Viaxe
A asociación Nordés Faladora organiza unha viaxe a Lugo o 22 de abril para visitar o Museo Provincial e a Catedral ademais do Castro de Viladonga e Fonmiñá.
A xornada comezará coa visita guiada que os participantes realizarán a partires das 11:00 horas ao Museo Provincial e posteriormente á Catedral de Santa María, onde se poden atopar os estilos románico, gótico, barroco, renacentista e neoclásico.
Durante a tarde, a partires das 16:00 horas, desprazaranse ao Castro de Viladonga que foi habitado entre os séculos II e V d.c., á Lagoa de Fonmiñá e ao Pedregal de Irimia, nacementos do río Miño.
A última parada do percorrido no Mosteiro de Santa María de Meira, farase se dá tempo xa que o horario estimado de volta cara O Vicedo e O Barqueiro é ás 20:00 horas.
A...
leer másA Concellería de Servizos Sociais organiza unha viaxe a Noreña (Asturias) para o vindeiro día 29 deste mes de abril. Esta actividade está dirixida a veciños/as empadroados/as en Burela de máis de 55 anos.
O prazo para inscribirse ábrese mañá, mércores, e os interesad@s deben anotarse no Concello en horario de 08:00 a 15:00 horas, agás mañá que ao estar en horario de Semana Santa é de 09:00 a 14:00 horas.
A viaxe e a comida son totalmente gratuítas, e a saída será desde a estación de autobuses de Burela ás 08:00 horas.
A edil Patricia Otero explicou que “ese sábado, 29 de abril, celébrase o mercado semanal en Noreña e os participantes aproveitarán tamén para coñecer o pobo ademais dos diversos atractivos, como por exemplo o monumento ao gochu”.
A concelleira de...
leer másA Concellaría de Igualdade organiza unha viaxe ao Talaso Poniente, de Xixón, o 23 de abril. A actividade, enmarcada no programa O teu tempo é para ti, está dirixida exclusivamente a mulleres adultas. A inscrición estará aberta do 27 de marzo ao 5 de abril.
Desde a Concellaría de Igualdade de Ribadeo explican que “un ano máis, como ven sendo habitual, poñemos en marcha o programa O teu tempo é para ti, coa oferta dunha viaxe ao Talaso Poniente, de Xixón, dirixida exclusivamente a mulleres adultas”.
E subliñan: “as viaxes constitúen un balón de oxíxeno para as persoas que están inmersas nunha voráxine de traballo e estrés; son unha válvula de escape que racha coa rutina diaria. Un viaxe turístico, de calquera tipo, neste caso a un balneario-talaso, coas súas novidades e sorpresas, pode producir efectos...
leer másA Concellería de Xuventude organiza unha viaxe á estación de esquí Fuentes de Invierno en San Isidro (Asturias), para os días 1 e 2 de abril. Xa está aberto o prazo para anotarse, que rematará o día 28 de marzo.
O concelleiro, José Díaz, anunciou que “desde la Delegación de Xuventude organizamos un viaje a la nieve los días 1 y 2 de abril, a la estación de esquí Fuentes de Invierno en San Isidro, en Asturias”.
O edil socialista dixo que “nos parece que va a resultar muy atractivo para los jóvenes. En la Delegación de Xuventude tendrán prioridad aquellos que sean menores de 35 años, pero en caso de que no se rellene la inscripción, empezaría a entrar gente por encima de esa edad”.
O responsable de Xuventude detallou que “la salida sería el sábado 1 de abril por la mañana temprano en...
leer más