Talleres
O Eido Dourado, en Barreiros, acollerá por segundo ano consecutivo laboratorios creativos para nenos e nenas. Serán impartidos por Lucía Vila todos os mércores ata o 16 de agosto, en horario de sete a oito da tarde. As prazas están cubertas neste primeiro obradoiro, no de hoxe, pero para as vindeiras sesións a inscrición está aberta no propio Eido Dourado ou a través do teléfono 610 90 24 58.
Lucía Vila, pintora e licenciada en Historia do Arte, sinala que “estes laboratorios van dirixidos neste caso aos máis pequenos entre os 4 e os 16 anos. O ano pasado os abríamos a persoas maiores tamén, pero en vista de que non tiveron moita acollida pois os centramos máis nos nenos pequenos”.
A responsable destes laboratorios creativos para nen@s no Eido Dourado engade que “seguindo co que empezamos o ano pasado, queremos...
leer másO Armarinho da Fátima, de Burela, pon en marcha este verán un taller de labores para nen@s, que se desenvolverá no local da propia mercería sita na rúa do Ril número 4, en horario de apertura da tenda.
Algunhas das labores que se poderán aprender son calceta, bordado, bolillos, vainicas, punto de cruz, etc… Os horarios serán adaptados e en pequenos grupos.
As persoas interesadas poden anotarse no Armarinho da Fátima ou no número de teléfono 659 737 312. O prazo de inscrición remata o día 30 de xuño.