San Xoán

Etiquetas:
20/06/2017

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes  a gozar do San Xoán de San Ciprián da man do Grupo A Rebolaxe.

A edil de Cultura, Dolores García Caramés, e unha representación do Grupo A Rebolaxe presentaron o evento que se celebrará este venres no aparcadoiro do estanco, en frente á praia do Torno.

A xornada comezará ás 20:00 horas, con música da man da Rebolaxe, racións de chourizo e panceta á brasa, queimada, sorteo de produtos típicos e unha gran fogueira na praia do Torno.

O concerto de “mi rollo es el rock” porá o broche de ouro a partir da 1:00 horas.

Os fondos que se recauden irán destinados á celebración da Foliada organizada pola Rebolaxe que terá lugar a comezos de setembro.

 

20/06/2017

O Concello de O Valadouro a través da súa Concellería de Cultura organiza o Foleón de San Xoán o venres, 23 de xuño, a partires das 21:00 horas.

Os organizadores piden a colaboración co foleón aportando materiais non contaminantes para queimar durante a fogueira e dese xeito facer o foleón entre todos.

Ademais haberá sardiñada popular no parque Concepción Arenal de Ferreira.

Colabora na realización desta actividade a asociación cultural Amado Lar.

 

Etiquetas:
20/06/2017

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza un xuízo a María Soliña na noite de San Xoán, o vindeiro venres, 23 de xuño. 

Os asistentes poderán degustar sardiñas, panceta e chourizo con pan gratis se son socios, e a un prezo de 5 euros para os non socios.

Colaboran na organización desta actividade o Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e A Abala de Fazouro.

 

Etiquetas:
18/05/2017

As festas de San Xoan en Covas comezan o 23 de xuño cunha verbena amenizada polas orquestras Suavecito e Costa Dorada. Ás doce da noite haberá unha gran lumeirada.

O sábado 24 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Banda de Gaitas Illa Pancha de Ribadeo (dentro do programa Musiqueando da Deputación de Lugo), e a Banda de Gaitas Cacharela de Covas. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión, e ao remate a sesión vermú coa orquestra Breixa Band. A partires das 22:30 horas haberá verbena coas orquestras Breixa Band e Los Players.

O domingo 25 ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa Banda de Gaitas Non cho digo de Covas, e ás 14:00 horas sesión vermú con Los Españoles. Pola tarde, ás 19:00 horas no Campo da Pascua celebrarase unha gran sardiñada amenizada polo grupo Non cho digo. A xornada rematará ás 22:30 horas...

leer más
Etiquetas:
19/06/2016
Todo está listo en Alfoz para a celebración do San Xoán 2016. Haberá música, cea popular e Concurso de Caleiras.
 
A Granda de San Pedro acollerá o San Xoán 2016 en Alfoz, que organiza a asociación cultural xuvenil O Castelo coa colaboración do Concello e a Área de Cultura da Deputación de Lugo. 
 
Ás 21 horas dará comezo a cita festiva. Haberá cea popular con sardiñas, chourizos, panceta e pan, que será gratis para os socios e a prezos populares para os non socios. 
 
No San Xoán 2016 non faltará a música, a cargo do cuarteto Xaramolo e terá lugar tamén a cuarta edición do Concurso de Caleiras. 
 
Etiquetas:
25/05/2016
O vindeiro 23 de xuño terá lugar en Lourenzá "A Queima do Xanciño". A festa dará comezo ás nove da noite.
 
O 23 de xuño celebrarase en Lourenzá A Queima do Xanciño. Ás 21:00 horas terá lugar a procesión do Xanciño polas rúas da vila e despois no recinto feiral haberá sardiñada, churrasco e chourizos a prezos populares.
 
Estas actividades para a noite de San Xoán están organizadas pola Asociación Conde Santo e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos ACIAL de Lourenzá. Colabora o Concello de Lourenzá.