíños, de Mondoñedo, e a asociación cultural O Pasatempo organizan o Foleón de San Xoán na noite do 23 de xuño.

O programa dará comezo ás 17:00 horas con actividades para nen@s nas que haberá colchonetas inchables. Ás 21:30 horas comezará a cea e ás 23:00 h. celebrarase verbena co Dúo Epo-K e actuación de DJ. Ás 00:00 horas procederase ao acendido do foleón.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Mondoñedo e Puzzle Animación.

Etiquetas:
12/05/2022

As festas na honra a San Xoán Bautista en Covas darán comezo o día 23 de xuño coa verbena amenizada pola orquestra Miramar e o grupo Arizona. 

O venres 24 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Escola de Gaitas Cacharela de Covas ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e a procesión acompañada pola Banda Naval de Viveiro e despois sesión vermú coa orquestra Trébol. Ás 22:30 horas terá lugar a verbena coas orquestras Trébol e Acordes.

O sábado 25 ás 11:00 horas comezará o pasarrúas con Non cho digo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa orquestra Suavecito e, ás 20:00 horas, gran sardiñada no Campo da Pascua. Ás 22:30 horas celebrarase a verbena coas orquestras Suavecito e Magos.

As festas rematarán o domingo 26 que será o Día do Neno. Dende as 17:00...

leer más
Etiquetas:
19/06/2020

A Concellería de Medio Ambiente ven de publicar un Bando no Taboleiro de Anuncios do Concello para informar sobre a realización das fogueiras e cacharelas do San Xoán, sobre o seu réxime de autorización, que este ano está condicionado pola situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19. Toñi Eijo anuncia que non estarán permitidas aquelas de concorrencia pública e con carácter de actividade recreativa na vía pública ou en parcelas privadas. Só contarán con autorización as que se celebren en fincas privadas e teñan carácter familiar e privado. 

A edil burelesa explica que “como consecuencia das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia en virtude do seu Decreto 90/2020, do 13 de xuño, e o Acordo do seu Consello de 12 de xuño de 2020, no ámbito da nosa comunidade autónoma, non se poderá celebrar ningunha verbena, festa ou evento...

leer más
Etiquetas:
18/06/2020

O Concello de Cervo ven de ditar o bando polo que autoriza a celebración das fogueiras de San Xoán soamente para as cacharelas privadas. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de xuño, ás 00:00 horas.

O bando recolle que “para a celebración das fogueiras en terreos de propiedade privada deberá presentarse comunicación previa da actividade, segundo o modelo oficial que figura na páxina web do Concello, www.concellodecervo.com. As fogueiras, en terreos de propiedade privada promovidas exclusivamente por particulares, cumprirán en todo momento coa normativa en vigor relativa ás medidas de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo Covid-19, concretamente ao número de persoas que se poidan xuntar para a celebración, as medidas de hixiene...

leer más